Esgrafiado

técnica de decoración de paredes ou cerámica
Casa con esgrafiado en Cernadilla (provincia de Zamora).

O esgrafiado (do italiano sgraffito)[1] é unha técnica ornamental arquitectónica de revestimento que se executa sobre unha superficie, superpondo dúas ou máis capas de materia, retirando parte da camada superficial e deixando ao descuberto zonas da camada inferior, provocando contraste polas distintas cores e, en ocasións, tamén pola textura diferente.

HistoriaEditar

O esgrafiado atópase protexendo e decorando obras desde a antigüidade, empregado en culturas diversas, destacando na arquitectura como revestimento de muros, na cerámica, escultura e pintura. A arte mudéxar e o Renacemento italiano son dous focos de expansión da técnica como decoración mural, das que se conservan abondosas mostras na Península Ibérica (Barcelona, Segovia, Salamanca, Estremadura ou Évora).

Presenza en GaliciaEditar

En Galicia, chegou o esgrafiado por Seabra (Zamora) e Braganza (Portugal), destacando no Bolo e Trives, co florecemento na Ribeira Sacra e prolongación na Ulloa, tamén cara a Lugo Centro, con mostras espalladas polo Deza e Tabeirós-Terra de Montes, e desde O Carballiño até Verín, por toda a provincia de Ourense.

 
Esgrafiados na Ribeira Sacra, Gondulfe (Taboada)

Sobresae a riqueza das construcións decoradas con cal na Ribeira Sacra, cuantificadas en máis dun milleiro as mostras conservadas. En Galicia, comeza a aplicarse o termo esgrafiado desde 1995, sinalando as ornamentacións máis preparadas e complexas, a sumar ao coñecido como cintado ou encintado, denominación clásica nos estudos de arquitectura galega (na realidade o encintado é unha técnica diferenciada, presente igualmente por toda a Península Ibérica, que só marca e resalta as xuntas dos bloques que conforman o muro).

Na especificidade das decoracións na Ribeira Sacra, entre os motivos, destacan os trazados curvos co desenvolvemento da vírgula ou gota, procedente do Gótico tardío e rastreada nos itinerarios peninsulares. E a hipótese dunha continuidade da estética e formas mudéxares, con base na voz mourisca, recollida nas ribeiras do Miño e do Sil na década final do século XX.

 
Muralismo contemporáneo de Cestola na Cachola empregando a técnica do esgrafiado en Castro Caldelas

En 2017 o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra apostou por incluír os esgrafiados en itinerarios culturais, promovendo investigacións patrimoniais, divulgación e restauracións no Campo (Taboada), e Montefurado (Quiroga), e a experimentación unida ao muralismo contemporáneo e desde a técnica tradicional, en edificacións na praza da Torre, en Castro Caldelas, e en San Lourenzo de Barxacova (Parada de Sil).

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibiliografíaEditar