Ducado de Calabria
O ducado de Calabria (despois Thema de Calabria), era un antigo territorio bizantino en Italia, que comprendía inicialmente partes das actuais rexións de Calabria e Puglia, e posteriormente só a parte meridional da actual Calabria.
Premisas e nacemento do ducado
editarCunha guerra de case vinte anos (535-553) o emperador Xustiniano I (482-565) eliminara a presenza ostrogoda en Italia, pero a invasión dos longobardos do 568 chegou a romper definitivamente a unidade política da península, abrindo o camiño a unha distinción entre o regnum longobardo, con capital en Pavia (que se ha fraccionar en ducados cada vez máis autónomos do poder rexio), e os territorios bizantinos, coas respectivas subdivisións administrativas, tamén estes cunha cada vez maior autonomía: entre estes o ducado de Calabria, con capital ao principio en Otranto e despois en Reggio, centro urbano regional situado na ribeira do mar, conquistada no 536 polas tropas bizantinas guiadas por Belisario.
Os territorios italianos fican así fragmentados nunha serie de núcleos locais, algúns dos cales acabaron converténdose en estado autónomos (a república de Venezia, o ducado de Nápoles, as repúblicas marítimas de Gaeta, Amalfi, o ducado de Roma, o "ducado romano", de confíns incertos) mentres outros fican so o goberno do Imperio de Oriente (Exarcado de Rávena, Thema de Sicilia, que comprendía o ducado de Calabria).
O ducado bizantino
editarO ducado de Calabria xorde xa que logo no século VI agregando a rexión do Brutium, ou sexa a actual rexión calabresa, coas terras aínda posuídas no Salento (a Calabria dos romanos) cuxos confíns setentrionais están constituídos polo chamado "Limitone dei greci", unha especie de muralla defensiva construída para salvagarda do territorio da ameaza dos longobardos e que aínda existe nalgúns treitos. O nome de Calabria (que en orixe designaba a península salentina) comezaba así a ser utilizado para designar o Bruzio, mentres o Salento tomaba o nome de Terra de Otranto, progresivamente conquistado polos longobardos.
Entre os séculos VIII e IX as posesións en Italia do Imperio bizantino redcense progresivamente só ao ducado de Calabria, que comprende, por unha parte a Calabria ao sur do val do Crati, e por outra Gallipoli e Otranto na faixa costeira de Puglia.
No 753 de feito o soberano dos longobardos Aistolfo, anexiona ao seu mandato diversos territorios bizantinos, mentres Reggio con boa parte da Calabria fican so a administración de Bizancio.
No curso do século VIII Reggio ascende a sé episcopal da Calabria bizantina. No 732-733 o emperador León III trasfere as dioceses do thema de Sicilia, no ámbito das loitas iconoclastas e en consecuencia das decisións do concilio en Trullo, da obediencia papal á do Patriarca de Constantinopla; as sés do norte da Calabria, daquela en mans longobardas, manteñen as ligazóns con Roma.[1]
Sobre principios do século IX a Calabria bizantina comprende o territorio que vai desde Reggio Calabria ata Rossano, con capital en Reggio; mentres que a restante parte setentrional foi conquistada polo duque de Benevento Romualdo I sobre o 671[2]. O ducado, formalmente parte do reino longobardo de Italia desde finais do século VI, esténdese desde Cosenza a Chieti. A Calabria longobarda foi dividida nos gastaldatos de Cosenza, Cassano all'Ionio e Laino que no 849 no momento da partición do ducado entran a formar parte do principado de Salerno.
O emperador de oriente Basilio I (867-886) fai de Reggio a "metrópole das posesións bizantinas da Italia meridional". Sobre o 892 fundouse Thema de Langobardia, polo cal os territorios bizantinos da Italia meridional se dividiron en dous themata:
A longa contenda entre árabes e bizantinos
editarNo 827, co desembarco árabe en Mazara, Sicilia no paso de cincuenta anos converteuse en provinci musulmá e o dominio bizantino na Italia meridional estivo para sempre nunha situación de incerteza. Tamén o ducado de Calabria resentiuse desta nova situación: grupos de sarracenos instaláronse de feito entre o 840 e o 842 nas cidades de Taranto e Bari de onde partías correrías directas cara a Calabria[3].
A situación volveuse aínda máis precaria cando Tropea, Amantea e Santa Severina foron ocupadas polos sarracenos; un exército grego desembarcado preto do cabo Colonna no 880 reconquistou porén a Sila, a Calabria setentrional e a Lucania oriental ata Taranto[3], as cidades ocupadas polos sarracenos foron á súa vez reconquistadas polo xeneral Nicéforo Focas o Vello no 885.[3][4]
As conquistas do xeneral desprazaron os límites longobardo-bizantinos ao norte do val do Crati, como consecuencia do cal instaláronse bispos ortodoxos en Cosenza e en Bisignano e creouse unha nova diocese en Cassano all'Ionio. No 902 Abû el'-Abbâs (coñecido tamén como Ibrahim II ibn Ahmad), emir de África, despois de ter sometido Taormina conquista Reggio.
O obxectivo do emir, conquistar toda a Italia meridional, esvaécese coa súa morte acontecida poucos meses despois durante o asedio de Cosenza.[5] Segue un decenio de calma, interrompido no 918 pola toma de Reggio Calabria, despois deste ano o stratego Eustacio acorda co emirato siciliano o pagamento dun tributo de 22.000 nomismata a cambio da paze[6]. Este período marca con todo o inicio dunha longa sucesión de árabes e bizantinos na disputa de Reggio e os territorios do ducado de Calabria.
O sucesor de Eustacio, Xoán Muzalon (coñecido tamén como Byzalon), atopou a morte nun período posterior á subida ao trono de Romano I Lecapeno, no 920 ou no 921-922, a causa dunha revolta (ou conxura) causada con toda probabilidade por fortes presións fiscais; outra hipótese é que o mataron en canto proxectaba rebelarse contra o basileus de acordo cos árabes.[7] No 924 o tributo ao emirato reduciuse á metade grazas á intervención do emperador. No 922, aproveitando a falta de tropas, ocupadas en Armenia e na defensa de Constantinopla do asedio do tsar Simeón I de Bulgaria, foi cercada e conquistada Sant'Agata, unha das fortalezas pre-aspromontanas que rodeaban Reggio[8].
No 929-930 o eunuco eslavo Sâbir efectuaba correrías sobre costas calabresas e de Puglia[9]. No 926 o príncipe de Salerno Guaimaro II, en alianza co seu curmán Landulfo I de Benevento tentou conquistar os dominios bizantinos atacando o norte da rexión pero vencérono, xunto cos seus aliados, definitivamente no 930 se cadra tamén grazas á intervención dos sarracenos aliados esta vez dos imperiais.[9]
No 934, tras a morte do califa fatimita al-Madhî as cidades calabresas deixan de pagaren o tributo.
No 947 Sicilia, anteriormente en revolta, resulta pacificada de novo e o novo emir kalbita Ḥasan b. ʿAlī al-Kalbī esixe o restablecemento do tributo, porén as autoridades bizantinas rexeitárono que se preparan polo tanto para a guerra. O emir reacciona e no 951 atravesa o estreito e ocupa a cidade de Reggio abandonada polos seus habitantes, despois prosegue cara a Gerace que foi cercada e da que obtén o pagamento do tributo. A mesma situación, tras unha serie de marchas coas que alcanzou o río Crati, repítese para Cassano[10].
Só na primavera do 952 as tropas dos themata de Calabria e Longobardia, guiadas polos respectivos estrategos Pascalio e polo patricio Malakinos, encóntranse cos sarracenos, preto de Gerace, resultando clamorosamente vencidas[10].
Logo o novo estratego de Calabria e Longobardia Mariano Arxiro asinou un novo tratado de paz no 955-956, que preve o restablecemento do tributo e a construción, por primeira vez, dunha mesquita en Reggio con dereito de asilo para os musulmáns. Con todo, o tratado non fixo que terminasen as incursións sarracenas: mesmo o ano seguinte o stratego debía fuxir ante as tropas conxuntas de al-Kalbī e do seu irmán Ammâr[10].
A mesquita foi destruída polo protocarabos Basilio no 956-958 durante unha expedición marítima contra os árabes sicilianos.[11]
O thema
editarNo período que vai do 938 ao 956 o ducado foi elevado a thema, substituíndo o thema de Sikelia (ou Sicilia, xa completamente dominada polos árabes); a capital do thema permanece en Reggio[12]. O thema resulta dividida en tres turmas, á súa vez subdividida en bandas ou drungos: só unha das turmas ten sido identificada con precisión, trátase da chamada das Salinas (coincidente en parte coa actual piana de Gioia Tauro), que ten como capital a cidade de Sant'Agata (actual Oppido Mamertina) fundada no 1044[13].
No 965 estoupa unha violenta insurrección en Rossano en resposta á pretensión do estratego Nicéforo Hexakionites de recrutar os rossaneses nas naves chelandia; a poboación foi perdonada pola intervención de San Nilo e a cambio do pagamento dun tributo de cincocentos nomismata[14].
No 975 o thema de Calabria agregouse aos de Langobardia e Lucania para formar o Catepanato de Italia; no mesmo ano e tamén no 978-981 o emir de Sicilia Abul-el-Qâsim saquea Reggio, Sant'Agata e outros territorios calabreses e puglieses. En particular ao sur da capital, na zona chamada Macellari, non podendo loxisticamente embarcar nas naves as reses bovinas, os sarracenos deciden matar ("macellare") unha gran cantidade, dando orixe ao topónimo do lugar. En resposta a estas incursións intervén desta vez o emperador de Sacro Imperio Romano Xermánico Odón II, ao cal os bizantinos non si opoñen activamente, que, porén, foi derrotado na batalla de Capo Colonna.[15]
No 986 os árabes saquean Gerace continuando o avance cara ao norte, ao chegaren a Cosenza destrúen as murallas e entran en Lucania e Puglia.
No 1006 na zona de mar fronte a Reggio ten lugar unha batalla naval na que vencen os bizantinos, pero no 1009 os sarracenos reocupan Cosenza, mentres no 1020 foi a vez de Bisignano, só Rossano neste período dá resistido aos invasores[16].
No 1025 está presente en Reggio un exército bizantino comandado polo chambelán eunuco Orestes en cuxas filas militan tropas do thema de Macedonia e mercenarios estranxeiros para usar na conquista de Sicilia, pero a expedición resólvese nun fracaso[17]. No 1029 o catapano Cristóforo Burgaris foi vencido na veciñanza de Reggio polos árabes e despois, no 1031, ocúpase Cassano onde foi vencido tamén o catepano Poto Arxiro[18]; o estalido dunha guerra civil no emirato siciliano provoca o fin, definitivo, das correrías provenientes de Sicilia[19].
No 1037 en Reggio o catapano Constantino Opo mobiliza o exército bizantino para axudar o emir de Sicilia Ahmad al-Ahkal na súa loita contra o seu irmán Abu Hafs; inicialmente conséguelle numerosas vitorias pero desiste da empresa e volve ao continente con quince mil cristiáns, liberados ou rescatados[20].
O ducado normando
editarNo 1039 Guaimaro IV, príncipe de Salerno e aliado bizantino, manda aos cabaleiros normandos guiados por Guillerme de Hauteville a Reggio. Alí únense ao exército do Capatano de Italia Xurxo Maniaces, composto tamén de tropas italianas e longobardas que parte de Reggio e conquista unha ducia de cidades sicilianas, entre elas Siracusa. O exército está tamén apoiado cunha frota ao mando do emperador Miguel IV, o patricio Estevo[20].
Sobre o ano 1050 Robert Guiscard chega a Calabria, onde comeza a facer correrías; no 1052 os normandos saen vencedores nun encontro coas tropas imperiais preto de Crotone. Robert, xa co seu irmán Roxerio, inicia no 1056 un plano sistemático de conquista da rexión[21]. Sucesivamente conquista Catanzaro e pasa a ferro e fogo a provincia de Reggio Calabria, pero non dá conquistado a cidade. Volve no 1059 e xunto co seu irmán cerca Reggio, que cede a condición de que os dous funcionarios bizantinos máis importantes fiquen libres de marcharen, cousa que Roberto acepta[22]: os exiliados de Reggio establécense ao primeiro no castelo de Squillace, que foi cercado por Roxerio polo cal os soldados bizantinos embarcan co favor da noite cara Constantinopla, despois do cal a cidade se rende ao normando. Coa caída de Reggio, Guiscard foi proclamado oficialmente duque, título confirmado en agosto polo papa Nicolao II en Melfi, que nomea a Robert duque de Puglia, Calabria e Sicilia[23].
O ano 1061 sanciona que a Calabria é dos normandos, subdividida entre Robert, duque de Calabria, e Roxerio, Conde de Calabria. O dominio estendeuse ás Apulias e desde este momento remata toda pertenza a Bizancio.
- Robert confirma en Reggio a capital do seu ducado de Calabria, restaura a cidade, fortifícaa e expande a muralla, converténdoa na próspera sede do giustizierato di Calabria;
- Roxerio é conde de Calabria e, xa que logo, vasalo do seu irmán Robert, con sede en Mileto que adquire o Bispado de Vibo e Tauriana (hoxe fracción de Palmi).
No mesmo ano o sarraceno Betameno, expulsado de Catania, refúxiase en Reggio pedindo axuda aos normandos, mentres algúns líderes mesinenses ceden a súa cidade aos normandos.
Para evitar futuros problemas bélicos cos bizantinos en Calabria, no 1081 Robert ataca Constantinopla, pero atopa a morte alí (1085). Sucédeo o fillo, Roxerio, ao que lle compete a administración de Reggio, que fica como capital e sede do ducado de Calabria.
No 1088 o sarraceno Bonavert de Siracusa desembarca en Reggio destruíndo o mosteiro de San Nicolao na Punta Calamizzi e a igrexa de San Xurxo, danando as imaxes dos santos, pero Roxerio contraataca e persegue a Bonavert, mátao en batalla e conquista Siracusa. Por esta vitoria os de Reggio adoptan a San Xurxo como protector, mesmo chega a dicirse que o santo teríalle axudado a Roxerio contra Bonavert.
Tras algúns anos o duque Roxerio e o papa Urbano II convencen a Bruno de Colonia para que acepte a cadeira bispal de Reggio (no 1090 os cóengos da cidade elixen a Bruno arcebispo), pero máis tarde deixa a mitra por amor á súa vocación contemplativa e co desexo de volver o antes posíbel a soidade.
No 1121 xorden hostilidades entre Roxerio II conde de Sicilia e o curmán Guillerme, novo duque de Calabria; o enfrontamento resolveuno o papa Calisto II, que dá pacificado os dous rivais facendo que chegase a un acordo, segundo o cal o conde de Sicilia había procurar ao curmán un escuadrón de cabaleiros cos que puidese reprimir a revolta do barón Xordano de Ariano. A cambio, Guillerme abandona as súas posesións en Sicilia e Calabria. Roxerio II, xa príncipe de Salerno, chega a Reggio e é recoñecido como duque de Calabria e de Puglia, conde de Sicilia con dominio sobre Amalfi e Gaeta, sobre parte de Nápoles, sobre Taranto, Capua e Abruzzi.
No 1131, Roxerio II é coroado como Rei de Sicilia e transfire a súa sede de Reggio a Palermo.
Na reorganización do Reino que fixo o rei Roxerio no 1147 a Calabria foi dividida en dos Giustizierati, ambos os dous dependentes dun Maestro Giustiziere:
Os anxevinos e os aragoneses
editarSo o dominio primeiro dos anxevinos e despois dos aragoneses o ducado de Calabria herda a subdivisión precedente nas dúas provincias:
- Ultra Naethum, con capital alternativamente en Reggio e Catanzaro[24].
- Citra Naethum, con capital en Cosenza.
Na dúas provincias distinguían entre terras e cidades feudais (entre estas Catanzaro, Crotone, Squillace) e terras de reguengo.
No 1307 Carlos II de Anjou concedeu ao seu fillo Roberto o título de duque de Calabria e desde aquela todos os que posteriormente herdaron o trono asumiron o título O ducado fornecía aos príncipes ingresos abondos para a súa corte e mesmo chegou a suceder que fose gobernado por un vicerrei.
Cidades de reguengo, ou sexa en poder directo do soberano, foron Reggio e Cosenza, comprendidos os seus casaríos: neles o rei estaba representado por un "capitán da fortaleza" e elixían alcaldes e maxistrados.
Baixo o aspecto político a Calabria estábase asentando, malia que no 1313 Reggio acolleu a Frederico III de Sicilia, desembarcado en armas e no 1319 rebelábase aínda conta o rei de Nápoles.
Lista dos condes e duques de Puglia e Calabria.
editarO seguinte é un elenco cronolóxico dos condes e duques de Puglia e Calabria, que reinaron sobre as rexións do Mezzogiorno entre os séculos XI e XII. O fundador do condado foi o príncipe Guaimaro IV de Salerno, que foi proclamado duque de Puglia e Calabria polos seus vasalos normandos. En cambio, Guaimaro nomeou conde de Melfi a Guillerme Brazo de Ferro, xefe da casa de Hauteville e líder dos normandos.
No 1047, o emperador Henrique III privou a Guaimaro do título ducal e consagrou ao sucesor de Guillerme, Drogón, á fronte do ducado co título de Dux et Magister Italiae Comesque Normannorum totius Apuliae et Calabriae (Duque e Mestre de Italia, conde dos normandos de toda Puglia e Calabria), vasalo directo da coroa imperial.
Condes de Puglia
editar- Véxase tamén: Condado de Puglia.
- Guillerme I Brazo de Ferro 1042-1046.
- Drogón 1046-1051.
- Umfredo 1051-1057.
- Robert Guiscard 1057-1059.
Consonte o Concordato de Melfi, o 23 de agosto de 1059 o papa Nicolao II nomeou a Robert duque de Puglia, Calabria e Sicilia, recoñecéndolle de antemán tamén a futura conquista de Sicilia.
Duques de Puglia e Calabria
editarDurante o período 1046-1059 o condado está sometido a vasalaxe directo da parte do emperador .
No 1127 o ducado foi anexionado ao condado de Sicilia. O título ducal foi atribuíuselle daquela ao herdeiro ao trono siciliano.
- Roxelio II 1127-1134, tamén Rei de Sicilia (1130-1154).
- Roxerio III 1134-1148, fillo do anterior, oposto a
- Rainulfo Drengot de Alife 1137-1139 investido co ducado ao primeiro conxuntamente polo papa Inocencio II e polo emperador Lotario III, e logo (para garantir calquera outra dúbiza razoábel sobre a formalidade e e a lexitimidade xurídica da investidura) só polo emperador Lotario III.
- Guillerme III 1148-1154, tamén Rei de Sicilia (Guillerme I o Malo, 1154-1166).
- Roxerio IV 1154-1161, fillo do anterior.
Despois da morte de Roxerio IV, o título permaneceu vacante. Foi empregado de novo para Guillerme II, morto prematuramente, e para Guillerme III (1189), fillo de Tancredo de Sicilia.
- Roxerio V 1189-1193.
- Frederico II de Suevia do Sacro Romano Imperio como último descendente dos Hauteville nas súas doazóns utiliza para si mesmo o título de duque de Apulia xunto co de rei de Sicilia e Príncipe de Capua.
Duques das Puglias
editar- Emanuele Filiberto de Savoia-Aosta do 1873 ao 1890.
- Amedeo de Savoia-Aosta (1898-1942) do 1898 ao 1931.
- Amedeo de Savoia-Aosta (1943) do 1943 ao 1948.
- Aimone de Savoia-Aosta (1967) do 1967 ao 2006 (contestado).
Notas
editar- ↑ No 737 no concilio de Constantinopla, participan Constantino de Reggio, Estevo de Vibo, Teodoro de Tropea, Serxio de Nicotera, Teotimo de Crotone, Teodoro de Taureana e Cristofaro de Gerace (Ombre della Storia. Santi dell'Italia ortodossa, páx. 113).
- ↑ Potere e monachesimo, páx. 4
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Potere e monachesimo, páx. 6
- ↑ Bisanzio in Sicilia e nel sud dell'Italia, páx. 63
- ↑ Bisanzio in Sicilia e nel sud dell'Italia, páx. 58
- ↑ Potere e monachesimo, páx. 23-24
- ↑ Potere e monachesimo, páx. 26-27
- ↑ Situada a aproximadamente 10 km no monte de Reggio nun pico illado que domina as actuais localidades de Cataforio e San Salvatore e o curso do Sant'Agata (A.M. Di Lorenzo, Un secondo manipolo di monografie e memorie reggine e calabresi, Siena, tip. S. Bernardino ed., 1895; cfr. tamén A.M. Di Lorenzo, Le quattro Motte estinte presso Reggio de Calabria. Descrizione, memorie e documenti, Siena, tip. S. Bernardino ed., 1891)
- ↑ 9,0 9,1 Potere e monachesimo, páx. 28
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Potere e monachesimo, páx. 30
- ↑ Storia della marineria bizantina, páx. 135
- ↑ Bisanzio in Sicilia e nel sud dell'Italia, páx. 65
- ↑ Bisanzio in Sicilia e nel sud dell'Italia, páx. 88-89; Potere e monachesimo, páx. 8; I bizantini in Italia, páx. 210
- ↑ Potere e monachesimo, páx. 33
- ↑ Potere e monachesimo, páx. 31
- ↑ I bizantini in Italia, páx. 181
- ↑ I bizantini in Italia, páx. 185
- ↑ L'Italia Bizantina, páx. 348
- ↑ I bizantini in Italia, páx. 186
- ↑ 20,0 20,1 I bizantini in Italia, páx. 187
- ↑ I bizantini in Italia, páx. 197
- ↑ I bizantini in Italia, páx. 198
- ↑ Potere e monachesimo, páx. 10; I bizantini in Italia, páx. 198-199
- ↑ Della Calabria illustrata, páx. 641
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Adele Cilento, Bisanzio in Sicilia e nel sud dell'Italia, Magnus Edizioni SpA, Udine, 2005, ISBN 88-7057-196-3.
- Adele Cilento, Potere e monachesimo. Ceti dirigenti e mondo monastico nella Calabria Bizantina (secc. IX-XI), Nardini, 2001, ISBN 88-404-2422-9
- Giorgio Ravegnani, I bizantini in Italia, il Mulino, Bologna, 2004, ISBN 88-15-09690-6
- Giovanni Fiore, Della Calabria illustrata, curato da Nisticò U., Rubbettino, 2001, ISBN 88-498-0196-3
- Andrea Guillou, Filippo Bulgarella, L'Italia Bizantina. Dall'Exarcado di Ravenna al tema de Sicilia, UTET Libreria, Torino, 1988, ISBN 88-7750-126-X
- Antonio Carile e Salvatore Cosentino (a cura di), Storia della marineria bizantina, Editrice Lo Scarabeo, Bologna, 2004, ISBN 88-8478-064-0
- Antonio Monaco, Ombre della storia. Santi dell'Italia ortodossa, Asterios Editore, Trieste, 2005, ISBN 88-86969-81-3