Deuses olímpicos

(Redirección desde «Deuses gregos»)

Na mitoloxía grega, os deuses olímpicos son as deidades maiores do pantéon grego, entrando nesta consideración Zeus, Hera, Poseidón, Deméter, Atenea, Apolo, Ártemis, Ares, Afrodita, Hefesto, Hermes e Hestia e Dioniso.[2] Eventualmente, Hades, Perséfone, Heracles ou Asclepio foron considerados como membros dos deuses olímpicos (principalmente debido á influencia dos Misterios eleusinos), mais Hades foi excluído porque residía no inframundo e nunca visitou o Monte Olimpo.

Fragmento dun relevo helenístico (século-I – século I) representando ós doce olímpicos portando os seus atributos en procesión; de esquerda a dereita, Hestia (maza), Hermes (gorro alado e bastón), Afrodita (cun veo), Ares (casco e lanza), Deméter (cetro e presa de trigo), Hefesto (bastón), Hera (maza), Poseidón (tridente), Atenea (bufo e casco), Zeus (raio e bastón), Ártemis (arco) e Apolo (lira).[1]

Os doce olímpicos editar

Os doce olímpicos, tamén coñecidos como Dodekatheon (grego: Δωδεκάθεον,δώδεκα, dōdeka, "doce"+ θεοί, theoi, "deuses"), eran as principais deidades que residían no mítico Monte Olimpo. Os olímpicos acadaron a vitoria na Titanomaquia, a guerra na que Zeus liderou ós seus irmás cara a vitoria sobre os titáns.

Lista de olímpicos editar

Olímpicos maiores editar

Nome grego Nome romano Imaxe Funcións e atributos
Zeus Xúpiter   Rei dos deuses e gobernante do Monte Olimpo; deus do ceo e do trono. É o fillo máis novo dos Titáns Cronos e Rea. É irmán e marido de Hera, mais tivo moitas outras amantes. Irmán de Poseidón e Hades. Os seus símbolos son o raio, a aguia, o carballo, a maza e a báscula.
Hera Xuno   Raíña dos deuses e protectora do matrimonio e a familia. Os seus símbolos son o pavón, a granada, a coroa, o cuco, o león e a vaca. Filla máis nova de Cronos e Rea. Irmá e muller de Zeus. Sendo a deusa do matrimonio, frecuentemente intentou vingarse das amantes de Zeus e dos seus fillos.
Poseidón Neptuno   Deus dos mares, os terremotos e os maremotos. Os seus símbolos son o cabalo, o touro, o golfiño e o tridente. Fillo mediano de Cronos e Rea. Irmán de Zeus e Hades. Casado coa nereida Anfitrite, mais tivo tamén outras amantes.
Deméter Ceres   Deusa da fertilidade , a agricultura, a natureza e as estacións. Os seus símbolos son a papoula, o trigo, o facho e o porco. Filla mediana de Cronos e Rea.
Atenea Minerva   Deusa da sabedoría, a artesanía, a defensa e a guerra estratéxica. Os seus símbolos son o bufo e a oliveira. Filla de Zeus e da oceánide Metis, xurdiu da testa do seu pai sendo adulta e coa armadura de batalla posta.
Apolo Apolo (ou Febo)   Deus da luz, o coñecemente, a curación, as pragas e a escuridade, as artes, a música, a poesía, a profecía, a arquería, o sol, a xuventude e a beleza. Fillo de Zeus e Leto e irmán xemelgo de Ártemis. Os seus símbolos son o sol, a lira, o arco e frecha, o corvo, o golfiño, o lobo, o cisne e o rato.
Ártemis Diana   Deusa da caza, a virxindade, a infancia, a arquería, a lúa e os animais. Os seus símbolos son a lúa, o cervo, o can de caza, a osa, a cobra, o ciprés e o arco coa frecha. Filla de Zeus e Leto e irmá xemelga de Apolo.
Ares Marte   Deus da guerra, a violencia e o derramamento de sangue. Os seus símbolos son o xabaril, a cobra, o can, o voitre, a lanza e o escudo. Fillo de Zeus e Hera, tódolos outros deuses (agás Afrodita) desprézano.
Afrodita Venus   Deusa do amor, a beleza e o desexo. Os seus símbolos son a pomba, o paxaro, a mazá, a abella, o cisne, o mirto e a rosa. Filla de Zeus e a oceánide Dione, ou tamén nada do mar produto do seme de Urano que foi castrado polo seu fillo máis novo, Cronos, quen guindou os xenitais do seu pai ó mar. Casada con Hefesto, tivo numerosos amantes, entre eles Ares.
Hefesto Vulcano   Mestre ferreiro e artesán dos deuses; deus do lume e da forxa. Os seus símbolos son o lume, a bigornia, a machada, o burro, o martelo, as tenaces e o paspallás. Fillo de Hera e casado con Afrodita.
Hermes Mercurio   Mensaxeiro dos deuses; deus do comercio, dos ladróns e os xogos. Os seus símbolos son o caduceo (bastón con dúas cobras), as sandalias e a gorra aladas, a cegoña e a tartaruga. Fillo de Zeus e da ninfa Maia.
Hestia Vesta   Deusa do corazón e da familia; foi unha das deusas da primeira xeración de olímpicos, ata que lle cedeu o seu trono a Dioniso para manter a paz, o que a converteu na máis xenerosa e xentil dos deuses. É a primeira dos fillos de Cronos e Rea, irmá máis vella de Hades, Deméter, Poseidón, Hera e Zeus.
Dioniso Baco   Deus do viño, as celebracións e a éxtase. Deus patrón da arte do teatro. Os seus símbolos son as uvas, a hedra, o vaso, o tigre, o leopardo, o golfiño, a cabra e a piña. Fillo de Zeus e da princesa de Tebas Sémele. Casado coa princesa de Creta Ariadna.

Outros olímpicos editar

Os seguintes deuses e deusas son ás veces incluídos como un dos doce olímpicos.

Nome grego Nome romano Imaxe Funcións e atributos
Hades Plutón (tamén Orcus ou
Dis Pater)
  Deus do Inframundo, a morte e as riquezas baixo a terra; naceu na primeira xeración de olímpicos, sendo o irmán máis vello de Zeus e Poseidón, e irmán máis novo de Hestia. Como vive no Inframundo e non no Monte Olimpo, non é incluído entre os doce olímpicos.
Heracles Hércules   Un heroe divino, fillo de Zeus e Alcmena, fillo adoptivo de Ampfitrión e bisneto de Perseo. Foi o máis grande dos heroes gregos, o parangón da masculinidade e campión dos olímpicos contra os titáns.
Perséfone Proserpina   Raíña do Inframundo e filla de Deméter e Zeus. Tamén é deusa da primavera. Converteuse na consorte de Hades, o deus do Inframundo, cando foi secuestrada por el.
Asclepio Esculapio   Deus da medicina. Representa o aspecto da curación das artes médicas; as súas fillas son Hygieia ("Saúde"), Iaso ("Medicina"), Aceso ("Curación"), Aglæa/Ægle ("resplandor saudable") e Panacea ("remedio universal"). É fillo de Apolo e Coronis.
Eros Cupido   Deus do amor sexual e da beleza. Tamén foi adorado como deidade da fertilidade. Fillo de Afrodita e Ares. É representado portando unha lira ou cun arco e frechas. Tamén é acompañado por golfiños, rosas e fachos.
Hebe Iuventas   Filla de Zeus e Hera. Hebe era a copeira dos deuses do Monte Olimpo, servindo o néctar e a ambrosía, ata que casou con Heracles.
Pan Fauno ou
Silvano
  Deus da natureza, o salvaxe, os pastores e os rabaños, as montañas, a caza, o bosque e a música rústica.

Notas editar

  1. Walters Art Museum, accession number 23.40 Arquivado 09 de novembro de 2013 en Wayback Machine..
  2. Hansen, p. 250; Burkert, pp. 125 ff.; Dowden, p. 43; Chadwick, p. 85; Müller, pp. 419 ff.; Pache, pp. 308 ff.; Thomas, p. 12; Smith, p. 362.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burkert, Walter, Greek Religion, Wiley-Blackwell, 1991. ISBN 978-0-631-15624-6.
  • Chadwick, John, The Mycenaean World, Cambridge University Press, 1976. ISBN 9780521290371.
  • Dowden, Ken, "Olympian Gods, Olympian Pantheon", in A Companion to Greek Religion, Daniel Ogden editor, John Wiley & Sons, 2010. ISBN 9781444334173.
  • Evelyn-White, Hugh, The Homeric Hymns and Homerica with an English Translation by Hugh G. Evelyn-White. Homeric Hymns. Cambridge, MA.,Harvard University Press; Londres, William Heinemann Ltd. 1914.
  • Hansen, William, William F. Hansen, Classical Mythology: A Guide to the Mythical World of the Greeks and Romans, Oxford University Press, 2005. ISBN 9780195300352.
  • Morford, Mark P. O., Robert J. Lenardon, Classical Mythology, Eighth Edition, Oxford University Press, 2007. ISBN 978-0-19-530805-1.
  • Müller, Karl Otfried, Ancient Art and Its Remains: Or, A Manual of the Archaeology of Art, translated by John Leitch, B. Quaritch, 1852.
  • Ogden, Daniel "Introduction" to A Companion to Greek Religion, Daniel Ogden editor, John Wiley & Sons, 2010. ISBN 9781444334173.
  • Pache, Corinne Ondine, "Gods, Greek" in The Oxford Encyclopedia of Ancient Greece and Rome, Volume 3, Oxford University Press. 2010. ISBN 9780195170726.
  • Pindar, Odes, Diane Arnson Svarlien. 1990.
  • Rutherford, Ian, "Canonizing the Pantheon: the Dodekatheon in Greek Religion and its Origins" in The Gods of Ancient Greece: Identities and Transformations, editors Jan N. Bremmer, Andrew Erskine, Edinburgh University Press 2010. ISBN 978-0748637980.
  • Smith, Tyler Jo, Dimitris Plantzos, A Companion to Greek Art, editors Tyler Jo Smith, Dimitris Plantzos, John Wiley & Sons, 2012. ISBN 9781118273371.
  • Thomas, Edmund, "From the pantheon of the gods to the Pantheon of Rome" in Pantheons: Transformations of a Monumental Idea, editors Richard Wrigley, Matthew Craske, Ashgate Publishing, Ltd., 2004. ISBN 9780754608080.