Os themas ou themata (en grego θέματα; singular θέμα thema) do Imperio bizantino eran unidades administrativas establecidas a partir dunha reforma promulgada polo emperador Heraclio no século VII.

Os themata circa 950

Descrición de themata

editar

Un thema era cada unha das divisións administrativas do territorio do Imperio Romano (Bizantino). Foron establecidos no século VII, a raíz das numerosas perdas territoriais sufridas polo Imperio fronte aos musulmáns. Así, a súa orixe debeuse ante todo á necesidade de asentar nelas aos soldados procedentes dos territorios perdidos. Ademais, a súa creación supuxo a progresiva desaparición das divisións anteriores - as provincias -.

En cada thema, os soldados eran aínda tecnicamente unha unidade militar, baixo o mando dun estratego, unha autoridade civil e militar. Eles non eran propietarios da terra, traballábana e esta era controlada polo Estado. Por iso, o seu uso polos soldados tiña un pago que era reducido. Ao aceptar estas proposicións, os participantes accedían a que os seus descendentes tamén traballarían no exército e nunha thema. Deste xeito o Estado Romano reducía a necesidade de levas impopulares á vez que agrandaba e fortalecía o exército a un baixo custo. Este sistema foi de grande axuda ao poboar territorios recentemente conquistados, ademais os themas podían axiña ser erixidos como unidades militares e sempre se expandían as terras públicas durante unha conquista.

Razóns para as reformas de Heraclio

editar

A finais do século VI e comezos do século VII, o Imperio Romano de Oriente estaba ameazado por todas partes. O Imperio sasánida presionaba polo sur e o leste, asaltando Siria, Exipto, e Anatolia. Os ávaros e os eslavos asaltaban Grecia e disputábanse os territorios Balcánicos do Imperio; mentres os longobardos saqueaban libremente o norte de Italia sen ningunha oposición.

Con tantas campañas e frontes por asumir, os gastos medraron e o tesouro imperial esgotouse, por outra banda da cuestionable xestión de Focas facía prever unha rebelión dos seus xenerais, o cal finalmente ocorreu. Baixo estas circunstancias, Heraclio ascendeu ao trono e instituíu as reformas que servirían de columna vertebral do Imperio e das xeracións vindeiras.

As reorganizacións de Heraclio eran moi necesarias. Facendo a guerra simultaneamente no leste e o oeste, o tesouro público estaba baleiro. O problema medrou co incremento das expedicións militares, o que significaba o abandono das terras polo campesiñado debido ás invasións ou a incrementos nos impostos. A poboación agrícola diminuíra moito na Asia Menor, a base do poder imperial. A maioría das grandes cidades foron diminuíndo progresivamente a súa vida urbana, cuxa poboación volvía á agricultura no medio dun panorama de extrema necesidade. Ademais, as ringleiras do exército imperial estaban conformado sobre todo por mercenarios, un claro signo de debilidade. O obxectivo básico das alteracións era o regreso ao sistema militar republicano, cuxa base era o cidadán campesiño armado, que tan ben serviu durante a formación do antigo Imperio Romano universal. Para iso Heraclio comezou distribuíndo a terra aos exércitos e soldados a cambio dun deber militar herditario, diminuíndo dese xeito o gasto do estado en materia militar.

Resultado das reformas

editar

Este sistema de transplante das unidades militares ás terras sen colonizar e a creación dunha legalidade inherente do Estado con cada goberno ao que os soldados servían, resultou no fortalecemento do imperio. Nas décadas vindeiras, os sasánidas retiráronse, os eslavos e avaros foron reducidos e as rebelións dentro do imperio deixaron de ser comúns. A estrutura dos themata militares salvou o Imperio Romano de Oriente da súa destrución, e proporcionoulle estabilidade durante varios séculos. O prezo que se pagou pola supervivencia foi a militarización xeral da sociedade e o declive das institucións e cultura civil. Por esta razón, a introdución dos themata considerouse como o fin da antigüidade e o comezo da Idade Media no Imperio. Con todo, na Romania, nunca se reduciu aos campesiños, granxeiros e produtores agrícolas ao status de servos, como si aconteceu no Oeste Europeo.

Co tempo, o sistema de themas xerou familias aristocráticas como os Focas, profundamente afianzados dentro do imperio, cos seus exércitos privados. Estas familias eran practicamente autónomas, e legalmente tiñan tropas de seu en lugar de para o emperador, polo cal a miúdo desafiaban ou mesmo usurpaban a autoridade imperial.

Organización dos themata

editar
 
Os themata bizantinos circa 650

Heraclio orixinariamente dividiu os territorios existentes do imperio en cinco themata. Estaba o Armenio (en 667), o Anatólico (en 669), o Opsicio, o Carabisiano e o Tracio (este tres en 680). O thema armenio estivo orixinalmente composto do Ponto e Capadocia, espallándose dende Sínope até Trebisonda no mar Negro e estendéndose até terra firme en Cesárea (en termos actuais comprendería a maioría do cuarto nordés da Turquía.

O thema Tracio orixinalmente constaba dunha franxa de territorio que abrazaba a costa desde Dirraquio en Tracia, comprendendo a maioría de Grecia, Albania e da Turquía europea, incluíndo Constantinopla. O thema Opsicio estaba composto de toda Bitinia e Paflagonia, estendéndose dende Abidos nos Dardanelos até Sínope no mar Negro e terra firme en Ancara (a maior parte do cuadrante noroeste da actual Turquía asiática). O cuadrante suroeste da actual Turquía estaba dividida entre os themata Anatólico e Carabisiano. O thema Carabisiano era unha estreita franxa territorial que comprendía a provincia costeira de Panfilia e a illa de Rodas. O thema Anatólico rodeaba o thema Carabisiano e orixinalmente formábano as provincias de Licia, Frixia, Pisidia e partes de Galacia e Isauria (abranguía dende o territorio de Esmirna até Iconio, e do Mediterráneo até Marsin, cara ao leste). Este cinco thematas orixinais foron subdivididos máis tarde e engadíronse ao imperio novos themas durante a expansión territorial levada a cabo durante os séculos IX e X.

Orixes dos themata

editar

Cada un dos cinco themata orixinais foron formados polos primeiros exércitos móbiles do Imperio. Como o imperio reduciuse, a maioría dos exércitos retiráronse a novos territorios no interior. Heraclio asignou a cada exército móbil unha parte de Anatolia. Xa que o idioma do imperio estaba a mudar do latín ao grego os themas adquiriron nomes helenizados.

O thema de Opsikión estivo formado polos exércitos do emperador, o cal coñeceuse posteriormente coma o Obsequium. O exército do emperador asentouse no sur de Tracia e noroeste de Anatolia, preto da capital, Constantinopla e isto deu lugar á formación do thema de Opsikión.

O exército armenio converteuse no thema dos Armenios, establecéndose na maior parte do seu territorio orixinal no leste de Anatolia, ao oeste do protectorado armenio. O exército do leste o cal formalmente defendía as provincias romanas de Siria e Palestina, retiráronse daquelas áreas cando foron perdidas primeiro ante os persas (614) e despois ante os árabes (638). Establecéronse no centro de Anatolia e se transformaron no Thema de Anatolia. O exército tracio, deu orixe ao thema dos Tracesios, e ocuparon o oeste de Anatolia cando Heraclio abdicou (641). O emperador Constante II tamén creou un corpo de mariños, o que deu orixe ao thema de Kibirras (de karabis, barco en grego), e tivo como base naval as illas do Exeo e na costa sur de Anatolia. Esta parece que se formou cos restos do exército de Ilírico, cuxo territorio incluía Grecia.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar