Gabriela García

futbolista venezolana

Gabriela Antonia García Segura, coñecida como Gaby, nada en Tunapuy, Estado Sucre, Venezuela, o 2 de abril de 1997, é unha futbolista venezolana, que xoga de dianteira e centrocampista. Milita dende 2017 no Deportivo da Coruña, sendo a xogadora con máis partidos disputados na historia do equipo. É internacional coa selección de Venezuela.

Gaby
Información persoal
Nome Gabriela Antonia García Segura
Nacemento 2 de abril de 1997 e 26 de abril de 1997
Lugar de nacemento Venezuela
Altura 1.79 metros
Posición Dianteira
Información de club
Club actual Deportivo da Coruña
Número 11
Carreira xuvenil
Centro Árabe
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2017 Estudiantes de Guárico
2017– Deportivo da Coruña 54 (21)
Selección nacional
2013–2014 Venezuela sub-17 13 (14)
2015–2016 Venezuela sub-20 10 (4)
2017– Venezuela 12 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Practicou varios deportes, destacando no balonmán, e aos 15 anos pasou ao fútbol, comezando nun equipo de rapaces.[1] Pasou logo polo Centro Árabe de Carúpano e en 2013 chegou ao Estudiantes de Guárico, onde militou catro anos.[2]

En 2017 cruzou o Atlántico xunto a Kika para asinaren as dúas co Deportivo da Coruña, que xogaba na Segunda división española.[3] Alí formou unha gran dupla goleadora con Peke e na tempada 2018/19 o equipo ascendeu á Primeira división.[4][5] Na máxima categoría o adestrador Manu Sánchez atrasou a súa posición ata a mediapunta.[6]

En febreiro de 2021 converteuse na primeira futbolista da historia do Deportivo en acadar os 100 partidos.[7]

Selección venezolanaEditar

Foi internacional coa selección venezolanas sub-17, coa que se proclamou campioa suramericana en 2013, e coa que disputou a Copa do Mundo de 2014 en Costa Rica, chegando a semifinais. Coa selección sub-20 foi subcampioa suramericana en 2015 e ao ano seguinte participou na Copa do Mundo en Papúa Nova Guinea.[8]

Debutou coa selección venezolana absoluta o 10 de xuño de 2017 nun amigable contra a selección mexicana.[9]

NotasEditar

  1. Zaballa, Pablo (18 de setembro de 2019). "Gaby, la pieza clave del Depor Abanca para una liga mucho más física". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  2. "Conoce a Gabriela García" (en castelán). 20 de marzo de 2014. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  3. "As venezolanas Kika Moreno e Gabriela García asinan co Dépor Abanca". Deportivo da Coruña. 1 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  4. "Peke y Gaby: las dos de siempre, tan distintas, suman 63 goles con el Dépor femenino". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 2019. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  5. "El Deportivo Abanca a la Liga Iberdrola" (en castelán). 30 de xuño de 2019. Consultado o 12 de maio de 2021. 
  6. "Peke y Gaby, la pareja de moda" (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  7. Pereira, Eder (8 de febreiro de 2021). "Gaby, la primera centenaria". Consultado o 12 de maio de 2021. 
  8. "Gaby". Deportivo da Coruña. Consultado o 12 de maio de 2021. [Ligazón morta]
  9. "Gaby debuta con la absoluta de Venezuela" (en castelán). 11 de xuño de 2017. Consultado o 12 de maio de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar