Felipe Senén López

arqueólogo e escritor galego
(Redirección desde «Felipe-Senén López Gómez»)

Felipe Senén López Gómez, ás veces coñecido unicamente polos seus nomes propios Felipe Senén, nado no Carballiño o 10 de marzo de 1948, é un arqueólogo galego.[1]

Infotaula de personaFelipe Senén López

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de marzo de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
O Carballiño, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGalega
Formación profesionalFilosofía e Letras
Actividade
Ocupaciónarqueólogo , museólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 29 Dialnet: 531554 Tebeosfera: lopez_gomez_felipe_senen

Traxectoria editar

Fixo os seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde traballou como colaborador do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, dirixido entón por Xesús Ferro Couselo. Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela,[2] ao tempo que facía prácticas de museoloxía e arqueoloxía co historiador Manuel Chamoso Lamas, así como na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, e do Museo do Ribeiro; participou igualmente como supervisor de campo nas prospeccións arqueolóxicas do Castro de Viladonga (Castro de Rei) e mais nas da ermida de San Guillermo de Fisterra. En 1975 pasou a reorganizar aspectos no Museo Arqueolóxico da Coruña, localizado no Castelo de Santo Antón, e chegou a ser nomeado director-conservador. No 1996 pasou á Deputación da Coruña como Técnico de Xestión Cultural.[3] É Numerario e Secretario do Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses.

Foi fundador da asociación cultural Avantar do Carballiño, da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña e da revista de pedagoxía O Ensino, coas que colaborou con artigos de divulgación e sensibilización sobre o patrimonio cultural de Galicia. É o creador e animador de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña, inspiradora e base de Amigos dos Museos de Galicia. Preocupado pola linguaxe simbólica na tradición galega, así como pola posta en valor do patrimonio etnográfico e arqueolóxico, ten participado en múltiples publicacións, artigos nos medios de comunicación de Galicia, folletos, guías, programas de radio, TV, prólogos etc. É autor de varios libros, especialmente sobre cuestións en relación coa identidade cultural e recursos turísticos.[3]

Obras editar

Obras colectivas editar

Premios editar

  • 2010: Chairego de Honra (Irmandade Manuel María, Vilalba).
  • 2014: Navalla de Manuel María (Irmandade Manuel María, Outeiro de Rei).
  • 2014: Bo e Xeneroso (Fundación Eduardo Pondal, Ponteceso).
  • 2016: Premio Arenteira (Hotel Arenteiro, O Carballiño).
  • 2017: Medalla do Filandón do Courel.
  • 2023: XXVII Premio Lois Peña Novo.[5]

Notas editar

  1. "Felipe-Senén López Gómez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-05-26. 
  2. "López Gómez, Felipe Senén". www.tebeosfera.com (en castelán). Consultado o 2023-05-26. 
  3. 3,0 3,1 "Felipe Senén -". www.felipesenen.gal. Consultado o 2023-05-26. 
  4. "Galicia Fiestas, Ferias y Romerías - PDF Descargar libre". docplayer.es. Consultado o 2023-05-26. 
  5. Belén López Rodríguez (2023-05-25). "GCiencia, Rosa Castro e Felipe Senén López fanse cos Premios Lois Peña Novo". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-05-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar