Ramón Rey Baltar

médico, escritor e xornalista galego

Ramón Rey Baltar, nado en Padrón o 5 de abril de 1882 e finado en Gerli (Arxentina) o 3 de xullo de 1969, foi un médico, escritor e xornalista galego.

Ramón Rey Baltar
Nacemento5 de abril de 1882
Lugar de nacementoPadrón
Falecemento3 de xullo de 1969
Lugar de falecementoGerli
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico, xornalista e escritor
PaiManuel Rey Gosende
IrmánsAndrés Rey Baltar e Cesáreo Rey Baltar
Na rede
Galiciana: 356269
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Manuel Rey Gosende. Logo de estudar na escola de José María Vidal Cepeda fixo Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en xuño de 1904. Como médico exerceu en Padrón, sendo cesado en 1910 por motivos políticos. En 1912 ingresou como médico da Mariña. En 1914 emigrou a Arxentina, e dirixiu varias institucións médicas en Buenos Aires.

Fundou do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Alfonso Daniel Rodríguez Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega. Publicou o libro de versos A gaita a falare. Lembranzas e maldicións (1939), texto precursor da poesía civil.

O seu irmán Andrés Rey Baltar foi fusilado polos franquistas ao comezo da Guerra civil española.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar