Francisco Suárez García
Francisco Suárez García, nado en Ferrol o 31 de marzo de 1827 e finado na mesma cidade o 15 de marzo de 1900, foi un xornalista, escritor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de marzo de 1827 Ferrol, España |
Morte | 15 de marzo de 1900 (72 anos) Ferrol, España |
Alcalde de Ferrol | |
1868 – 1868 | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, autor |
Traxectoria
editarEstudou para piloto da Armada, pero abandonou a carreira naval en 1848. Emigrou ao Uruguai e a Arxentina, onde ocupou diversos cargos e colaborou en publicacións como El Comercio, Diario de Corrientes. En 1857 foi designado director de Instrución Pública da República Arxentina e publicou o tratado Puntualización y ortografía. Regresou a Ferrol en 1860 e estableceu unha academia de ensino. En 1867 mercou a imprenta coruñesa de C. Míguez e trasladouna a Ferrol onde imprimiu diversos xornais e dirixiu El Eco Ferrolano (1864-1869). Presidente do comité do Partido Republicano Democrático Federal, foi alcalde da cidade tras o pronunciamento antimonárquico da Armada, en outubro de 1868. En 1871 fundou o periódico El Trabajo, dende o que preconizou o diálogo con calquera opositor político. Participou na sublevación federalista-cantonal ferrolá de outubro de 1872 e en 1873 foi elixido deputado por Ferrol. Coa Restauración estivo desterrado en Portugal e, expulsado, exiliouse en París ata 1877. Interveu nas conspiracións republicanas do último terzo do século XIX, e mantivo a súa actividade como propagandista fundando e dirixindo La Democracia. Foi un dos fundadores do Ateneo Artístico (1879) e pertenceu á xunta que dirixiu a Escola de Artes e Oficios ferrolá. Foi membro da loxa La Herculina nº 10.
Obras
editar- Los guaranies o la cruz milagrosa, 1861.
- Los invasores.
- Los demócratas.
- El Ángel de la libertad.
- Grandal, 1897.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Francisco Suárez García |
Bibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Máiz, Bernardo (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
editar
Predecesor: ? |
Alcalde de Ferrol 1868 |
Sucesor: ? |