Invasión turca de Chipre

A Invasión turca de Chipre[1] (en turco: Kıbrıs Harekâtı e en grego: Τουρκική εισβολή στην Κύπρο) foi unha invasión militar turca da illa de Chipre. Comezou o 20 de xullo de 1974, despois do golpe de estado chipriota do 15 de xullo de 1974.

Mapa étnico de Chipre en 1973. En amarelo os grego-chipriotas, en púrpura os turcochipriotas e en vermello as bases británicas.

O golpe militar foi ordenado pola Xunta militar de Grecia e levado a cabo pola Garda Nacional de Chipre[2][3] xunto co EOKA-B. Depuxo ó presidente chipriota, o arcebispo Makarios III e puxo no poder a Nikos Sampson, a prol da Enosis.[4][5] O obxectivo do golpe era a anexión da illa a Grecia[6][7][8] e foi declarada a República Helénica de Chipre.[9][10]

En xullo de 1974, as forzas turcas invadiron a illa e capturaron o 3% da illa antes de que fose declarado o cesamento do fogo. A xunta militar grega colapsou e foi substituída por un goberno democrático. En agosto de 1974, a invasión turca supuxo a captura de arredor do 40% da illa. A liña do cesamento do fogo a partir de agosto de 1974 converteuse na Liña Verde.

Máis dunha cuarta parte da poboación de Chipre (un terzo da poboación gregochipriota[11]) foi expulsada da parte da illa, onde os gregochipriotas constituían o 80% da poboación. Pouco máis dun ano despois, en 1975, arredor de 60 000 turcochipriotas, a metade da poboación turcochipriota da illa,[11] foron desprazados dende o sur cara ao norte.[12] A invasión turca rematou coa división de Chipre a partir da Liña Verde das Nacións Unidas, que aínda divide Chipre, e a formación dunha Administración Turcochipriota Autónoma de facto no norte. En 1983, a República Turca do Norte de Chipre declarou a independencia, malia que Turquía é o único país que a recoñece.[13] A comunidade internacional considera a República Turca do Norte como un territorio militarmente ocupado por Turquía na República de Chipre.[14] A ocupación está considerada como ilegal pola lei internacional, o cal é equivalente á ocupación ilegal de territorio da Unión Europea dende que Chipre se converteu en membro.[15]

O nome en clave da invasión das Forzas Armadas de Turquía foi Operación Atila. Entre os turcofalantes a operación tamén é coñecida como "Operación de Paz en Turquía" (en Kıbrıs Barış Harekâtı) ou "Operación de Paz" (en Barış Harekâtı) ou "Operación de Chipre" (en Kıbrıs Harekâtı), xa que Turquía tomou medidas militares co pretexto dunha operación de mantemento da paz.[16]

Notas editar

  1. Vincent Morelli (abril de 2011). DIANE Publishing, ed. Cyprus: Reunification Proving Elusive. p. 1. ISBN 978-1-4379-8040-0. The Greek Cypriots and much of the international community refer to it as an “invasion. 
  2. Solanakis, Mihail. "Operation "Niki" 1974: A suicide mission to Cyprus". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2008. Consultado o 10 de xuño de 2009. 
  3. Countrystudies.us, ed. (21 de decembro de 1963). "U.S. Library of Congress – Country Studies – Cyprus – Intercommunal Violence". Consultado o 26 de xullo de 2009. 
  4. Mallinson, William (30 de xuño de 2005). I. B. Tauris, ed. Cyprus: A Modern History. p. 81. ISBN 978-1-85043-580-8. 
  5. BBC: Turkey urges fresh Cyprus talks (2006-01-24)
  6. Papadakis, Yiannis (2003). "Nation, narrative and commemoration: political ritual in divided Cyprus". History and Anthropology (Routledge) 14 (3): 253–270. doi:10.1080/0275720032000136642. [...] culminating in the 1974 coup aimed at the annexation of Cyprus to Greece 
  7. Atkin, Nicholas; Biddiss, Michael; Tallett, Frank. The Wiley-Blackwell Dictionary of Modern European History Since 1789. p. 184. ISBN 9781444390728. 
  8. Detroit College of Law at Michigan State University, ed. (1996). Journal of international law and practice, Volume 5. p. 204. 
  9. Strategic review, Volume 5 (1977), United States Strategic Institute, p. 48.
  10. Allcock, John B. Border and territorial disputes (1992), Longman Group, p. 55.
  11. 11,0 11,1 Pericleous, Chrysostomos (2009). I.B. Tauris, ed. Cyprus Referendum: A Divided Island and the Challenge of the Annan Plan. p. 201. ISBN 9780857711939. 
  12. "1974: Turkey Invades Cyprus" BBC 2010. Web. Consultado: 2 de outubro de 2010. <http://news.bbc.co.uk/onthisday/hi/dates/stories/july/20/newsid_3866000/3866521.stm>
  13. Salin, Ibrahm (2004). University Press of America, ed. Cyprus: Ethnic Political Components. Oxford. p. 29. 
  14. Quigley. Cambridge University Press, ed. The Statehood of Palestine. p. 164. ISBN 978-1-139-49124-2. The international community found this declaration invalid, on the ground that Turkey had occupied territory belonging to Cyprus and that the putative state was therefore an infringement on Cypriot sovereignty. 
  15. James Ker-Lindsay; Hubert Faustmann; Fiona Mullen (15 de maio de 2011). I.B.Tauris, ed. An Island in Europe: The EU and the Transformation of Cyprus. p. 15. ISBN 978-1-84885-678-3. Classified as illegal under international law, the occupation of the northern part leads automatically to an illegal occupation of EU territory since Cyprus' accession. 
  16. Mirbagheri, Farid (2010). Scarecrow Press, ed. Historical dictionary of Cyprus ([Online-Ausg.]. ed.). Lanham, Md. [u.a.] p. 83. ISBN 9780810862982.