Inma Castañón

futbolista asturiana

María Inmaculada Castañón González, coñecida coma Inma Castañón, nada en 1959 en Cudillero (Principado de Asturias) pero residente na Coruña é unha ex xogadora de fútbol, popular na década de 1980.

Infotaula de personaInma Castañón
Biografía
Nacemento1959 Editar o valor em Wikidata (64/65 anos)
Cudillero, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi a capitá do Karbo Deportivo que en 1981 conquistou a primeira Copa da Raíña. Neste equipo levaba o número 10 e chamábanlle a Maradona do fútbol feminino,[1][2] miúda en estatura xogaba de interior esquerda[3] pero tiña gran capacidade de gol[4] marcando unha media de dous goles por partido.

Durante a súa época no Karbo foi pretendida por varios clubs internacionais como o Royan francés[3] ou o Oivas[2] de Lisboa tendo a oportunidade de converterse na primeira xogadora profesional pero rexeitou estas ofertas por preferir que o fútbol feminino se mantivese puro e que non sexa profesionalizado. "Así evitamos os numerosos intereses que existen nun mundo profesionalizado" daba como razón para este rexeitamento[2]. Trala desaparición do Karbo Deportivo incorporouse ó Club de Fútbol Femenino Tradehi, actual Real Oviedo Feminino[5].

Foi a primeira capitá da selección española coa que xogou entre 10 e 15 partidos.[6]

Clubs editar

Club Localidade Anos
Candás Club de Fútbol Carreño 1969-70
Sirenas de Luanco Luanco 1970-71
Camisas IKE A Coruña 1972-75
Karbo Deportivo A Coruña 1976-88
Club de Fútbol Femenino Tradehi Oviedo 1988-89

Notas editar

  1. Loreto Silvoso (31 de marzo de 2013). "«Me llamaban la Maradona del fútbol practicado por mujeres»". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 2,2 Dagoberto Escorcia (22 de marzo de 1984). "Inmaculada Castañón". El País (en castelán). 
  3. 3,0 3,1 Iago Fandiño Bonome (17 de febreiro de 2013). "Karbo Deportivo, las guerreras blanquiazules del balón". Vavel. 
  4. Manu Lorenzo (25 de abril de 2019). "Vuelta al pasado en A Coruña". Somos Outsiders (en castelán). 
  5. "Real Oviedo Femenino". Real Oviedo. 
  6. "Los 16 equipos de la Liga Iberdrola conocerán este lunes sus emparejamientos para la Copa de la Reina". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2019. Consultado o 13 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar