Santalla, Ribeira de Piquín

parroquia civil do concello de Ribeira de Piquín

Santalla é unha parroquia do concello lugués de Ribeira de Piquín na comarca de Meira. No ano 2007 tiña 259 habitantes (130 homes e 129 mulleres) distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 67 habitantes en relación ao ano 2000.

Santalla
Moleiras2.JPG
Moleiras.
ConcelloRibeira de Piquín
Poboación226 hab. (2013)
Entidades de poboación20

HistoriaEditar

Nos inicios do reinado de Afonso IX, Urraca Gómez, irmá do conde Gómez de Trastámara, arrepentíndose de quebrantar a xurisdición do coto do mosteiro de Meira, ofrécelles en compensación as súas posesións de Santa María de Rostrigos e Santabaia de Piquín.

O 19 de novembro de 1184, o rei Fernando II, gran benfeitor do convento de Meira, concédelle o reguengo de Santabaia.

O vínculo da casa-torre de Santabaia de Piquín foi fundado polo capitán Pedro López Rancaño, sendo sucesores o capitán Pedro López de Rancaño Pita e o almirante da armada naval de Flandres, Bartolomé de Rois Luaces.

PatrimonioEditar

A igrexa parroquial de Santalla posúe interesantes retablos de época barroca.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de SantallaEditar

Lugares da parroquia de Santalla no concello de Ribeira de Piquín (Lugo)

Barangón | Boel | Cabaceira | Os Cangos | O Castro | O Corral | O Cruceiro | As Figueiras | A Graña | Lamas | Outariz | O Paraíso | Piquín | O Pulvureiro | O Quintario de Couso | Os Quintarios | Santalla | O Terrexal | Vilares | Vilarpescozo

Parroquias de Ribeira de PiquínEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribeira de Piquín

Navallos (San Pedro) | San Xurxo de Piquín (San Xurxo) | Santalla (Santalla) | Santiago de Acevo (Santiago) | Os Vaos (San Xoán)

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar