Esta é a sección de imaxes da Taberna

Novas
publicar

Políticas
publicar

Técnica
publicar

Propostas
publicar

Axuda
publicar

Esta sección úsase para solucionar problemas relacionados coas imaxes.

Comezar un novo fío de conversa


Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15

Peche de Panoramio

O outro día chegoume un correo de que van a pechar Panoramio, tamén sae nesta nova. O caso é que Panoramio era tamén fonte de imaxes con licenza libre, habería que intentar copiar todas as fotos posibles que sexan interesantes para a Galipedia. Estou buscando unha ferramenta que me permita atopar as que teñan licenza libre para despois poñerme a copialas a Commons coa ferramenta que xa hai para iso. Toda axuda é benvida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2016 ás 15:48 (UTC)Responder

Nós Televisión CC-BY-SA

Boas, atopei a web de Nós Televisión que ten licenza CC-BY-SA, se hai algún contido que sexa útil para a Galipedia pode subirse a Commons sen problema. Se alguén atopa aí algún contido interesante e non sabe como capturalo que avise e bótolle unha man. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 10:11 (UTC)Responder

Identificación de imaxe no artigo de Ribeira de Piquín

Esta imaxe Ficheiro:Moleiras2.JPG indica que é dun lugar chamado Moleiras de Ribeira de Piquín. Nin no nomenclátor da Xunta nin no do IGE aparece ningún lugar de Ribeira de Piquín con ese nome. Talvez pasei algo por alto. Se algún colaborador pode achegar algunha información quizais poidamos identificar a que lugar corresponde a fotografía. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 8 de xaneiro de 2017 ás 19:05 (UTC)Responder

Prevert, segundo esta web está na beira do concello, pero nesa mesma páxina tamén teñen unha galería de imaxes con esa mesma foto, habería que investigar onde se subiu primeiro por se é un copyvio. Contactei coa dirección de correo electrónico que administra ese sitio para preguntarlle se é da súa autoría e se a subiu a Commons, de ser certo intentarei que poña a licenza na páxina para poñela como fonte, tamén lle preguntarei a parroquia á que pertence, se responde xa vos conto. O mesmo usuario subiu outra imaxe de Moleiras que tamén está nesa web File:Moleiras.jpg. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 01:36 (UTC)Responder
Acabo de atopalo, as coordenadas son 43°09'51.7"N 7°11'30.0"W, podes comprobalo no steetview, é unha casa grande pero ten cartel e todo. Está á dereita de Boel, Santalla, Ribeira de Piquín e entre Cabaceira, Santalla, Ribeira de Piquín e Outraiz, Santalla, Ribeira de Piquín, así que supoño que está na parroquia de Santalla, Ribeira de Piquín. Se teño resposta do correo xa aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 02:19 (UTC)Responder
Grazas Elisardojm. Excelente indagación. Polo que vin, penso coma ti que pertence á parroquia de Santalla. Atopei mencións sobre incendios forestais que falan de Moleiros e un rexistro de dereitos de auga que fala dun regato do mesmo nome. Nun blogue, que contén un só artigo, comentan sobre o lugar. Pode ser unha pista pero, polo de agora, é imposible comprobar a fiabilidade do seu contido. Coa páxina web que atopaches, o vídeo que teñen en Youtube, as coordenadas do Street View de Google que incluíches parece que se trata dun lugar deshabitado abandonado. É un caso moi particular: no nomenclátor non existe, así e todo, parece que nun tempo pasado alí viviu xente e quedou o nome do sitio, polo menos, na memoria dos habitantes da zona. Un cordial saúdo. --Prevertgl 9 de xaneiro de 2017 ás 16:36 (UTC)Responder
Xente agora non debe ter, pero o que si se ve no Street view é o cartel á beira da estrada co nome ben clariño. É raro que a un sitio sen xente lle puxeran o cartel. E si, acabo de ver tamén no Google maps que ó lado desas casas pasa o que lle chaman "rego/río de Moleiras". Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 17:20 (UTC)Responder
Prevert, xa recibín correo da web moleiras.tk, díxome que el é o autor e que Moleiras pertence a Santalla, mandeille un correo para ver se pode engadir un pé ás fotos para poñela como fonte e así que se poida verificar a licenza. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2017 ás 02:31 (UTC)Responder
Ben, asunto resolto. Vouna clasificar nesa parroquia. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11 de xaneiro de 2017 ás 15:51 (UTC)Responder

A Biblioteca Universitaria abre a súa colección de mapas históricos ao acceso libre en formato dixital

Boas, a biblioteca da USC comezou a dixitalizar e publicar en Internet algúns dos mapas antigos que posúe, podedes consultar a nova nesta ligazón. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de xaneiro de 2017 ás 08:51 (UTC)Responder

Boa noticia, grazas. Aí, en Minerva, atopo 8 mapas. Botádelle un ollo tamén a estas: http://webeiel.dicoruna.es/es/mapas/mapas-historicos e http://www.ign.es/fondoscartograficos/ --. HombreDHojalata.conversa 10 de xaneiro de 2017 ás 22:43 (UTC)Responder
A segunda web é impresionante! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2017 ás 02:36 (UTC)Responder
E falando de todo un pouco..., onte atopei estas imaxes en Commons, parece que as imaxes aéreas do PNOA teñen unha licenza libre compatible coa de Commons. Estararán correctamente licenciadas HombreDHojalata? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2017 ás 09:25 (UTC)Responder
Estou durmido, acabo de reler a licenza que teñen aquí e xa o di claramente no primeiro parágrafo. Non dixen nada.
Pois iso, que se queredes conseguir imaxes aéreas libres podedes obtelas en http://pnoa.ign.es/. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de xaneiro de 2017 ás 09:29 (UTC)Responder