Eleccións xerais de España de agosto de 1872

As eleccións xerais de España de agosto de 1872 tiveron lugar o día 24 de devandito mes e ano baixo sufraxio universal masculino. Foron as terceiras e últimas eleccións convocadas durante o breve reinado de Amadeo I, cando o seu xefe de goberno, Manuel Ruiz Zorrilla, non obtivo maioría suficiente para poder formar goberno.

O radical Manuel Ruiz Zorrilla gañou as eleccións de agosto de 1872.

En total foron elixidos 391 deputados ao Congreso, ademais dos 11 de Porto Rico e 18 de Cuba. Debido ao estallido da Terceira Guerra Carlista, o País Vasco atopábase en estado de insurrección e os carlistas controlaban parte de Aragón, Navarra e a actual Comunidade Valenciana. Así mesmo, os conservadores (que perderan o poder), os republicanos federales intransixentes e os partidarios da Primeira Internacional pediron a abstención.

Os radicais gañaron de novo as eleccións e Ruiz Zorrilla volveu formar goberno. O Presidente do Congreso dos Deputados foi Nicolás María Rivero e o presidente do Senado foi Laureano Figuerola Ballester, ambos radicais. Pero o 11 de febreiro de 1873, Amadeo I abdicou e o Congreso e o Senado, en sesión conxunta, constituíronse en Asemblea Nacional, presidida por Cristino Martos Balbi (ata o 20 de marzo) e despois por Emilio Castelar. Proclamouse a República por 258 votos contra 32, e foi nomeado primeiro presidente Estanislao Figueras, quen convocou novas eleccións para o 10 de maio de 1873.

Composición do Congreso dos Deputados logo das elecciónsEditar

Eleccións Xerais en España, 24 de agosto de 1872

Partido Escanos Líder
Partido Radical 274 Manuel Ruiz Zorrilla
Partido Republicano Democrático Federal 78 Francesc Pi i Margall
Partido Constitucional 14 Práxedes Mateo Sagasta
Monárquicos afonsinos 9 Antonio Cánovas del Castillo
Carlistas 3
Republicanos unitarios 2
No adscritos 11

Deputados por GaliciaEditar

 
Eugenio Montero Ríos foi deputado pola Coruña.

Os deputados que obtiveron un escano no Congreso polos distritos galegos nestas eleccións foron:[1]

A CoruñaEditar

LugoEditar

OurenseEditar

PontevedraEditar

NotasEditar

  1. Os distritos aparecen englobados dentro da provincia correspondente

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar