Valentín García Escudero
notario e político galego
Valentín García Escudero, nado en Ribadavia en 1833 e finado en Pontevedra o 4 de abril de 1912[1], foi un notario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1833 Ribadavia, España |
Morte | 4 de abril de 1912 (78/79 anos) Pontevedra, España |
Alcalde de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
En 1859 estableceuse en Pontevedra como Notario e secretario do Xulgado de 1ª Instancia. Republicano, amigo de Emilio Castelar e Eugenio Montero Ríos, do que foi socio na adquisición da illa de Tambo[2]. Foi alcalde de Pontevedra[1]. Foi elixido deputado polo distrito de Ponte Caldelas nas eleccións de 1872 e volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1873.
Casou con Matilde Temes Trujeda. O seu fillo Valentín García Temes foi o dono do Café Moderno de Pontevedra. Era tío de Vicente García Temes.
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 5/4/1912, p. 2.
- ↑ "La plaza que Valentín García donó a Pontevedra" Faro de Vigo, 1/4/2012 (en castelán).
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine.