Patri López

futbolista española

Patricia López Andrés, máis coñecida como Patri López, nada en Melide o 29 de novembro do 2000, é unha deportista galega multidisciplinar, que actualmente xoga ao fútbol como lateral dereito no Deportivo da Coruña, da Segunda División.

Patri López
Información persoal
Nome Patricia López Andrés
Nacemento 29 de novembro de 2000
Lugar de nacemento Melide
Altura 1,73 kg
Posición Lateral dereito
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 26
Carreira xuvenil
2007–2011 CF Cire Melide
2015–2018 Melide FSF
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2016– Deportivo da Coruña 16 (1)
2017–2018PM Friol (cedido) 14 (0)
2018– Deportivo da Coruña B 21 (24)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de marzo de 2021
editar datos en Wikidata ]

Antes de centrarse no fútbol foi campioa do mundo en idade escolar de kick boxing en dúas modalidades (semi contact e light contact), campioa de España infantil en loita olímpica e campioa de España infantil de esgrima.

TraxectoriaEditar

Inicios no deporte (2000-2016)Editar

Comezou a practicar varias modalidades de loita e esgrima na Escuela Ayude da súa vila natal, Melide. Despois de varios éxitos a nivel nacional,[1] en novembro de 2013 en Carrara, Italia, proclamouse campioa do mundo en idade escolar de kick boxing en dúas modalidades (semi contact e light contact).[2] En 2014 disputou o Open Internacional de kick boxing celebrado en Mirandela, Portugal, obtendo a medalla de ouro.[3]

Competiu tamén en loita olímpica, proclamándose campioa de España infantil en 2014.[4]

En 2015 proclamouse campioa de España de esgrima en Sabadell, na categoría de menos de 15 anos.[5] En febreiro de 2016 participou en Burgos na Copa do Mundo júnior de esgrima, sendo a a máis nova das 169 participantes. Pasou a primeira rolda pero caeu na segunda, fronte á número 3 do mundo, a italiana Roberta Marzani.[6] En maio quedou quinta no Campionato de España cadete.[7]

Ademais de todos estes deportes xogou ao fútbol cos rapaces dende os 6 anos no CF Cire de Melide e dende os 14 no Club Melide Fútbol Sala Feminino, equipo de nova creación.[8][9]

Deportivo da Coruña (2016-presente)Editar

En 2016 creouse o Deportivo da Coruña Feminino e foi unha das fichaxes do club branquiazul. Xogou o primeiro partido do novo equipo fronte ao Portonovo e compaxinou o Deportivo co Melide de fútbol sala, no que continuou ata 2018.[10] Era a xogadora máis nova do Deportivo na súa primeira tempada de existencia, pois contaba con só 15 anos cando comezou a liga. Neste momento abandonou o resto de deportes para centrarse no fútbol.[11]

Na tempada 2017/18 xogou cedida no PM Friol, tamén na Segunda División. Volveu ao Deportivo na tempada seguinte, con ficha do filial, que militaba na Primeira División Galega. Xogou tamén co primeiro equipo durante a tempada e foi autora dun dos cinco goles do partido fronte ao Sárdoma, que converteron ao equipo en campión de liga e o meteron na histórica fase de ascenso na que conseguirían subir a Primeira División.[12][13]

Na tempada 2019/20 continuou con ficha do filial e disputou tres partidos co primeiro equipo na Primeira División, fronte ao FC Barcelona, Real Sociedad e Sporting de Huelva. En maio de 2020 o Deportivo renovou o seu contrato por unha tempada máis.[14]

NotasEditar

  1. "Impresionante baño de oro de la escuela Ayude de Melide" (en castelán). 22 de marzo de 2011. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  2. "La Escuela Ayuda brilla en el Mundial". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de novembro de 2013. p. 10. 
  3. "Diez medallas para la Escuela Ayude". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 19 de febreiro de 2014. p. 11. 
  4. "Tres campeones de España en Melide". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 4 de marzo de 2014. p. 11. 
  5. "Oro para Patricia López". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 9 de xuño de 2015. p. 11. 
  6. "Debut de Patricia López en la Copa del Mundo júnior". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de febreiro de 2016. 
  7. "Patricia López, quinta en el Campeonato de España cadete". La Voz de Galicia (Santiago ed.). 31 de maio de 2016. p. 9. 
  8. "Patri López, una futbolista de Melide en Primera División". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 30 de maio de 2019. p. 24. 
  9. Noguerol, Natalia (19 de outubro de 2016). "Goles con nombre de mujer". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  10. "Primera victoria para el Dépor Femenino" (en castelán). 31 de xullo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  11. Zabala, Pablo (14 de marzo de 2017). "Una campeona del mundo en el Depor". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  12. Zabala, Pablo (4 de decembro de 2018). "Patri López: “Puede parecer fácil, pero trabajamos muy duro”". DxT Campeón. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  13. "El Deportivo Femenino golea al Sárdoma y se proclama campeón de Liga" (en castelán). 31 de marzo de 2019. Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  14. "Patri López renova co Dépor ABANCA". 25 de maio de 2020. Consultado o 12 de marzo de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar