Nuria Rábano

futbolista galega

Nuria Rábano Blanco, nada en Ames o 15 de xuño de 1999, é unha futbolista galega que xoga de lateral esquerda no VfL Wolfsburg, da Bundesliga.

Nuria Rábano
Información persoal
Nome Nuria Rábano Blanco
Nacemento 15 de xuño de 1999
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Altura 1,65 m.
Posición Lateral esquerda
Información de club
Club actual VfL Wolfsburg
Número 14
Carreira xuvenil
Milladoiro SD
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2015–2016 Atlético Arousana
2016–2020 Deportivo da Coruña 20+
2020–2022 Real Sociedad 57 (0)
2022–2023 FC Barcelona 19 (0)
2023– VfL Wolfsburg 7 (0)
Selección nacional
2015 España sub-17 3 (0)
2017 España sub-19 5 (0)
2018 España sub-20 1 (0)
2021– España 1 (0)
Na rede
Instagram: nuriaarblanco_ Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de xaneiro de 2024.
Selección: actualizado a 1 de xaneiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nada en Ames, comezou a xogar ao fútbol no Milladoiro SD, onde exercía como adestrador seu pai, o ourensán Javier Rábano.[1][2] Xogou con nenos durante máis dunha década, ata que aos 16 anos deu o salto a un equipo puramente feminino, o Atlético Arousana de Vilagarcía.[3][1]

Despois dunha soa tempada no club vilagarcián, foi fichada polo Deportivo da Coruña, que viña de crear a súa nova sección feminina. Xogou de inicio o primeiro partido oficial da historia do club e a pesar da súa xuventude, axiña se converteu en titular indiscutible.[4][2] Comezou xogando como extremo e incluso dianteira, ata que Manu Sánchez atrasou a súa posición ata o lateral, onde as súas actuacións a levaron ás categorías inferiores da selección española.[5] En 2019 debutou na Primeira División, despois de conseguir o ascenso na tempada anterior.[6]

En 2020, fichouna o Real Sociedad, equipo co que na tempada 2021/22 conseguiu un subcampionato de liga e a clasificación para xogar a Liga de Campións o próximo ano.[7]

O 17 de xuño de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo FC Barcelona.[8] Co equipo adestrado polo tamén galego Jonatan Giráldez conquistou o título de liga de xeito asoballante, con 28 vitorias en 30 partidos e despois de encaixar só 10 goles durante a competición.[9] Chegou tamén á final da Liga de Campións, onde se proclamou campioa ao derrotar ao VfL Wolfsburg, aínda que permaneceu no banco todo o partido.[10] Foi a segunda Champions para o club e o terceiro título da tempada, despois de gañar tamén a Supercopa de España.

En agosto de 2023 anunciouse a súa fichaxe polo VfL Wolfsburg, da Bundesliga.[11]

Selección española editar

Foi internacional coas categorías inferiores da selección española e proclamouse subcampioa do Mundial sub-20 de 2018.[12] En outubro de 2022 debutou coa selección española absoluta, nun partido ante Suecia no Estadio Nuevo Los Cármenes, onde substituíu na segunda metade a Olga Carmona.[5]

Palmarés editar

Deportivo da Coruña
FC Barcelona

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El fútbol no entiende de sexos" (en castelán). 3 de agosto de 2019. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Rábano, Nuria (28 de marzo de 2017). "Nuria Rábano, la alumna aventajada que sigue los pasos de Vero Boquete". La Región (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  3. "Nuria Rábano Blanco". aupaathletic.com. Consultado o 13 de xuño de 2021. 
  4. "RC Deportivo y Oviedo Moderno empatan sin goles en el partido debut de las blanquiazules en Liga 0-0" (en castelán). 4 de setembro de 2016. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 "Nuria Rábano, pasajera número 46". Marca (en castelán). 8 de outubro de 2022. Consultado o 1 de xaneiro de 2024. 
  6. "Nuria Rábano: “Me costó salir, pero tenía que mirar por mí”". dxtcampeon.com. 18 de xuño de 2020. Consultado o 13 de xuño de 2021. 
  7. "Ficha de Nuria Rábano Blanco". realsociedad.eus. Consultado o 13 de xuño de 2021. 
  8. "O Barça ficha á exdeportivista Nuria Rábano". laopinioncoruna.es. 10 de xuño de 2022. Consultado o 17 de xuño de 2022. 
  9. "Un Barcelona imbatible logra su cuarta Liga consecutiva". El País (en castelán). 30 de abril de 2023. Consultado o 4 de xuño de 2023. 
  10. "¡CAMPEONAS! Un Barça Femení histórico remonta y gana su 2ª Champions League (3-2)" (en castelán). 3 de xuño de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2023. 
  11. "La exdeportivista Nuria Rábano tiene nuevo destino: el Wolfsburg alemán". DxT Campeón. 9 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2023. 
  12. Antelo, Iván (25 de xaneiro de 2020). "Nuria Rábano: "Llegué a deprimirme"". La Voz de Galicia. Consultado o 13 de xuño de 2021.