Servando Fernández Victorio

xuíz e político galego

Servando Fernández-Victorio Arenas, nado en Galdo (Viveiro) en 1834 e finado en Barcelona o 20 de agosto de 1907, foi un avogado, xuíz e político galego.

Infotaula de personaServando Fernández Victorio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1834 Editar o valor en Wikidata
Galdo, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de agosto de 1907 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xuíz , político Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid en 1858. Foi avogado en Viveiro, xuíz de Vilamartín de Valdeorras, Xinzo de Limia e Barcelona e instruíu inicialmente a causa polo asasinato do xeneral Prim. Despois foi maxistrado da Audiencia de Cáceres. Foi elixido deputado polo distrito de Lalín nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1873.[1] Na Restauración foi candidato a deputado polo distrito de Viveiro en 1893 pero non foi elixido,[2] tiña como portavoz o periódico El Baluarte de Galicia. Foi presidente da Audiencia de Manila (1890), e despois de Oviedo e Barcelona. Finou en San Gervasio (Barcelona) o 20 de agosto de 1907.[3]

Recoñecementos

editar

Cabaleiro da Real Orde de Isabel a Católica, 1870.

Vida persoal

editar

Casou aos 25 anos con Acacia Cociña, filla de Vicente Manuel Cociña Vizoso,[4] e foi pai de María de los Dolores, Nicolás, Francisco, Antonio, Augusto, Concepción e Servando Fernández-Victorio Cociña.

  1. El Eco de Galicia, 22-2-1893, p. 1.
  2. Gaceta de Galicia, 4-3-1893, p. 2.
  3. La Correspondencia de España, 26-8-1907, p. 6.
  4. El Regional, 15-7-1900, p. 2.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Chao Espina, Enrique (1953). "Servando Fernández Victorio. Un gallego ilustre entre los últimos de Filipinas". Spes XX (218): 18–20. 
  • "Un vivariense ilustre". El Eco de Galicia (2027): 1. 22/02/1893. 

Ligazóns externas

editar