Irene Ferreras
Irene Ferreras López de Lamela, nada en Fuenlabrada[1] (Madrid) o 4 de marzo de 1989,[2] é unha exfutbolista e adestradora de fútbol española.
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (mul) Irene Ferreras López de Lamela ![]() 4 de marzo de 1989 ![]() Fuenlabrada, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarComo xogadora
editarComezou a súa carreira futbolística no equipo filial do Rayo Vallecano desempeñando o posto de gardameta,[3] onde chegou a formar parte do primeiro equipo. Pasou polo CF Pozuelo de Alarcón e rematou a súa carreira como futbolista no equipo filial do Atlético de Madrid. Retirouse no ano 2015 por mor dunha hernia de disco que lle impedía competir en condicións axeitadas.[3][4][5]
Como adestradora
editarLicenciouse en ciencias do deporte[6][onde?] e comezou a súa carreira como adestradora no ano 2015 nos equipos femininos do CDE Olímpico e o FF La Solana. Pasou no ano 2017 a adestrar o equipo filial do Rayo Vallecano para coller o ano seguinte o primeiro equipo do Rayo Vallecano da primeira división de fútbol feminino.[7] Continuou a súa carreira na máxima categoría como adestradora no Valencia CF,[7] onde foi destituída antes de rematar a temporada polos malos resultados do equipo.[8] No ano 2019 incorporouse ó corpo técnico do Real Madrid CF como segunda adestradora.[9]
O 1 de xullo de 2022 converteuse en adestradora do Deportivo Abanca da segunda división española de fútbol feminino.[10][11] En abril de 2024, na súa segunda temporada á fronte do equipo,[12] conseguiu o ascenso á Liga F co Deportivo Abanca a falta dunha xornada para a conclusión do campionato,[13][14] finalizando a competición como segundo clasificado tralo equipo filial do Fútbol Club Barcelona.[15] Foi destituída do seu cargo en novembro de 2024 polos malos resultados deportivos, deixando o equipo nos postos de descenso da Liga F tras dez xornadas disputadas.[16]
Incorporouse como independente á candidatura de Rafael Louzán como representante dos adestradores na comisión delegada,[17] e tras ser elixido presidente da RFEF en decembro de 2024, formou parte da xunta directiva.[18]
Palmarés
editarComo xogadora
editarTítulo | Club | Ano |
---|---|---|
Copa da Raíña | Rayo Vallecano | 2008 |
Superliga | 2008/2009 | |
2010/2011 |
Recoñecemento
editarO concello de Fuenlabrada inaugurou no ano 2020 un campo de fútbol municipal no barrio de Loranca que leva o seu nome.[19]
Notas
editar- ↑ Hidalgo 2020, p. 59
- ↑ Antelo, Iván (13-06-2022). "Irene Ferreras dirixirá ao Deportivo Abanca a próxima tempada". La Voz de Galicia. Consultado o 14-06-2022.
- ↑ 3,0 3,1 G. Gil, Aimara (28-09-2019). "Irene Ferreras: "No le doy relevancia a la clasificación"". As (en castelán). Consultado o 03-07-2022.
- ↑ Álvarez, Itsaso (19-03-2020). "Siete grandes futbolistas de las que hablar con tus hijas". El Correo (en castelán). Consultado o 03-07-2022.
- ↑ Griñán, Marta (17-02-2021). "Irene Ferreras y la incipiente llegada de la mujer al banquillo". As (en castelán). Consultado o 14-06-2022.
- ↑ Aragón, Andrés (22-04-2021). "Las dueñas de los banquillos". El Mundo (en castelán). Consultado o 14-06-2022.
- ↑ 7,0 7,1 Menayo, David (19-12-2020). "La nueva versión de Irene Ferreras". Marca (en castelán). Consultado o 14-06-2026.
- ↑ "El Valencia destituye a Irene Ferreras". La Vanguardia (en castelán). 02-02-2020. Consultado o 14-06-2022.
- ↑ Aragón, Andrés (22-04-2021). "Irene Ferreras apunta al banquillo del Depor Abanca". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 14-06-2022.
- ↑ "Irene Ferreras, nova adestradora do Dépor Abanca". La Opinión A Coruña. 01-07-2022. Consultado o 01-07-2022.
- ↑ "Irene Ferreras, confirmada como entrenadora del Depor Abanca". DxT Campeón (en castelán). 01-07-2022. Consultado o 03-07-2022.
- ↑ Antelo, Iván (21-04-2024). "As claves do éxito do Dépor Abanca: a aposta pola continuidade e Irene Ferreras". La Voz de Galicia. Consultado o 21-04-2024.
- ↑ Antelo, Iván (21-04-2024). "O Dépor Abanca regresa á elite do fútbol feminino tras golear ao Cacereño (3-1)". La Voz de Galicia. Consultado o 21-04-2024.
- ↑ "Irene Ferreras, tras subir co Dépor Abanca: "É o ascenso do proceso, da insistencia, é moi bonito"". La Opinión A Coruña. 21-04-2024. Consultado o 21-04-2024.
- ↑ Silveira, Xane (27-04-2024). "O Dépor Abanca despide a liga cun empate e finaliza segundo". La Opinión A Coruña. Consultado o 30-04-2024.
- ↑ S. Aguado, Antía (23-11-2024). "O Deportivo anuncia a destitución de Irene Ferreras". La Voz de Galicia. Consultado o 26-11-2024.
- ↑ Piñeiro, Sergio (27-12-2024). "Irene Ferreras, elegida por Louzán para una directiva de la RFEF en la que también está Tebas". Riazor.org (en castelán). Consultado o 02-02-2025.
- ↑ "Rafael Louzán cumple sus primeras promesas en la primera junta de la RFEF: todas las instituciones presentes y paridad entre hombres y mujeres". La Voz de Galicia. 26-12-2024. Consultado o 02-02-2025.
- ↑ Domínguez, Julián (22-02-2020). "Irene Ferreras da nombre al nuevo campo de futbol de Loranca". Fuenlabrada Noticias (en castelán). Consultado o 15-06-2022.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hidalgo, Mamen, ed. (2020). "Irene Ferreras". Compartiendo la gloria. El testimonio inspirador de siete mujeres futbolistas (en castelán). Antequera: Editorial La Calle. p. 59. ISBN 9788416164738.
Ligazóns externas
editar- "Programa 62 Irene Ferreras". Balón a Tierra Fem (Podcast). iVoox. 23-05-2022.