Raimundo Fernández Villaverde

político español

Raimundo Fernández Villaverde y García del Rivero, nado en Madrid o 20 de xaneiro de 1848 e finado o 15 de xullo de 1905, foi un político español presidente en dúas ocasións do Goberno español. Así mesmo, ostentou o título de Marqués de Pozo Rubio.

Modelo:BiografíaRaimundo Fernández Villaverde

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Raimundo Fernández Villaverde y García del Rivero Editar o valor en Wikidata
20 de xaneiro de 1848 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xullo de 1905 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Presidente do Consello de Ministros
27 de xaneiro de 1905 – 23 de xuño de 1905
← Marcelo Azcárraga PalmeroEugenio Montero Ríos →
Presidente do Consello de Ministros
20 de xullo de 1903 – 5 de decembro de 1903
← Francisco SilvelaAntonio Maura →
Presidente do Congreso dos Deputados
18 de xuño de 1903 – 18 de xullo de 1903
← Raimundo Fernández VillaverdeFrancisco Romero Robledo →
Presidente do Congreso dos Deputados
19 de maio de 1903 – 17 de xuño de 1903
← Antonio Aguilar CorreaRaimundo Fernández Villaverde →
Deputado das Cortes
2 de maio de 1903 – 15 de xullo de 1905
Circunscrición electoral: Pontevedra

Ministro de Facenda
6 de decembro de 1902 – 25 de marzo de 1903
← Manule de Eguilior y LlagunoFaustino Rodríguez-San Pedro →
Deputado das Cortes
25 de maio de 1901 – 27 de marzo de 1903
Circunscrición electoral: Pontevedra

Presidente do Congreso dos Deputados
20 de novembro de 1900 – 25 de abril de 1901
← Alejandro Pidal y Mon (pt) TraducirAntonio Aguilar Correa →
Deputado das Cortes
7 de xuño de 1899 – 24 de abril de 1901
Circunscrición electoral: Pontevedra

Ministro de Facenda
4 de marzo de 1899 – 6 de xullo de 1900
← Joaquín López Puigcerver (pt) TraducirManuel Allendesalazar Muñoz →
Ministro de Ultramar
4 de marzo de 1899 – 25 de abril de 1899
← Vicente Romero GirónSupresión do cargo →
Deputado das Cortes
2 de abril de 1898 – 16 de marzo de 1899
Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado das Cortes
18 de abril de 1896 – 26 de febreiro de 1898
Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado das Cortes
12 de marzo de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: Pontevedra

Ministro de Gobernación
25 de xuño de 1892 – 30 de novembro de 1892
← José ElduayenManuel Danvila y Collado →
Deputado das Cortes
9 de febreiro de 1891 – 5 de xaneiro de 1893
Circunscrición electoral: Pontevedra

Ministro de Graza e Xustiza
5 de xullo de 1890 – 23 de novembro de 1891
← Joaquín López Puigcerver (pt) TraducirCarlos O'Donnell y Álvarez de Abreu →
Deputado das Cortes
13 de abril de 1886 – 29 de decembro de 1890
Circunscrición electoral: Pontevedra

Ministro de Gobernación
13 de xullo de 1885 – 27 de novembro de 1885
← Francisco Romero RobledoVenancio González y Fernández (en) Traducir →
Deputado das Cortes
24 de maio de 1884 – 8 de marzo de 1886
Circunscrición electoral: Pontevedra

Gobernador civil da provincia de Madrid
30 de marzo de 1884 – 13 de xullo de 1885
← Francisco de Borja Queipo de Llano, 8th Count of Toreno (en) TraducirFrancisco Martínez Corbalán (en) Traducir →
Deputado das Cortes
1 de setembro de 1881 – 31 de marzo de 1884
Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado das Cortes
1 de maio de 1879 – 25 de xuño de 1881
Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado das Cortes
28 de abril de 1877 – 30 de decembro de 1878 – Raimundo Fernández Villaverde →
Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado das Cortes
17 de febreiro de 1876 – 2 de xaneiro de 1877
← Raimundo Fernández Villaverde
Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
5 de xuño de 1873 – 8 de xaneiro de 1874
Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputado no Congreso do Sexenio Democrático
19 de setembro de 1872 – 22 de marzo de 1873
Circunscrición electoral: Pontevedra

Concelleiro de Madrid
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, ministro Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
TítuloMarqués Editar o valor en Wikidata
CónxuxeÁngela Roca de Togores Aguirre-Solarte (1887–) Editar o valor en Wikidata
FillosRaimundo Fernández Villaverde Roca de Togores, José Fernández-Villaverde Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Fernández Villaverde, p.136)
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1049145

Traxectoria

editar

Fernández Villaverde estudou bacharelato no Instituto de San Isidro e posteriormente Dereito na Universidade Central de Madrid, onde con 21 anos se licenciou, especializándose en Dereito mercantil e Facenda pública. Tras alcanzar o grao de doutor, foi nomeado profesor supernumerario da devandita Universidade. Afiliado ao Partido Conservador, logrou a acta de deputado polo distrito de Caldas nas eleccións celebradas o 15 de setembro de 1872, polas que Serrano foi nomeado Presidente do Consello de Minsistros.

Xa durante a Restauración, en 1877 foi nomeado director xeral de Administración local e no seguinte ano da Intervención Xeral da Administración do Estado. O 22 de marzo de 1880 foi nomeado subsecretario con Fernando Cos Gayón como titular de Facenda, cargo no que cesou o 10 de febreiro de 1881, após a chegada ao goberno de Sagasta. O 31 de marzo de 1884 foi nomeado gobernador civil de Madrid. O 11 de xullo de 1885 foi nomeado Ministro de Gobernación logo da súa polémica actuación ante a negativa dos comerciantes a cumpriren as medidas decretadas polo Goberno para facer fronte á epidemia de cólera existente na capital. Abandonou o ministerio o 25 de novembro de 1885, cando o falecemento de Afonso XII, Cánovas cedeu o goberno a Sagasta.

En 1888 foi nomeado membro da Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, lendo un discurso titulado Consideraciones histórico-críticas acerca del sufragio universal como órgano de la representación política en las sociedades modernas. Tras a volta en xullo de 1890 dos conservadores ao goberno, Fernández Villaverde foi nomeado Ministro de Graza e Xustiza. Como membro da facción silvelista do Partido Conservador, dimitiu, como Dato, cando se produciu o enfrontamento entre Romero e Silvela. O 15 de decembro de 1898 foi elixido membro da Real Academia Española. Porén, por vicisitudes varias non puido tomar posesión ata o 23 de novembro de 1902 cun discurso sobre a poesía española do século XV. Como consecuencia de todo isto, Fernández Villaverde non volvería ocupar cargos relevantes ata 1899, unha vez que Cánovas faleceu e Silvela acadou o liderado do Partido Conservador, que brevemente se denominou Unión Conservadora.

Na formación do primeiro Goberno tras a paz estadounidense, o 4 de maio de 1899, Fernández Villaverde ocupou a carteira de Facenda, na presidencia de Silvela. No 17 de xuño dese ano presentou a lei de orzamentos do exercicio 1899-1900. En setembro do mesmo 1900 foi votado como Presidente do Congreso e substituído en Facenda por Manuel Allendesalazar. O 6 de decembro de 1902 volverían os conservadores ao poder con Silvela de presidente e Fernández Villaverde como Ministro de Facenda. Non obstante, diverxencias en torno á reconstrución da escuadra e o seu efecto sobre o equilibrio orzamentario motivaron a súa dimisión e posterior substitución por Faustino Rodríguez de San Pedro. Logo das eleccións de maio de 1903, volveu Fernández Villaverde á presidencia do Congreso. Porén, a súa permanencia neste posto sería efémera, pois após a dimisión de Silvela, o 18 de xullo de 1903, Fernández Villaverde sería nomeado Presidente do Goberno con Augusto González Besada ocupando a carteira de Facenda. A súa situación foi abondo complicada, pois xunto a oposición dos liberais habería que sumar a argallada caladamente por Silvela, Maura e os seus adeptos, todos correlixionarios seus. Perante tal situación resolveu dimitir sendo substituído na Presidencia do Goberno por Maura. Volvería ocupar a Presidencia do Goberno o 27 de xaneiro de 1905. Malia todo, a oposición contra o goberno da maioría dos deputados do seu partido obrigouno a manter as Cortes pechadas. A reapertura destas e as derrotas sufridas no Senado, o 17 de xuño, e no Congreso o día 20 de xuño precipitarían a súa dimisión ocorrida o 21 de xuño de 1905. Apenas un mes despois falecería na capital do Reino.


Predecesor:
Francisco Silvela
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1903
Sucesor:
Antonio Maura
Predecesor:
Marcelo de Azcárraga
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1905
Sucesor:
Eugenio Montero Ríos
Predecesor:
Alejandro Pidal y Mon
 Presidente do Congreso dos Deputados 
1900-1901
Sucesor:
Antonio Aguilar y Correa

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar