Amalfi

comuna italiana

Amalfi é un concello italiano da provincia de Salerno, na rexión de Campania. Ten 5.480 habitantes (en 2004) e esténdese por unha área de 6 km², cunha densidade de poboación de 904 hab/km².

Amalfi

Fai fronteira cos concellos de Agerola (NA), Atrani, Conca dei Marini, Furore e Scala.

Historia Editar

Os primeiros testemuños da cidade datan do século VI, no século IX convértese nunha república marítima que rivalizaba con Pisa, Venecia e Xénova polo control do Mediterráneo e a hexemonía do comercio de gran, escravos e sal. O seu código marítimo, Tavole Amalfitane, foi recoñecido no Mediterráneo ata 1570. O máximo esplendor conseguiuno no século XI, aínda que decae rapidamente, no ano 1131 foi conquistada polo normando Roger II de Sicilia, e en 1135 e 1137 foi saqueada polos pisanos. En 1343 un maremoto destrúe gran parte da cidade.

Arquitectura Editar

 
Chiostro del paradiso

Destaca a catedral, en estilo árabe-siciliano. Comenzada no século XI, distínguese pola súa impoñente fachada, as portas en bronce realizadas o 1066 en Constantinopla e polo fermoso Coro do Paraíso.