Bermudo Froilaz
Bermudo Froilaz, chamado "Manido", foi un nobre galego do século XI vinculado á terra de Trasancos.
Bermudo Froilaz | |
---|---|
Sepultura | Mosteiro de San Martiño de Xuvia |
Predecesor | Froila Rodriguez |
Sucesor | Froila Bermúdez |
Descendencia | Froila Bermúdez Lucia Bermúdez |
Liñaxe / Dinastía | Casa de Traba |
Proxenitores | Froila Rodríguez Eneca González |
![]() | |

O seu visabó foi Froila González (- - 1017), aliado de Almanzor na súa razzia á compostela do ano 997, e condenado ao desterro polo rei Afonso V. O dous avós de Bermudo Froilaz foron fillos de Froila González: Gonzalo Froilaz, pai de Eneca González (Eneca Gundisalviz); e Rodrigo Froilaz, pai de Froila Rodríguez (Froila Roderici). Os dous fillos de Gonzalo e Rodrigo, os curmáns Eneca e Froila, foron os pais do conde Bermudo[1].
Bermudo Froilaz casou en primeiras nupcias coa aristócrata Guntronda de Riveira, filla do conde Adoino de Riveira[2], e posteriormente con Dona Lupa Rodríguez, falecida no 1071. Deste segundo matrimonio tivo dous fillos: Lucia Bermúdez e Froila Bermúdez. A través da descendencia do conde Froila Bermúdez naceu a, denominada pola historiografía, casa de Traba. Liñaxe nobre do Reino de Galiza de enorme poder poder económico e político en todo o norte da Península Ibérica durante os séculos XI e XII[3].
Esta soterrado xunto a súa segunda esposa e o seu fillo Froila no Mosteiro de San Martiño de Xuvia[4].
NotasEditar
- ↑ LÓPEZ SANGIL 2005. p. 15
- ↑ "Liñaxe Riveira". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 17/10/2018.
- ↑ "Liñaxe Froilaz-Traba". Xenealoxías do Ortegal. Consultado o 17/10/2018.
- ↑ LÓPEZ SANGIL 2005. p. 16
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- López Sangil, Jose Luis - A Nobreza altomedieval galega. A familia Froilaz-Traba. Toxosoutos. 2005