República de Artsakh
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Coordenadas: 39°52′N 46°43′L / 39.867, -46.717
A República de Artsakh (en armenio: Արցախի Հանրապետություն Arts'akhi Hanrapetut'yun),[1][2] ou sinxelamente Artsakh, comunmente coñecido polo seu antigo nome República de Nagorno-Karabakh entre 1991 e 2017, é unha república situada no Sur do Cáucaso tan só recoñecida por outros tres estados non pertencentes á Organización das Nacións Unidas: Abkhazia, Osetia do Sur e Transnistria. Reclamada e recoñecida como parte de Acerbaixán, Nagorno-Karabakh controla a meirande parte do territorio do antigo Oblast de Nagorno-Karabakh e algúns distritos acerbaixanos circundantes fronteirizos con Armenia (ao oeste) e Irán (ao sur).
Լեռնային Ղարաբաղի Հանրապետություն Lernayin Gharabaghi Hanrapetut'yun República de Artsakh | |||
---|---|---|---|
| |||
Himno: Azat u ankakh Artsakh | |||
Capital • Poboación | Stepanakert 53.000 hab (2010) | ||
Linguas oficiais | Armenio | ||
Forma de goberno | República presidencialista non recoñecida | ||
Arayik Harutyunyan | |||
• Declarada • Recoñecemento | de Acerbaixán 6 de xaneiro de 1992 3 estados fóra da ONU | ||
• Total | 11.458,38 km² | ||
Costas | 0 km | ||
• Total | 141.400 (censo 2010) hab. | ||
• Densidade | 12,34 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
• Total (2010) | US$ 1.600 millóns | ||
• per cápita | US$ 1.729 | ||
Moeda | Dram (դր., AMD ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | Armenio/a | ||
Fuso horario | UTC +4 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | ningún (usualmente .am) | ||
Prefixo telefónico | +374 47 (374 97 para móbiles) | ||
Prefixo radiofónico | n/d | ||
Código ISO | n/d | ||
Membro de: CDDN | |||
O Alto Karabakh, de poboación predominantemente armenia, foi disputado entre Armenia e Acerbaixán trala súa independencia do Imperio Ruso en 1918. Despois de que a Unión Soviética estabelecese control sobre a zona, creouse a rexión autónoma de Nagorno-Karabakh (NKAO) dentro da República Socialista Soviética de Acerbaixán en 1923. Nos últimos anos da Unión Soviética xurdiu de novo o conflito entre armenios e acerbaixanos polo control da zona. Posteriormente, en 1991, un referendo celebrado na Rexión Autónoma e a rexión veciña Shahumian deu lugar a unha declaración de independencia. O conflito étnico a grande escala nos anos posteriores (1991-1994) conduciu á Guerra do Alto Karabaj, que rematou cun cesamento do fogo do que saíron as fronteiras actuais.
Artsakh é unha democracia presidencialista cun Parlamento unicameral. O país é moi montañoso, cunha media de altitude de 1.097 metros sobre o nivel do mar. A poboación é predominantemente cristiá, a meirande parte pertencentes á Igrexa Apostólica Armenia. Varios mosteiros históricos son moi populares entre os turistas, na súa maioría da diáspora armenia, xa que a maioría do viaxe só se pode realizar entre Armenia e Artsakh.
EtimoloxíaEditar
A palabra Nagorno- é un adxectivo atributivo ruso de construción moderna, derivado do adxectivo nagorny (нагорный), que significa "terra alta". O nome azarí da rexión inclúe adxectivos semellantes: "dağlıq" (montañoso) ou "yuxarı" (alto). Estas palabras non se utilizan no nome armenio, mais aparecen no nome oficial da rexión durante a era soviética como Óblast Autónomo de Nagorno-Karabakh. Outras linguas aplican as súas propias formas para "alto" ou "terra alta"; por exeplo o nome oficial utilizado pola República de Nagorno-Karabakh en Francia é Haut-Karabakh, literalmente "Alto Karabakh".
A palabra Karabakh considérase xeralmente de orixe turca e persa, e significa literalmente "xardín negro". O nome aparece por vez primeira en fontes xeorxianas e persas durante os século XIII e XIV. Karabagh é outra forma alternativa de escrita de Karabakh, que tamén denomina a un tipo de alfombra cun determinado patrón producida na zona. Nunha teoría alternativa proposta por Bagrat Ulubabyan asevérase que o nome de Karabakh pouse unha orixe túrquico-armenia, cuxo significado sería "Gran Baghk" (en armenio: Մեծ Բաղք). Isto sería unha referencia a Ktish-Baghk (posteriormente Dizak), un dos principados de Artsakh baixo o goberno da dinastía Aranshahik que ostentou o trono de Reino de Syunik entre os séculos XI e XIII e se chamou a si mesmo "Reino de Baghk".
Os nomes da rexión nas distintas linguas locais pódense traducir todos como "Karabakh montañoso" ou "xardín negro montañoso":
- en armenio: Լեռնային Ղարաբաղ, transliterado: Leṙnayin Ġarabaġ (IPA: /lɛrnɑˈjin ʁɑɾɑˈbɑʁ/)
- en azarí: Dağlıq Qarabağ (Karabakh montañoso; IPA: /dɑɣˈlɯɣ ɡɑˈɾɑbɑɣ/) ou Yuxarı Qarabağ (Alto Karabakh; /juxɑˈɾɯ ɡɑˈɾɑbɑɣ/)
- en ruso: Нагорный Карабах, transliterado: Nagornyy Karabakh ou Nagornyi Karabah (IPA: /nɐˈɡornɨj kərɐˈbax/)
Nagorno-Karabakh é ás veces chamado polos seus habitantes armenios Artsakh (en armenio: Արցախ), o nome da décima provincia do antigo Reino de Armenia. En inscricións urarticas (séculos IX a séculos VII a.C.) usábase para denominar á rexión o nome de Urtekhini. En grego antigo algunhas fontes chaman á zona Orkhistene.
XeografíaEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
HistoriaEditar
- Véxase tamén: Alto Karabakh.
Nos séculos VII e VIII, esta rexión, historicamente habitada por armenios e albaneses caucásicos, foi invadida polos árabes, converténdose certa parte da poboación ao islam. No século XV, o territorio de Karabakh formou parte dos estados turcos de Karakoyunlu primeiro, e Akkoyunlu máis tarde. A comezos do século XVI o poder pasou a unha dinastía iraniana, que creou a provincia de Ganja-Karavakh.
En 1813, a través do Tratado de Gulistán, pasou formar parte do Imperio Ruso. A esta rexión posteriormente chegaron moitas familias armenias provenientes de Persia (actual Irán) logo da sinatura do Tratado como resultado das políticas migratorias de Rusia.
Época soviéticaEditar
Despois da Revolución rusa de 1917, Artsakh pasou a formar parte da República Democrática Federal de Transcaucasia, a cal se dividiría en tres repúblicas: Armenia, Acerbaixán e Xeorxia. Acerbaixán reclamou a súa soberanía sobre o territorio coa axuda do Imperio otomán. En 1917, logo de ser cedida á nova República de Acerbaixán, a poboación acerbaixana, que xeralmente habitaba na sección musulmá de Shusha, iniciou un rápido crecemento demográfico.
En 1920, Transcaucasia foi integrada na esfera soviética, tentado lograr o apoio público con promesas de unión entre Armenia e Karabaj. No entanto, a Unión Soviética tamén tiña plans con respecto a Turquía para convertela ao sistema comunista. Para iso, foi necesario deixar Karabaj baixo soberanía acerbaixana. Así, a rexión autónoma de Nagorno-Karabakh foi integrada á República Soviética de Acerbaixán en 1923.
Guerra e independenciaEditar
- Artigo principal: Guerra de Nagorno-Karabakh.
Coa disolución da Unión Soviética en 1991, reabriuse o debate sobre o futuro da rexión. Crendo que se puxo un plan para difundir a cultura acerbaixana na rexión, os habitantes de etnia armenia, apoiados polo seu país, crearon un movemento para a unión co mesmo. En novembro de 1991, trala declaración de secesión dos armenios de Karabakh, o parlamento de Acerbaixán decidiu quitar a autonomía á rexión, o que levou a celebración dun referendo, con resultado da declaración de independencia. A espiral de enfrontamentos levou a accións violentas e masacres contra armenios que residían noutras rexións de Acerbaixán, tales como Sumgait e Bakú. Desta forma comezou a guerra entre Acerbaixán e Armenia, apoiada por Rusia.
- Véxase tamén: Conflito de Nagorno-Karabakh de 2020.
NotasEditar
- ↑ Armenian Weekly, ed. (21 de febreiro de 2017). "Artsakh Votes for New Constitution, Officially Renames the Republic". Consultado o 15 de xuño de 2018.
- ↑ Nagorno Karabakh Republic Ministry of Foreign Affairs (ed.). "Constitution". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2016. Consultado o 23 de xullo de 2016.