Abrir o menú principal

Deportivo da Coruña Feminino

(Redirixido desde "Deportivo ABANCA")

O Real Club Deportivo da Coruña Feminino é un equipo de fútbol feminino español da cidade da Coruña que milita na Primeira División, logo de ascender na tempada 2018–19. Actualmente tamén recibe o nome de Deportivo ABANCA por razóns de patrocinio.

Deportivo da Coruña feminino
Medalla de Galiza.svg
Escudo Real Club Deportivo da Coruña.jpg
NomeReal Club Deportivo da Coruña, S.A.D.
Alcume(s)Dépor, Branquiazuis,
Herculinas, As Nosas
Fundación2016 (3 anos)
EstadioCidade Deportiva de Abegondo,
Abegondo, Galicia
Capacidade2.430
PresidenteGalicia Paco Zas
AdestradorEspaña Manu Sánchez
LigaPrimeira División
2018–19 (Segunda División)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira
Tempada actual

Foi refundado en 2016 grazas a un convenio de colaboración[1] entre o Orzán S.D. e o Real Club Deportivo da Coruña. A entidade branquiazul adquiriu as prazas de Segunda división e Primeira autonómica (para o filial) para os seus dous novos equipos, aos que engadiu o seu nome, marca e distintivos identitarios; a cambio, firmáronse diferentes acordos deportivos, estruturais e económicos cos clubs de referencia da cidade co obxectivo de favorecer o crecemento do fútbol feminino.

Este novo proxecto continúa os pasos do pioneiro, exitoso e histórico Karbo Deportivo, equipo coruñés da década dos 80 campión ata en tres ocasións da Copa da Raíña.

HistoriaEditar

Karbo Deportivo (1980-1988)Editar

O Karbo Deportivo foi a denominación do equipo feminino do Real Club Deportivo da Coruña dende o ano 1980 ata o ano 1988. Durante estes anos o equipo coruñés foi un referente en toda España resultando campión ata en tres ocasións da Copa da Raína.

Debut (2016/2017)Editar

O equipo deu os seus primeiros pasos no verán de 2016. Un cadro composto por xogadoras dos principais equipos coruñeses e algunhas das mellores promesas do fútbol galego (Teresa Abelleira, Nuria Rábano ou Raquel Béjar).[2] A través da profesionalización, a idea era crear un bloque novo co que ir medrando ata acadar o grande obxectivo da entidade, o ascenso a Liga Iberdrola.

O debut tivo lugar o 30 de xullo na Cidade Deportiva de Abegondo nun amigable contra o Portonovo S.D. (4-0).[3]

Durante a pretempada, o Dépor disputou a Copa Deputación da Coruña, torneo que reúne os mellores equipos clasificados da provincia a tempada anterior. Acadou o título logo de gañar todos os partidos con solvencia, incluída a final ante o S.D. O Val (7-0),[4] deixando entrever o potencial do novo proxecto. Ese mesmo verán o equipo xogou o seu primeiro partido en Riazor para disputar a IV edición do trofeo Teresa Herrera; torneo que sumaron[5] ao seu palmarés ao derrotaren nos penaltis ao Villarreal Club de Fútbol.

O primeiro partido oficial do club foi ante o Oviedo Moderno (actual Real Oviedo) no Estadio Ponte dos Brozos de Arteixo o 4 de setembro de 2016 (0-0).[6]

A tempada regular foi dominada polas favoritas a priori, o Real Oviedo. As branquiazuis aguantan o tirón e a metade de ano reforzáronse coas primeiras xogadoras internacionais (as venezolanas Gabriela García "Gaby" e Lourdes Moreno "Kika"[7]) pero as ovetenses non cederon e leváronse finalmente o campionato.[8] As herculinas acadaron na súa primeira tempada un meritorio segundo posto, superando a clubs con máis experiencia e bagaxe na competición.

Consolidación (2017/2018)Editar

A segunda tempada arrincou cos mesmos obxectivos. O club reforzouse con xogadoras con nome na categoría e que incluso xogaran na Primeira división (Iris Arnaiz[9] ou Ainize Barea "Peke"[10]) para dotar o cadro de xogadoras de experiencia e afrontar con garantías os encontros máis intensos do ano. Ademais de sumar á causa algunhas das xogadoras galegas máis prometedoras (Laura Vázquez[11] ou Patricia Díaz[12]).

En pretempada, o Dépor volveu gañar a Copa Deputación ante o Victoria C.F. (3-0).[13]

A competición ligueira igualouse e foi un cara a cara entre o Dépor e o Real Oviedo desde a primeira xornada. Ambos os equipos contaron os seus partidos por vitorias e ningún mostrou síntomas de debilidade. Foi tal a igualdade que a liga se decidiu a falta de catro xornadas, nun dramático encontro entre ambas as entidades no que as coruñesas, con todo a favor, sucumbiron na casa ante as asturianas (0-2),[14] perdendo así todas as opcións de loitar polo ascenso a Primeira división.

A pesar da decepción, o equipo rematou a tempada no alto facéndose coa primeira edición da Copa Galicia fronte ás viguesas do Atlántida Matamá (4-0).[15]

Consagración e ascenso a Liga Iberdrola (2018/2019)Editar

O terceiro ano afrontouse coa experiencia dos triunfos e as derrotas. O club deu un paso máis e fichou xogadoras da talla de Alba Merino,[16] Ali Muñoz[17] ou Maya Yamamoto,[18] futbolistas cun gran percorrido profesional na máxima categoría nacional.

O salto de calidade comezou a apreciarse na Copa Deputación onde o equipo volveu a saír vencedor, de novo, ante o Victoria C.F. (4-0).[19]

A tempada regular iniciouse cun empate na casa (2-2)[20] ante o PM Friol CD Lugo que prendeu todas as alarmas e vaticinou un novo ano á estela dun Real Oviedo que domina no grupo 1 de Segunda división pero non acada o ansiado ascenso. Porén, o equipo dirixido por Manu Sánchez pisou o acelerador e encadeou 23 vitorias consecutivas, unha delas no campo das favoritas (1-3)[21] que serviu para redimirse do tropezo sufrido meses atrás. Ante este nivel de esixencia cada semana o Real Oviedo rematou por ceder. O Dépor fíxose co seu primeiro campionato de liga o 31 de marzo de 2019 contra o Sárdoma C.F. (0-5),[22], obtendo así o seu primeiro pase á fase de ascenso a Primeira división 30 anos despois; as xogadoras branquiazuis escribían unha nova folla de ouro na historia do club e do fútbol feminino coruñés.

O equipo cruzouse na primeira fase do 'playoff' de ascenso a Liga Iberdrola co Alhama CF, ao que gañou a domicilio grazas a un gol de Maya Yamamoto, sentenciando a eliminatoria no partido de volta cun contundente 5-1 ante un cheo histórico na Cidade Deportiva de Abegondo. Na segunda fase do playoff o Deportivo ABANCA enfrontouse ao CD Femarguín, ao que venceu 2-0 na casa e 1-4 a domicilio, acadando así o ascenso a Liga Iberdrola o 19 de maio de 2019.

TraxectoriaEditar

Tempada Liga Copa
da Raíña
Copa
Galicia
Copa
Deputación
Adestrador Presidente
Competición Posición X G E P GF GC Ptos
2016/2017 2ªD 26 21 2 3 120 19 65 - - Manu Sánchez Tino Fernández
2017/2018 2ªD 26 24 1 1 155 11 73 - Manu Sánchez Tino Fernández
2018/2019 2ªD 26 25 1 0 150 13 76 - Manu Sánchez Tino Fernández
2019/2020 1ªD 7 6 1 0 17 6 19 - - Manu Sánchez Paco Zas
Datos actualizados a 19 de outubro de 2019.
1ªD Primeira División 2ªD Segunda División Grupo 1 LG Liga Galega
  • A Copa Deputación de A Coruña comezou a disputarse na tempada 2016/2017.
  • A Copa Galicia comezou a disputarse na tempada 2017/2018.

EstadioEditar

Artigo principal: Cidade Deportiva de Abegondo.

Tanto o primeiro equipo como o filial xogan os seus partidos na Cidade Deportiva de Abegondo. O complexo deportivo da entidade foi inaugurado en 2003 e conta con ata 14 campos de fútbol.

Cadro de xogadorasEditar

Categoría principal: Xogadoras do Deportivo da Coruña Feminino


Cadro 2019/20Editar

Posto País Xogador
1 POR   Esther Sullastres
13 POR   María Isabel Rodríguez "Misa"
25 POR   María Miralles
4 DEF   Silvia Mérida
7 DEF   Miriam Ríos
14 DEF   María Méndez "Pecas"
16 DEF   Laura Vázquez
20 DEF   Noelia Villegas
22 DEF   Cristina Martínez
23 DEF   Patricia Díaz
Posto País Xogador
3 MED   Teresa Abelleira
5 MED   Iris Arnaiz
8 MED   Alba Merino
10 MED   Lourdes Yaurimar Moreno "Kika"
17 MED   Maya Yamamoto
6 DIA   Michelle Yeraldine Romero
9 DIA   Athenea del Castillo
11 DIA   Nuria Rábano
18 DIA   Ainize Barea "Peke"
19 DIA   Gabriela García "Gaby"
21 DIA   Erika Sâmia

Altas e baixas 2019/2020Editar

Altas
Xogadora Posición Orixe Tipo Cobro
  Esther Sullastres Porteira   Zaragoza C.F.F. Fin de contrato -
  Mª Isabel "Misa" Porteira   Atlético de Madrid Libre -
  María Méndez Defensa   Real Oviedo Femenino Fin de contrato -
  Noelia Villegas Defensa   Madrid C.F.F. Fin de contrato -
  Athenea del Castillo Dianteira   CDE Racing Féminas Libre -


Baixas
Xogadora Posición Destino Tipo Cobro
  Malena Mieres Porteira   S.D. Eibar Fin de contrato -
  Patricia Curbelo Porteira   UD Tacuense Fin de contrato -
  Raquel Béjar Defensa - Fin de contrato -
  Rosalía Muíño Centrocampista   South Florida Bulls Libre -
  Alicia Muñoz Dianteira   C.F.F. Cáceres Fin de contrato -


Ademáis Nuria Torres[23] procedente do Atlántida Matamá e Sara Álvarez, defensa/lateral dereito tamén procedente do Atlántida de Matamá incorporaronse ó filial co obxetivo de ter algúns minutos no primeiro equipo.

Categorías inferioresEditar

Real Club Deportivo da Coruña BEditar

O filial deportivista xoga actualmente na Primeira Nacional (Grupo I). Despois de dúos temporadas aspirando ó ascenso na Liga Galega Feminina de Primeira División conseguino na tempada 2018/2019[24][25].

PalmarésEditar

Como Karbo DeportivoEditar

Títulos estataisEditar

  Competición Títulos Subcampionatos
Copa da Raíña (non oficial) 1981[26], 1982
Copa da Raíña 1983, 1984, 1985

Como Deportivo AbancaEditar

Títulos estataisEditar

  Competición Títulos Subcampionatos
Segunda División de España 2018/2019 2016/2017, 2017/2018

Títulos rexionaisEditar

  Competición Títulos Subcampionatos
Copa Galicia (2) 2018[27], 2019
Copa Deputación (4) 2016, 2017, 2018, 2019[28]

Trofeos amigablesEditar

Competición Títulos Subcampionatos
Teresa Herrera (1) 2016[29] 2017, 2018, 2019
Memorial Manuel Fernández Faraldo (1) 2016[30]
Torneo Concello de Friol (1) 2017[31]
Trofeo Villa de Jovellanos (1) 2019[32]

Datos do clubEditar

Datos actualizados a 14 de abril de 2019.

NotasEditar

  1. "El equipo femenino del Dépor nacerá con la estructura del Orzán", artigo en La Voz de Galicia, 25 de febreiro de 2016.
  2. "Raquel e Tere, primeiras xogadoras profesionais do RC Deportivo", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 18 de xaneiro de 2017.
  3. "Primera victoria para el Dépor Femenino", artigo en El Desmarque, 31 de xullo de 2016.
  4. "O Dépor Feminino A gana a Copa Deputación nunha bonita final ante Ou Val", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de setembro de 2016.
  5. "Os penaltis dan o Trofeo Teresa Herrera ao Deportivo Feminino A", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 9 de agosto de 2016.
  6. "RC Deportivo y Oviedo Moderno empatan sin goles en el partido debut de las blanquiazules en Liga 0-0", artigo na web Ellas también juegan, 4 de setembro de 2016.
  7. "As venezolanas Kika Moreno e Gabriela García asinan co Dépor Abanca", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de febreiro de 2017.
  8. "¡El Oviedo Moderno, Campeón de Liga!", artigo en La Voz de Asturias, 23 de abril de 2017.
  9. "El Dépor le roba la brújula al campeón y ficha a Iris Arnáiz", artigo en La Voz de Galicia, 22 de xuño de 2017.
  10. "El Deportivo se refuerza con Peke", artigo en La Opinión, 15 de xuño de 2017.
  11. "Laura Vázquez é a quinta incorporación do Dépor Abanca", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 26 de xuño de 2017.
  12. "Patri Rúa, terceiro reforzo do Dépor Abanca", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 21 de xuño de 2017.
  13. "El Dépor ABANCA vence la Copa Diputación", artigo en El Desmarque, 24 de agosto de 2017.
  14. El Dépor muere en la orilla", artigo en La Voz de Galicia, 25 de marzo de 2017.
  15. "O Deportivo ABANCA gaña a Copa e reina no fútbol feminino galego", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de maio de 2018.
  16. "Alba Merino se convierte en el tercer fichaje del Dépor Femenino", artigo en riazor.org, 1 de xullo de 2018.
  17. "Ali Muñoz, segunda fichaxe do Dépor ABANCA 2018-2019", artigo na web do Real Club Deportivo da Coruña, 27 de xuño de 2018.
  18. "Maya Yamamoto, nueva jugadora del Deportivo Femenino", artigo en riazor.org, 22 de setembro de 2018.
  19. "El Deportivo Femenino, campeón de la Copa Diputación", artigo en riazor.org, 22 de agosto de 2018.
  20. "RC Deportivo Abanca 2 - PM Friol CD Lugo 2", artigo na web oficial do Club Deportivo Lugo, 9 de setembro de 2018.
  21. "El Dépor femenino arrasa en Oviedo y allana su camino hacia Primera", artigo en La Voz de Galicia, 22 de decembro de 2018.
  22. "El Deportivo Femenino golea al Sárdoma y se proclama campeón de Liga", artigo en riazor.org, 31 de marzo de 2019.
  23. https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/deporte/nuria-torres-se-incorpora-al-depor-femenino
  24. https://www.riazor.org/el-femenino-b-pone-el-broche-a-su-gran-temporada-con-el-ascenso/
  25. "Clasificación Segunda división feminina grupo 1 (tempada 2018/19 na web da Federación Galega de Fútbol".
  26. Karbo, de La Coruña, primer campeón nacional, artigo publicado en El Pais, 30 de xuño de 1981
  27. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/torremarathon/2018/05/01/deportivo-campeon-copa-galicia-femenina/00031525197826929666685.htm
  28. "Cuarta Copa Deputación consecutiva para o Dépor ABANCA", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 14 de agosto de 2019.
  29. "Los penaltis dan el Trofeo Teresa Herrera al Deportivo Femenino A" (en castelán). 9 de agosto de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2016. 
  30. Los dos equipos femeninos del Dépor, campeones del Memorial Fernández Faraldo rcdeportivo.es
  31. El Dépor ABANCA, campeón en Friol rcdeportivo.es
  32. O Deportivo ABANCA gana en Xixón o Trofeo Villa de Jovellanos rcdeportivo.es
  33. "El Dépor Femenino arrolla al UD Llanera", artigo en riazor.org, 11 de novembro de 2017.
  34. "El Oviedo frustra el sueño del ascenso del Depor Abanca", artigo en La Opinión, 25 de marzo de 2018.

Véxase taménEditar