Abrir o menú principal

Estado non recoñecido

(Redirixido desde "Estados non recoñecidos")
     Non recoñecidos por ningún estado      Recoñecidos só por non membros das Nacións Unidas      Non membro das Nacións Unidas recoñecido por algún estado membro      Membro das Nacións Unidas, non recoñecido polo menos por un estado

Un país ou estado non recoñecido é un territorio cuxa soberanía non está recoñecida internacionalmente a pesar de ser administrado parcial ou plenamente por algún organismo polo menos potencialmente autónomo.

As rexións son países na medida en que acollan os tres elementos que esixe para iso o Dereito Internacional: territorio, poboación e goberno autónomo. O recoñecemento por parte da Comunidade Internacional ten un efecto político e declarativo, pero a existencia dun Estado só depende da vontade da poboación dunha rexión determinada de constituírse como sociedade independente, consecuentemente, o concepto de "estado non recoñecido" non nega, estritamente, a súa existencia, senón que afirma que non recoñece a súa independencia ou soberanía por cuestións de política ou legalidade.

EstadosEditar

Sen ningún recoñecementoEditar

Estas rexións teñen un Estado propio de facto, a pesar do cal están consideradas internacionalmente como parte dun país recoñecido. Un caso típico é o de etnias que declararon a súa independencia e gañaron a guerra, pero a súa soberanía é considerada ilexítima pola comunidade internacional.

  República de Somalilandia, Somalia

Situada entre Etiopía, Djibuti, Puntlandia e o Golfo de Adén. En maio de 1991, os clans declararon a República de Somalilandia, que inclúe cinco das dezaoito divisións administrativas de Somalia.

  Estado Independente de Azawad, Malí

Situado no norte de Malí. O 6 de abril de 2012 trala rebelión tuareg no norte de Malí, o MNLA declararon a independencia do Estado Independente de Azawad, que incluía a rexión de maioría tuareg de Malí. O 14 de febreiro de 2013, o MNLA renunciou o seu obxectivo da independencia para Azawad e expresou o seu desexo de comezar negociacións co goberno de Malí sobre o seu status futuro.[1][2]

Recoñecidos por países sen recoñecemento plenoEditar

  República de Artsakh, Acerbaixán

República declarada independente unilateralmente en 1991. Este territorio historicamente era a parte de Armenia que trala formación da URSS pasou a pertencer a Acerbaixán. Despois da caída da URSS, o pobo do Karabakh mediante un referendo proclamou a súa reunificación con Armenia, feito que non foi recoñecido por Acerbaixán. Dende entón Acerbaixán mantén un conflito armado co Alto Karabakh. Só está recoñecido por Abkhazia, Osetia do Sur e Transnistria.

  República Moldava Pridnestroviana (Transnistria), Moldavia

Situada entre Moldavia e Ucraína, na parte exterior do Río Dnister. Declarada independente unilateralmente dende 1990, aínda que só está recoñecido por Abkhazia, Osetia do Sur e Artsakh, países de recoñecemento limitado. A maioría da poboación é eslava.

Recoñecido soamente por un paísEditar

  República Turca do Norte de Chipre, Chipre

Declarada en Chipre do Norte en 1975 despois da invasión do terzo norte da illa polas forzas armadas turcas en 1974, que tivo lugar tralo golpe de estado levado a cabo por militares grego-chipriotas que pretendían a enose con Grecia. Declarou a súa independencia en 1983 e foi recoñecida soamente por Turquía. En 2004, o seu territorio era aceptado na UE como parte da República de Chipre.

Con recoñecemento limitadoEditar

A miúdo, os estados que a comunidade internacional non recoñece son produto das presións que fan países interesados no territorio. Tamén se da o caso de estados que se desdín do seu recoñecemento. (Ordenados de menor a maior número de países que os recoñecen):

  República de Osetia do Sur

República declarada independente unilateralmente en 1991 de Xeorxia. Despois dun ano de guerra, proclamouse o alto ó fogo. En 2008 tivo lugar unha breve pero intensa guerra, na que Rusia interviu expulsando á invasión xeorxiana.

  República de Abkhazia

Situada entre o mar Negro e o Cáucaso. É unha república declarada independente unilateralmente polos comunistas abkhazios en 1992. Cando se proclamou, estalou unha guerra, que finalizou dous anos despois. Dende entón, está fóra do control do goberno de Xeorxia.

  República da China (Taiwán)
  • Goberna a illa de Taiwán e algunhas outras illas pequenas dende que perdeu a guerra civil chinesa en 1949. Ademais perdeu a maioría do seu recoñecemento diplomático e o asento na ONU a mans da República Popular da China o 25 de outubro de 1971 pola resolución 2758 da Asemblea Xeral da ONU. Actualmente é recoñecida oficialmente por 23 estados.
  • 1911 (fundación), 1949 (retirada a Taiwán) → Recoñecido por 22 países máis a Santa Sé como lexítimo representante da China histórica.
  República Árabe Saharaui Democrática
  República de Kosovo

Con recoñecemento maioritarioEditar

Países cuxa lexitimidade histórica é discutida por outros países (en orde de menor a maior recoñecemento internacional):

  Palestina
  Estado de Israel
  • 1948 → Non recoñecido por 32 países. 13 estados que o recoñecen non teñen relacións diplomáticas con este país.
  República Popular da China

Casos particulares de non recoñecementoEditar

  Armenia
  República de Chipre
  República Popular Democrática de Corea (Corea do Norte)
  República de Corea (Corea do Sur)

NotasEditar

  1. "Mali's Tuareg fighters end ceasefire". AlJazeera. 30 de novembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2013. 
  2. "Tuareg separatist group in Mali 'ends ceasefire'". BBC. 29 de novembro de 2013. Consultado o 28 de decembro de 2013. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar