Eleccións xerais de España de 1873

A eleccións xerais de 1873 en España celebráronse o 10 de maio de 1873 baixo sufraxio universal masculino. Foron convocadas polo presidente da Primeira República Española, Estanislao Figueras, coa intención de elaborar unha nova constitución. En total foron escollidos uns 383 deputados, ademais dos 15 de Porto Rico e os 18 de Cuba.

Eleccións xerais de España de 1873Eleccións xerais de España de 1873
Data10 de maio de 1873 Editar o valor em Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor em Wikidata
Cargo elixidoQ64876399 Traducir
senador de España Editar o valor em Wikidata
Resultado electoral Editar o valor em Wikidata
Práxedes Mateo Sagasta  — Partido Constitucional
0
 
Cristino Martos  — Independent Radicals (en) Traducir
0
 
Francesc Pi i Margall  — Partido Republicano Democrático Federal
0
 
Antonio Cánovas del Castillo  — Partido Liberal-Conservador
0
 
 ← 1872 Editar o valor em WikidataEspaña Editar o valor em Wikidata 1876 Editar o valor em Wikidata  → 
Estanislao Figueras, primeiro presidente da Primeira República Española.

As eleccións, con todo, desenvolvéronse en condicións moi pouco ortodoxas, e a súa representatividade resultou ridícula ata para a época, pois non se presentaron ás eleccións nin os monárquicos carlistas, que estaban en guerra desde 1872, nin os monárquicos afonsinos de Cánovas del Castillo, nin os republicanos unitarios, nin tan sequera as incipientes organizacións obreiras adscritas á Internacional, que se pronunciaron pola abstención. Foron posiblemente os comicios coa participación máis baixa da historia de España.

Composición da Cámara editar

Eleccións Xerais en España, 10 de maio de 1873

Partido Escanos Líder
Partido Republicano Democrático Federal 346 Francesc Pi i Margall
Radicais independentes 20 Cristino Martos Balbi
Partido Constitucional 7 Práxedes Mateo Sagasta
Monárquicos independentes 3 Antonio Cánovas del Castillo
Republicanos unitarios 1
Outros 6

Deputados das provincias galegas editar

Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]

A Coruña editar

Lugo editar

Ourense editar

Pontevedra editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar