Evaristo de Sela
Evaristo González Fernández, coñecido como Evaristo de Sela, nado en Sela (Arbo) en 1917 e finado en Vigo o 28 de xuño de 1994,[1] foi un catedrático de grego, poeta e tradutor galego.
Evaristo de Sela | |
---|---|
Nacemento | 1917 |
Sela | |
Falecemento | 28 de xuño de 1994 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | tradutor e profesor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou o primeiro curso no Seminario de Tui. Desertou do bando franquista (en concreto, do Rexemento de Artillaría Lixeira nº 15 de Pontevedra) a comezos da Guerra civil española. Foi condenado a cadea perpetua e viviu nos cárceres e nos campos de concentración até 1942[2]. Autodidacta, licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor no ensino medio.[3]
TraduciónEditar
É autor das tradución ao galego dende a lingua orixinal dos clásicos a Ilíada e a Odisea[4], editadas polo Consello da Cultura Galega en 1990 e distribuídas pola Editorial Galaxia como parte da colección "Clásicos Greco-Latinos".[5]
Tamén verteu obras de autores contemporáneos como Kavafis, Iorgos Réferis ou Odiseas Elytis (Poesía Neohelénica, 1708-1977. Xunta de Galicia, 2001).
Obra poéticaEditar
- Amar (Vigo, 1945)
- Versos de preso e outras rimas (Ediciós do Castro, 2007 - publicación póstuma)
NotasEditar
- ↑ La Voz de Galicia, 30-6-1994, p. 64
- ↑ Cabe sinalar que xusto tras a morte do ditador Francisco Franco, Sela escribiu unha catártica execratio contra el: «Asesino de auroras, / frío Herodes de España / sanguinario profeta», como sinala o académico Alonso Montero.
- ↑ Homenaxe a Evaristo de Sela Arquivado 13 de novembro de 2016 en Wayback Machine., no blog da editorial Galaxia o 28 de novembro de 2011.
- ↑ Crónica da homenaxe a Evaristo de Sela
- ↑ Evaristo de Sela ou Homero en galego, vinte anos após a súa morte, SermosGaliza o 28 de xuño de 2014.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Homenaxe a Evaristo de Sela (1917-1994). Estudos e lembranzas sobre a vida e a obra do helenista e poeta, coord. Xosé Abilleira Sanmartín e Stella Maris González Balbuena, Edicións Xerais de Galicia, 2019.
Ligazóns externasEditar
- Evaristo de Sela, un helenista singular, na páxina web da RAG o 2 de marzo de 2017.
- Evaristo de Sela: paixón polo grego, artigo de Xesús Alonso Montero publicado en La Voz de Galicia o 4 de setembro de 2002.
- Evaristo de Sela, o home que invitou Homero á súa aldea, Nós Diario, 2 de abril de 2020.