Cristino Martos

político español

Cristino Martos Balbi, nado en Granada o 13 de setembro de 1830 e finado en Madrid o 17 de xaneiro de 1893, foi un avogado e político español.

Cristino Martos
Cristino Martos Balbí, de Ignacio Suárez Llanos, 1874.jpg
Nacemento13 de setembro de 1830
Lugar de nacementoGranada
Falecemento17 de xaneiro de 1893
Lugar de falecementoMadrid
Soterradocamposanto de San Isidro
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndiplomático, político e xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Logo de estudar en Granada, Toledo e Madrid licenciouse en Dereito. Participou na Revolución de 1854 que deu orixe ao Bienio Progresista e no intento de golpe de Estado que en 1866 encabezou Prim e que lle supuxo unha condena a morte que lle foi conmutada pola de desterro. A Revolución de 1868 permitiulle regresar a España iniciando a súa carreira política como presidente da Deputación Provincial de Madrid.

Deputado por Toledo nas Cortes Constituíntes de 1869, volveu obter escano nas eleccións de 1872 por Madrid e por Valencia nos comicios celebrados entre 1879 e 1886 para finalmente volver ser elixido por Toledo en 1891.

Membro do sector monárquico (denominado os cimbrios) do Partido Democrático, un grupo de demócratas que aceptou a solución monárquica proposta por Prim, uniuse á rama esquerda do Partido Constitucional para formar o Partido Demócrata-Radical.

Foi Ministro de Estado entre o 1 de novembro de 1869 e o 9 de xaneiro de 1870 nun goberno presidido por Prim volvendo ocupar esta carteira ministerial, xa durante o reinado de Amadeu I, en dúas ocasiones: entre o 4 de xaneiro e o 24 de xullo de 1871 nun gabinete que presidiu o xeneral Serrano, e entre o 13 de xuño de 1872 e o 12 de febreiro de 1873 nun goberno presidido por Manuel Ruiz Zorrilla.

Coa I República volveu ser ministro ao ocupar a carteira de Graza e Xustiza entre o 4 de xaneiro e o 13 de maio de 1874 no goberno que sucesivamente presidiron Francisco Serrano Domínguez e Juan Zabala de la Puente.

Na Restauración uniuse ao Partido Republicano Progresista, pero abandonouno para integrarse no Partido Liberal con Sagasta.

Predecesor:
Manuel Silvela
Juan Bautista Topete
Augusto Ulloa Castañón
Ministro de Estado
1869 - 1870
1871
1872 - 1873
Sucesor:
Práxedes Mateo Sagasta
Fernando Fernández de Córdova
Emilio Castelar
Predecesor:
Eugenio García Ruiz
Ministro de Graza e Xustiza
1874
Sucesor:
Manuel Alonso Martínez
Predecesor:
Nicolás María Rivero
Antonio Cánovas del Castillo
Presidente do Congreso dos Deputados
12 de febreiro - 18 de marzo de 1873
10 de maio de 1886 - 3 de xuño de 1889
Sucesor:
Francisco Salmerón
Manuel Alonso Martínez

Vida persoalEditar

O seu fillo Cristino Martos Llovet chegou a ser gobernador civil da Coruña en 1898.