Vicente Manuel Cociña

xornalista e político galego
(Redirixido desde «Vicente Manuel Cociña Vizoso»)

Vicente Manuel Cociña Vizoso, nado en Celeiro (Viveiro) o 13 de febreiro de 1818 e finado en Córdoba o 29 de abril de 1854, foi un político e xornalista galego.

Vicente Manuel Cociña
Vicente Manuel Cociña.jpg
Nacemento13 de febreiro de 1818
Lugar de nacementoCeleiro
Falecemento29 de abril de 1854
Lugar de falecementoCórdoba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e político
FillosCamelia Cociña de Llansó
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Realizou os seus primeiros estudos no Colexio da Natividade de Viveiro e despois Dereito e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. En 1842 foi elixido presidente da Academia Literaria de Santiago. Fundou, xunto con Tiburcio Faraldo, o periódico El Centinela de Galicia (1843). Tiña en proxecto a edición do periódico El Órgano del Siglo Veinte en Santiago de Compostela, aínda que non chegou a ver a luz. Foi deputado por Viveiro en 1850 e 1853. Dirixiu El Oriente de Madrid (1853), órgano do novo partido Unión Liberal, onde tiña como compañeiros de redacción a Tiburcio Faraldo e Luís de Trelles. A inserción de determinados artigos considerados demasiado combativos neste xornal motivou a súa persecución e a dos xornalistas que traballaban nel. Como consecuencia fuxiu a Córdoba, onde faleceu.

Atribúeselle a autoría da Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (1846)[1] inda que tamén se atribúe a José Rúa Figueroa.

ObrasEditar

  • Un sueño en Estambul en el año 1550, 1840.
  • Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español, 1841.
  • Discurso pronunciado por el presidente de la Academia Literaria en la sesión general de la reposición de cargos del año 1842, 1842.

Vida persoalEditar

Casou con Concepción Riveira e foi pai de Aliatar, Acacia e Camelia Cociña Riveira.

NotasEditar

  1. Porto, Juan do (1846). Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos de Galicia (en castelán). Madrid: Imprenta de la Viuda de Burgos. [1]

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar