Manuel Rey Gosende
médico e político galego
Manuel Rey Gosende, nado en Bastavales (Brión) o 15 de xuño de 1841 e finado en Padrón o 17 de febreiro de 1915, foi un médico e político galego.
Manuel Rey Gosende | |
---|---|
Nacemento | 15 de xuño de 1841 |
Lugar de nacemento | Bastavales |
Falecemento | 17 de febreiro de 1915 |
Lugar de falecemento | Padrón |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico e político |
Fillos | Ramón Rey Baltar, Andrés Rey Baltar e Cesáreo Rey Baltar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Ao rematar a carreira fixo oposicións ao Corpo de Sanidade da Armada, obtendo praza, que desempeñou por pouco tempo. Foi elixido deputado a Cortes nas eleccións constituíntes da Primeira República Española. Despois retornou a Padrón, onde exerceu a súa profesión de médico ata a súa morte o 17 de febreiro de 1915.[1]
Vida persoal Editar
Casou con Manuela Baltar Cortés, filla de Ángel Baltar Varela e irmá de Ernesto e Ángel Baltar Cortés, e foi pai de Ramón, Andrés, Ángela, María, Cesáreo, Dolores Josefa, Ángel, Manuela e Rita Rey Baltar.
Notas Editar
- ↑ Nova Galicia, 21-4-1915, p. 2.