Esther Sullastres

futbolista española

Esther Sullastres Ayuso, nada en Torroella de Montgrí o 20 de marzo de 1993, é unha futbolista española, que xoga de porteira no Sevilla, da Primeira División Feminina. Foi internacional coa selección española e tamén coa selección de Cataluña.

Modelo:BiografíaEsther Sullastres

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1993 Editar o valor en Wikidata (31 anos)
Torroella de Montgrí, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesSulli, Turca Editar o valor en Wikidata
Altura1,73 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2012 Unió Esportiva L'Estartit 71(0)
2010–2010   España sub-17 3(0)
2012–2013 FC Barcelona 10(0)
2013–2015 Zaragoza Club de Fútbol Femenino 46(0)
2015–2017 Valencia Féminas CF 42(0)
2017–2019 Zaragoza Club de Fútbol Femenino 11
2019–2021   Deportivo da Coruña Feminino 34(0)
2021– Sevilla FC 8(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2011–2012   España sub-19 11(0)
2016–   Cataluña 2(0)
2017–   España 1(0)

Twitter: eSullastres UEFA: 250017225 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

UE L'Estartit

editar

Naceu en Torroella de Montgrí, unha vila do Baix Empordà. No verán de 2001, aos nove anos, ingresou na canteira do UE L'Estartit.

Debutou co primeiro equipo na Superliga na tempada 2008-09, con só 15 anos. Foi o 14 de decembro de 2008, nun partido de liga ante o Colexio Alemán, en Valencia, que acabou en derrota por 2-0. Desde entón alternou as súas actuacións entre a UE L'Estartit B e o primeiro equipo. Con 16 anos asumiu a titularidade na portería da UE L'Estartit, compartíndoa con Alba Montserrat.[1] Tamén xogou un partido da Copa da Raíña de Fútbol ante o Levante UD.

Na tempada 2011-12, a UE L'Estartit descendeu a Segunda División, no medio dunha crise económica no club.[2][3] Esta circunstancia fixo que escoitase diversas ofertas de clubs de Primeira División e acabou fichando polo FC Barcelona.[4][5]

FC Barcelona

editar

Debutou oficialmente co Barcelona nun partido correspondente ás semifinais da Copa Cataluña 2012 ante a mesma UE L'Estartit, o 24 de agosto de 2012 en Manresa, con vitoria por 8-0. Tres días despois, o 27 de agosto, gañou o seu primeiro título co FC Barcelona tras vencer na quenda de penaltis da final ao RCD Español.

En setembro de 2012, o FC Barcelona xogou no Mini Estadi os oitavos de final da Liga de Campións contra o Arsenal Ladies, perdendo os dous encontros (0-3 e 4-0). Sullastres participou no partido de ida. Ese ano proclamouse campioa de liga co equipo catalán, tras superar no último encontro ao Athletic Club en San Mamés, e gañou tamén a Copa da Raíña.

O 24 de xuño de 2013, xogou o seu último partido co FC Barcelona tras anunciar o seu desexo de non continuar no club. O encontro, correspondente aos cuartos de final da Copa Cataluña, tivo lugar no estadio Nova Creu Alta de Sabadell e rematou con vitoria por 0-13.

Zaragoza e Valencia

editar

A continuación fichou polo Transportes Alcaine de Zaragoza, onde militou durante dous anos, antes de ser traspasada en 2015 ao Valencia Féminas, onde xogou outras durante dúas tempadas.[6] En 2017 regresou ao club aragonés, chamado xa Zaragoza CFF. Cinco meses despois da súa chegada, o 28 de xaneiro de 2018, sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo.[7] Foi operada e mantívose lonxe dos terreos de xogo durante 18 meses. Ao final da tempada non renovou co Zaragoza CFF, quedando como xogadora sen equipo. Recibiu unha chamada do Deportivo da Coruña, que lle ofreceu completar a súa recuperación no club, pero rexeitou a oferta para poder rematar o curso académico dos seus estudos de veterinaria en Zaragoza.[8]

Deportivo da Coruña

editar

Meses despois, unha vez rematado o curso académico, o Deportivo volveu facer unha nova oferta. En xuño de 2019 oficializouse a súa fichaxe polo club coruñés, como unha das xogadoras de referencia na súa primeira tempada na Primeira División.[9] O 8 de setembro de 2019, despois de 588 días sen xogar un partido oficial, regresou ao terreo de xogo na primeira xornada de liga, enfrontándose ao Espanyol na Cidade Deportiva de Abegondo. Viviu na Coruña dous anos, nos que aprendeu galego,[10] e deixou o club tralo descenso á Segunda División en 2021.[11]

Sevilla FC

editar

A continuación asinou co Sevilla FC, da Primeira División, onde coincidiu de novo co adestrador Cristian Toro, que xa a dirixira no Valencia.[12]

Selección nacional

editar

Foi convocada para as seleccións sub-17 e sub-19 de España, participando en dous campionatos de Europa. Ademais, tamén foi internacional co Absoluto.

Foi internacional coa selección española absoluta nunha ocasión, nun partido contra Islandia o 6 de marzo de 2017, correspondente á Copa do Algarve, na que xogou a segunda parte do partido,, substituíndo a Mariasun Quiñones.

Selección catalá

editar

Disputou seis partidos coa selección de Cataluña. Con este equipo, en maio de 2008, proclamouse subcampioa de España de seleccións autonómicas.

  1. "Entrevista a Esther Sullastres, jugadora internacional de L'Euromat UE L'Estartit" (en castelán). 30 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2013. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  2. Menayo, David (2 de setembro de 2011). "Un L'Estartit motivado apuesta por hacerse notar". Marca (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  3. "Esther Sullastres: “Estem preparades per qualsevol partit”" (en catalán). 9 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  4. "Primera: El Barça confirma la firma de Esther Sullastres" (en castelán). 23 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  5. Diari de Girona, La portera de Estartit Esther Sullastres jugará en el Barça esta temporada.
  6. "Esther Sullastres, nuevo fichaje del Valencia Femenino" (en castelán). 19 de xuño de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  7. "Esther Sullastres será operada el próximo miércoles de su rotura del ligamento cruzado" (en castelán). 26 de marzo de 2018. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  8. Candal, Rocío (21 de setembro de 2019). "Entrevista a Esther Sullastres, portera del Dépor ABANCA". Riazor.org (en castelán). Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  9. "Oficial: Sullastres estrena el contador de fichajes del Dépor Abanca" (en castelán). 12 de xuño de 2019. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  10. Pena, Héctor (17 de novembro de 2020). "O fútbol anímase a aprender o galego". Nós Diario. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  11. "Esther Sullastres y Stephannie Blanco se despiden del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  12. "Esther Sullastres ficha por el Sevilla" (en castelán). 22 de xullo de 2021. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar