Conversa usuario:Alfonso Márquez/Arquivo 1

Arquivo de mensaxes antigas:   1     2     3  

Categorías "Nacidos en" editar

Boas, borrei a categoría "Nacidos en 1911" que creaches xa que na Galipedia ao contrario que noutras wikis polo momento non empregamos ese tipo de categorías "Nacidos en" ou "Falecidos en". Un saúdo --Banjo tell me 02:13, 9 decembro 2007 (UTC)

Tutankhamon editar

Ola, parabéns polo traballo. Temos pouquichiño de Antigo Exipto co enorme que é. Quería comentarche o título do artigo xa que o nome TutanKhamon vaséase nunha convención para representar o son exipcio que en castelán e moi similar ao do j, polo que creo que o h debería acompañar ao k, xa que senon creo se perde a intención de representar o traido doutra lingua. Non che sei moito de linguas e trasliteracións, pero xa que no alfabeto galego non temos k nin j, na Galipedia maioritariamente óptase por seguir o uso máis xeralizado internacionalmente (sobre todo nos paises anglófonos) o de KH e non J (ou GH, xa que nos o son o temos na gheada) polo que propóñoche mover o artigo a Tutankhamon. Desculpa o rollo e bo traballo. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 00:28, 31 decembro 2007 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Imagen010.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Imagen010.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

Por outra banda, O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento. Antes de ser borrada, agradeceríamosche que renomees esta imaxe a Imaxe:Rio Anllons. Desembocadura. Ponteceso ou a un outro nome máis adecuado

Para renomeala:

  1. carga a imaxe co nome novo,
  2. fíxate en se a imaxe se usa noutros arquivos e substitúe en ditos arquivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para o mesmo, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai click na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e substitúe o marcador {{NomeIncorrecto|...}} por {{BorrarImaxeDuplicada


--Lmbuga Commons - Galipedia 17:48, 17 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza editar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:15, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Ola, movín Anj a Ankh, non lle vexo sentido a transcribir en galego Anj, ademais Ankh é máis usual noutras linguas.Acerto 14:46, 2 febreiro 2008 (UTC)

Orixe descoñecida editar

 
Esta imaxe será borrada por non se poder comprobar a licenza
Image:Canduas.jpg

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:Canduas.jpg', ' cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes subidas á Galipedia teñen que ter unha licenza, e indicar unha orixe que permita corroborar que a licenza é correcta. A ausencia da licenza ou da orixe supón o borrado da imaxe.

  • Se ti mesmo creaches a imaxe, debes expresalo explicitamente, para o cal deberás editar as túas imaxes (pode usar esta ferramenta para atopar todas as túas imaxes).
  • Se non a creaches ti, debes de indicar a súa procedencia (ligazón a unha páxina web,...). Na orixe debe indicarse a licenza con que a imaxe pode ser compartida na Galipedia.

Para incorporar eses datos debes ir á imaxe en cuestión, editala e escribilos (Como editar imaxes?). Se desexas acceder a outas imaxes que subiches podes facelo desde aquí

Podes atopar máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 19:10, 2 febreiro 2008 (UTC)

Xadrez editar

Ola, Alfonso. Vin que tentaches crear modelos para os taboleiros de xadrez. Xa están creados. Podes consultalos aquí: Modelo:Taboleiro_de_xadrez . Un saudiño. --Xabier Cid 04:37, 3 febreiro 2008 (UTC)

Dado que aínda non lle engadiches eses datos, en espera de que llos engadas, marquei a imaxe para que sexa borrada no prazo dunha semana. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 04:47, 3 febreiro 2008 (UTC)

Bailarete e buxaina editar

Ola, hai algo que ten que estar mal, bailarete e buxaina non son sinónimos e a pesar diso actualmente o texto dun e outro é case igual, eu non entendo moito diso pero sei que o bailarete é un tipo de buxaina. Ademais peonza non é unha palabra galega, o que en castelán é peonza en galego é buxaina ou peón, que en galego si son sinónimos. Eu non podo revisalos, non teño os coñecementos para facelo pero si sei que algo ten que ir mal.Acerto 12:03, 9 febreiro 2008 (UTC)

Peonza editar

En castelán segundo o dicionario da RAE, peonza é un Juguete de madera, semejante al peón, pero sin punta de hierro, y que se hace bailar azotándolo con un látigo. Peón é Juguete de madera, de forma cónica y terminado en una púa de hierro, al cual se arrolla una cuerda para lanzarlo y hacerle bailar.

En galego buxaina é Xoguete que consiste nunha peza de madeira de forma cónica, rematada nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar por medio dun cordel Parece logo que peón castelán e buxaina ou peón galego son o mesmo

Bailarete é Xoguete que consiste nunha peza de madeira de forma cónica ou esférica, rematada nunha punta pola parte inferior, que se fai xirar cos dedos Parece logo que tes razón e que bailarete galego e peonza castelán correspóndense, o que si che rogaría é que ao traducir sexas consciente que o fas en galego e non poñas referencia do dicionario da RAE, é algo sen sentido en galego, as referencias teñen que ser da RAG no seu caso.Acerto 12:40, 9 febreiro 2008 (UTC)

  • Estou de acordo que enfrontar posicións que non persoas é unha boa forma de mellorar a calidade e aumentar os nosos coñecementos de paso, o do DRAE referíame ao interior do artigo que xa borrei, simplemente quería dicir que o que é verdade para o castelán non o ten que ser para o galego e viceversa. Acerto 12:59, 9 febreiro 2008 (UTC)

Imaxe Traseira capela SF editar

Ola, Alfonso, vin que nesta imaxe que subiches Imaxe:Traseira capelaSF.JPG, a orixe non é correcta, e quería avisarte antes de poñerlle ningún marcador e ademais porque a min persoalmente a imaxe gustoume moito e quería propoñela a destacada, pero prefería agardar a que lle subsanaras o defecto. O que hai que indicar na orixe é se a imaxe é túa (neste caso porías: Imaxe propia ou self made), se procede dunha páxina web, indicas a páxina web de onde a sacaches, etc... Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:25, 10 febreiro 2008 (UTC)

Si, xusto nesas dúas poñendo que as imaxes eran túas xa solucionaches o problema coa orixe. Fixeime agora que nesta Imaxe:Estuario do río Anllóns.jpg‎ non lle tes posto nada, se é o mesmo caso, llo pos e xa o tes arranxado. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 18:25, 10 febreiro 2008 (UTC)

Ola Alfonso. Grazas por colaborares connosco. Así a todo, unha observación: Sería conveniente pola boa imaxe da Galipedia que non creases artigos tan escasos como Descubrimento de América. A comparación deste artigo co presente na Wikipedia española déixanos en moi mal lugar. Moitos usuarios pensamos que é preferible crear artigos de calidade e non un innumerable número de artigos. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:25, 18 abril 2008 (UTC)

á / ala editar

Boas Alfonso. Vexo que no artigo escaravello cambiaches "As alas dianteiras do escaravello" polas "as ás dianteiras". Supoño que a intención era corrixir esa ligazón inexistente a "ala (animal)" pola que si temos "á". Ben feito, sen dúbida, porque temos demasiadas ligazóns vermellas que, ó estar mal escritas, non levan ó artigo de seu. Pero o caso é que nese mesmo parágrafo que corrixes mantéñense outras aparicións de "alas". Tendo en conta que tanto "á" como "ala" son variantes correctas, dáme o mesmo que manteñas unha ou outra forma, á marxe de que supoño xa coñéce-la norma establecida de respecta-la forma escollida polo primeiro editor, pero creo que non é coherente que nun mesmo texto aparezan as dúas formas. Ti decidirás cal deixas, pero dálle homoxeneidade ó texto: sempre ás ou sempre alas. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 14:45, 15 xuño 2008 (UTC)

Descubrimento de América e outras respostas editar

Tes razón, desculpa. Probablemente confundín o título do artigo por estar facendo cousas en varios; inda que tamén é posible que errase no usuario (paréceme moi probable que mirase o historial doutro artigo que tivese aberto pensando que era ese). Síntoo.

(O artigo é de extensión razoable agora. Éo porque eu o desenvolvín, xa que alguén traducira só o primeiro parágrafo da Wikipedia española; eu fixen o resto, e non moi a gusto, pois non me apetecía nada. Sexa como sexa, xa me dou conta de que non ten que ver contigo.)

Fotos da Wikipedia inglesa editar

As únicas imaxes que podes empregar sen ter que subir de novo son as que están subidas á Galipedia ou as que están subidas a Commons. As das outras Wikipedias hai que subilas a calquera deses dous sitios para poder empregalas, pero ollo: moitas non se poden subir.

  • Moitas non se poden subir:

A lexislación de EEUU é peculiar. En EEUU está permitido o uso lexítimo, cando en España e nos máis dos países non se permite. Por mor diso, moitas das imaxes da Wikipedia inglesa non se poden subir a Commons ou á Galipedia.

As imaxes que son de uso lexítimo na wikipedia inglesa teñen unha licenza doadamente distinguible, xa que persentan na licenza unha imaxe cun "C" non tachado. En caso de que dubides se se pode ou non subir unha imaxe por motivos de dereitos de autor, pregúntame: ponme a ligazón á imaxe e eu xa che direi.

Si podes subir todas aquelas imaxes que na Wikipedia inglesa teñan unha licenza que exista en Commons ou na Galipedia. Claro que, no caso da Galipedia, hai que traducilas. Na Wiki inglesa encontrarás licenzas {{GFDL-self}} ou {{PD-self}}, que na Galipedia son {{GFDL-propia}} e {{PD-propia}}.

  • Subir imaxes da Wikipedia inglesa

Súbeas como calquera outra imaxe. Agora ben, nos datos copia os datos da imaxe que sobes, traducxe a licenza se é necesario, e importante: pon unha ligazón á imaxe orixinal no apartado source (orixe).

Se tes dúbidas, indícame algunha imaxe e, se se pode subir, fágoo eu; así tes un exemplo.

Conta comigo para o que precises. Grazas pola túa colaboración e polas túa calma ante un evidente erro meu. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 10:48, 16 xuño 2008 (UTC)


Copyvio editar

Avísote de que a imaxe Imaxe:Localizacion Ria de Corme e Laxe.Galiza.png foi borrada por violación do copyright. É unha transformación dunha imaxe miña subida a Commons (esta) que presenta as seguintes deficiencias:

- Non respecta o copyright. Nos datos a orixe e mais eu debemos ser nomeados como orixe e autor
- Non presenta variacións significativas sobre a imaxe orixinal

Procedín a colocar en Ría de Corme e Laxe a miña imaxe. Se desexas variala e sibila, podes facelo; pero tes que nomear os créditos que a imaxe ten ou poderías ser denunciado

Por certo, non sei se o sabes, tódalas imaxes de Commons poden ser empregadas na Gañipedia sen necesidade de subilas a esta, como se xa estivesen subidas. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 15:53, 21 xullo 2008 (UTC)

acetaldehido editar

Boas, Alfonso. ¿De onde sacas que o acetaldehido se utilice como conservante (entendo que de alimentos)? Non o vexo en ningunha lista positiva e só vexo que é unha substabcia resultante de certas transformacións, no viño, por exemplo. Confírmame ese dato, por favor. Pedro --Lameiro (conversa) 14:38, 6 outubro 2008 (UTC)

Resumo de edición nas traducións doutras Wikipedias editar

Ola Alfonso Márquez. Cando se traduce un artigo doutra Wikipedia é preciso indicar no resumo de edición que se trata dunha tradución e de que Wikipedia procede. Na páxina Axuda:Resumo de edición no apartado Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias tes unha explicación e exemplos sobre como facelo. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:28, 8 outubro 2008 (UTC)

Ola Alfonso Márquez. Fun estudando o caso e facendo edicións a medida que ía descubrindo cousas. Non teño dúbida de que a Pedra da Arca tamén se chama Dolmen de Cerqueda. Se tes algún dato novo, por favor, faino constar na páxina do título desta mensaxe. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:00, 10 outubro 2008 (UTC)

Por certo, a parroquia de Cerqueda non pertence a Vimianzo, pertence a Malpica de Bergantiños--Lmbuga Commons - Galipedia 17:02, 10 outubro 2008 (UTC)

Image:Pedra da Arca Cerqueda 10.JPG parece ser unha obra derivada editar

Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes con que mellorar os nosos artigos. No caso de Image:Pedra da Arca Cerqueda 10.JPG' ' probablemente esteamos ante unha violacións dos dereitos de autor, se, como parece, se trata dunha obra derivada.

Se realizas unha obra a partir dun orixinal, a túa obra ten as mesmas condicións de copyright cá obra orixinal. Se a obra orixinal non está no dominio público, a túa tampouco, pois o autor do orixinal mantén os seus dereitos na obra realizada por ti. Neste caso, cada unha das imaxes que hai no cartaz pode ter dereitos de autor. O texto pode ademais ter uns dereitos de autor diferentes.

En todo caso, os dereitos de autor da obra orixinal permanecen, inda que a maiores poida ser que ti posúas tamén algúns dereitos sobre o traballo final.

Por todo o dito, Image:Pedra da Arca Cerqueda 10.JPG pode ser unha violación dos dereitos de autor se non es o único que detenta a súa autoría

Se desexas profundizar máis no tema, le Commons:Commons:Obras derivadas. Tes tamén información á túa disposición en Wikipedia:Política de uso de imaxes

Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:23, 13 outubro 2008 (UTC)

  • A observación anterior, que non ten maior importancia, non quita que non deba darche as grazas por subires imaxes do dolmen tras ver que non había ningunha. Grazas pola túa colaboración e por como te preocupas polo proxecto. Sinto ter que indicar o anterior. Quizais poida estar confundido, pero non creo, pois o dos carteis é moi complexo e, frecuentemente, moitos dos carteis que están expostos en moi diferentes lugares violan os dereitos de autor. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 19:29, 13 outubro 2008 (UTC)

Categoría: Parroquia de editar

Ola Alfonso! Eliminei a categoría que creaches de Parroquias de Cabana de Bergantiños, xa que de momento na Galipedia categoríazase por concello, e non por parroquis. Facelo por parroquias sería un troco no sistema que afectaría a moitas categorías, polo que debería aprobarse e/ou discutirse pola comunidade un novo sistema para poder levalo adiante. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 16:34, 14 outubro 2008 (UTC)

homónimo editar

Ola Alfonse, movín varias pax de homónimos que creaches como Penela (homónimo) ao nome sen (homónimo) (Penela) porque esta aínda non existía. Creo que cando non existe a páxina, é nela onde se deben poñer os homónimos.

Por outra parte, creo que na Galipedia acostuman poñer Nome (homónimos) e non Nome (homónimo) como ti estás facendo.

Un saúdo, --Xas (fálame) 14:06, 16 outubro 2008 (UTC)

unidades de medida editar

Boas, Alfonso. Lembra que as unidades de medida (como en Ameixenda = 11,09 Km²) se escriben con minúscula: m, km, hl, non *M, *Km ou *Hl. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:58, 30 outubro 2008 (UTC)

pascuas editar

Ola, Alfonso. Estou de acordo co que propós para Pascua. Para a próxima, non teñas medo e marca os artigos con {{fusión}} e {{fusióndesde}}. Así quedará ben arquivado e calquera poderá atopar o problema e solucionalo. Os seguintes pasos son:

  1. Decidir cal é o artigo que debe quedar. Neste caso creo que Pessach (logo explícoche por que).
  2. Incluír todos o que se di en festividade da Pascua que non se diga en Pessach, en Pessach.
  3. Avisar no Wikipedia:Taboleiro dos administradores de que o proceso de fusión de contidos está listo.
  4. Un administrador borrará o artigo que sobre e fusionará os historiais (isto de fusionar historiais é un traballo que só poden facer administradores).

De todos os xeitos, creo que un artigo Pascua debería manterse como homónimos, e que de aí saíse Pessach (que falase só da xudía) e Pascua cristiá, que falase da festa no cristianismo. Que che parece? Anímaste?--Xabier Cid Conversa 23:57, 9 decembro 2008 (UTC)

carnicerías e "obrigas" editar

Boas, tardes, Alfonso. Por motivos que non teñen que ver coa Galipedia gustaríame que me explicaras unha palabra que utilizas no artigo carne, no pé dunha das imaxes: "Casa da Carnicería na Praza Maior de Madrid, onde os carniceiros do Abasto da Carne (a cargo dun obrigado ou contratista monopolista) fornecían ao público, controlados polo Repeso Maior". ¿De onde quitas iso do "obrigado"? ¿Existiron "obligas" en Madrid? Contéstame ó meu correo, por favor, porque, como che digo, esta pregunta obedece a intereses particulares e non ten que ocupar espazo na Galipedia. Así podo explicarche máis polo miúdo o que sei das "obrigas" en Galicia. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 15:24, 14 decembro 2008 (UTC)

  • O caso é que sei que en galego era obriga (e mais obliga e mesmo oubligha), termo antogo por cortadoría pero que aínda se usaba hai pouco pola zona de Verín, polo menos. O carniceiro era o obrigado (ou obligado). e a orixe do nome, segundo Pérez Constanti, era que se autorizaban baixo compromiso de ter sempre carne á venda, é dicir: obrigábanse a subministrar carne ós veciños. Nunca escoitei nin lin nada semellante en castelán, e por iso a sorpresa. Se vén da wiki en castelán, quedeime se saber quen e onde se referencia. Lástima! Bueno, grazas de todas formas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:48, 14 decembro 2008 (UTC)

Boas noites Alfonso. No artigo carne, sección toxicidade, escribes que "A aparición de enfermidades como a encefalitis espongiforme de Kreufeld-Jacob (denominado tamén o mal das vacas tolas)". Sonche dúas enfermidades diferentes ou, máis exactamente, tres: as vacas padecen a "encefalopatía esponxiforme bovina" (mal das vacas tolas) e transmiten ó home a enfermidade denominada "Nova variante da Enfermidade de Creutzfeldt-Jakob" (é así como se escribe). O adxectivo "Nova variante" débese a que antes se coñecía en humana outra encefalopatía, denominada "Enfermidade de Creutzfeldt-Jakob", que ten etioloxía e epidemioloxía diferentes. As tres son provocadas por prións, son encefalopatías pero sonche enfermidades diferentes. Saúdos e boa noite, Pedro --Lameiro (conversa) 20:18, 24 decembro 2008 (UTC)

dereito de pernada editar

boa noite, Alfonso!

parabéns polo artigo que estás a escribir. Moi completo e referenciado. Só un periño e un datiño, ambos os dous para a sección de "o dereito de pernada na cultura":

O "pero": os títulos de películas e libros deberían ir en cursiva;

O "datiño": creo lembrar que en Os pilares da Terra, de Ken Follet, o malo-malísimo exercía o dereito de pernada.

Felicidades de novo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 01:49, 19 xaneiro 2009 (UTC)

Profilaxe editar

Bonito artigo e bonito tema o que estás desenvolvendo. Xa verías que lle fixen algunhas correccións, e ó mellor, cando o lea en papel, pode aparecer algunha cousa máis, pero o motivo desta mensaxe é comentarche algunhas frases:

  • E a doenza pode dar noutras doenzas como anorexia, bulimia,etc. Non sei noutros casos, pero descoñezo que ningunha doenza dea lugar á anorexia ou á bulimia.
  • Doenzas como a lombrigas e a cisticercose deixan de ocorrer cando as persoas deixan de consumir carne suína. Non é certo: son necesarias outras medidas, moito máis eficaces, para evitar a inxesta dos ovos ou cistes destes parasitos. Nin se transmiten coa carne nin se evitan deixando de comer carne.

Xa me comentarás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:00, 1 febreiro 2009 (UTC)

Artigo "Herdanza" editar

Bon día, Alfonso; Movín o artigo "Herdanza (dereito)" a "Herdanza". Penso que é mellor así de momento, dado que non hai outros homónimos, e cando se creen os artigos "herdanza xenética" ou "herdanza biolóxica", cumprirá crear "Herdanza (homónimos)". Se estás en desacordo ou tés outra proposta, perfecto.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 08:32, 12 setembro 2009 (UTC)

Infobox editar

Boa tarde, Alfonso. Para cando non haxa imaxe do escritor ou o que sexa, a ver se no canto de empregares a SINIMAGEN da wiki castelán podes botar man desta outra: [[Ficheiro:Image of none.svg]]. Xa vas ver que é moito máis chula e sen o castelán, que é alleo á Galipedia. Aproveito xa de paso para loubar o teu labor. Parabéns. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:07, 26 novembro 2009 (UTC)

  • Un rápido apuntamento sobre o infobox de escritores: agora chámase {{Escritor}}, sen máis; intenta usar tamén "imaxe" no canto de "image" (en inglés), copia o novo código que aparece na explicación de uso do modelo. Saúdos e bo traballo! --Toliño Fala aquí comigo 19:19, 27 novembro 2009 (UTC)

RE: Tiles editar

Non estou de acordo con non poñer os tiles nos modelos: non vexo o motivo para non facelo. Funcionan igual con eles, ademais, se o corrixise un bot deixaría de funcionar o parámetro (incorrecto). Se tes interese podes abrir un debate na Taberna. Polo de agora, vou ter que desfacer a túa edición (non o tomes a mal, por favor). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19:14, 4 decembro 2009 (UTC)

Imperio español editar

Ola, mudei un tanto unha frase en Imperio Español xa que facía pensar que España era unha metrópole desenvolvida o que desde logo queda moi lonxe da realidade, e de todos os problemas económicos que tivo a monarquía española, mira a ver que che parece.--RNC 21:50, 16 decembro 2009 (UTC)

Traducións editar

Boas Alfonso. Permíteme un consello á hora de traducir artigos. Escolle naqueles temas nos que controles o suficiente para poder xulgar se a información orixinal é fiable, á vez que confirma na rede ou na biblioteca o que di o artigo orixinal. Ten presente que o sistema de categorización é distinto na es:wiki e na nosa Galipedia, polo que non podes coller as categorías que tiña o artigo en orixe: na Galipedia poden non existir. Non se trata dun exercicio de tradución (e de facelo ben, claro: apoiado se cadra nun tradutor pero revisando con tento o resultado): traducir ben é importante, naturalmente, pero non suficiente. Se o contido que vertes na Galipedia é incorrecto no artigo orixinal e ti non detectas os erros, mellor é seguir sen tal artigo na Galipedia. Moitos prefirimos coidar máis o contido dos artigos que medrar en número de artigos: calidade vs cantidade. Saúdos e ata sempre. Pedro --Lameiro (conversa) 13:50, 25 decembro 2009 (UTC)

Cabana de Bergantiños editar

Ola Alfonso, vin que fixeches algúns cambios no Modelo:Lp Cesullas engadindo algúns lugares. Ainda así faltán algúns e outros non teñen o nome correcto. Para os nomes dos lugares na Galipedia úsase o Nomenclator oficial da Xunta que podes atopar aquí [1]. Vou corrixir o Modelo e cambiar os nomes incorrectos.

Por outra parte, estás poñendo nas caixas dos lugares da parroquia sempre a mesma imaxe. Habería que procurar poñer unha imaxe dese lugar. E se non a temos, pois deixalo sen ela. Para calquera cousa, estamos para axudar. Saúdos.--Xas (fálame) 20:01, 27 decembro 2009 (UTC)

Solicitei o borrado rápido de Ficheiro:Buño-depor.jpg.

Segundo o que se expresa en Obras derivadas, os dereitos de autor desta imaxe son do Deportivo da Coruña, do realizador da peza de cerámica e do realizador da fotografía. A fotografía non é publicable a non ser que todos os implicados manifesten o seu acordo para que a mesma permita a realización de obras derivadas e o uso comercial. Publicala na Galipedia supón que a imaxe podería ser empregada por calquera con dereito ó uso comercial (camisetas, duplicado simple do obxecto, copia...) e sen pagar dereitos.

Retirei a imaxe do artigo. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  02:55, 28 decembro 2009 (UTC)

Caixas de usuario editar

http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Usuario:Alfonso_M.C3.A1rquez . Un cordial saúdo -- Lmbuga / Conversa comigo  03:15, 28 decembro 2009 (UTC)

Desculpa, xa se me pasou o mosqueo. Quizais non comprendas o que sinto. Estar a diario a intentar que as cousas vaian ben, que se sigan as normas cando a miña opinión persoal non coincide exactamente coas mesmas e dar cun usuario que non as dá respectado (polo que sexa), pero que ademais indica nunha caixa "Este Galipedista é anticopyright, pero acata as normas da Wikipedia", é descorazonador. Xa se me pasou, desculpa ti o meu carácter.
Penso, de tódolos xeitos que é un acerto que retires a caixa e agradézocho. Eu ando na Galipedia a dedicarme fundamentalmente a que se respecten as normas sobre imaxes, a todo o mundo lle debe semellar que a miña opinión persoal é a mesma que ten o proxecto wikimedia, pero non é así, non é así porque que non sexa así é o normal, e eu son normal.
Eu comprendo que en cuestións de licenzas as Wikipedias e os proxectos Wikimedia teñen que ser coidadosos. Non hai moito que desapareceu unha enciclopedia de Microsoft (Encarta) por mor da competencia das Wikipedias. Se o proxecto Wikimedia non fose coidadoso coas licenzas, estaría a un paso de desaparecer nos xulgados.
Eu non estou de acordo con moitas cousas que esixo que se fagan, pero son as normas. Tampouco son sumiso, mais ben son rebelde; pero intento comprender a realidade globalmente e unha caixa coma esa pode ser pouco respectuosa. Claro que podería ser respectuosa noutro contexto: desde o momento en que te dirixiches a min e dixeches o que dixeches, eu acepto a presenza desa caixa, pero con quizais preferiblemente unha variación mínima no texto: "A pesar de estar en contra de que a cultura teña dereitos de autoría, acepto e defendo as normas da Wikipedia" (Se a caixa fose así, mesmo a podería empregar eu). Grazas por dirixirte a min neste contexto-- Lmbuga / Conversa comigo  20:52, 28 decembro 2009 (UTC)
Esqueceume dicirche que a bo seguro tes razón cando dis que hai máis caixas como a túa. Que se dediquen os administradores (eu fun administrador, pero non o son) que permitiron que se aprobase a absurda norma sobre caixas de usuarios a revisar cal debe permanecer e cal non. Eu manifesteime sempre en contra de todas. Esa que ti dis, non é a miña competencia. Espero que comprendas que teño outros quefaceres e esa non é a miña responsdabilidade. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  20:57, 28 decembro 2009 (UTC)
Grazas. Xa variei o texto de http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores/Problemas_varios#Usuario:Alfonso_M.C3.A1rquez retirando da mellor maneira que podo a observación que fixen. Un cordial saúdo e conta comigo para o que desexes-- Lmbuga / Conversa comigo  21:07, 28 decembro 2009 (UTC)

Modelo:Historia de Francia editar

Ola, traducín algún dos nomes que aparecían neste modelo por non estar en galego e así pode-los conectar co seu artigo. Incluín o período dos Cen Días que está comprendido entre a Restauración Francesa e a Monarquía de Xullo e que tamén forma parte da historia de Francia. Sintoo se o estabas a editar ti, pero como non poñía se estaba en uso pensei que podía editalo. Se é así acepta as miñas desculpas. Un saúdo. --81.32.105.147 18:17, 12 xaneiro 2010 (UTC)

Novo modelo en lugares editar

Ola Alfonso. Vexo que estás cambiando os modelos en varios lugares. Eu levo facendo moitos modelos de lugares e aínda que fixen algúns segundo este novo modelo, finalmente optei por facelos todos segundo o modelo tradicional porque con este novo modelo quedan ocultos e hai que clicar en amosar para velos, o que resulta un pouco incómodo. Ademais, cando os poñemos todos xuntos nos artigos Lugares de ... resulta moito máis informativo telos todos inmediatamente á vista e non ir clicando en cada unha das parroquias para poder ver os lugares. Pero esta é a miña opinión. Gustaríame que me indicases se ti ves algunha vantaxe deste novo modelo, por ver eu de ilos cambiando tamén. Saúdos. --Xas (conversa) 13:47, 16 xaneiro 2010 (UTC)

  • Concordo con Xas; de feito eu andaba a facer o contrario que fas ti, e cando atopaba algún modelo de lugar dos que aparecen ocultos por defecto (usados ao principio de todo), mudábaos polos correntes. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:57, 16 xaneiro 2010 (UTC)

Re: Imaxes artigo Rubens editar

Gracias pola tua axuda, ¿que che parece como queda agora? Utilicei o modelo de político do artigo de Jovellanos e coloquei a imaxe a esquerda evitando así os espacios.--Carronada 15:38, 27 febreiro 2010 (UTC)

Gracias de novo, apliquei o modelo de pintor ó artigo de Goya pero non sei porque non sae o lugar de nacemento no modelo.--Carronada 16:12, 27 febreiro 2010 (UTC)
Está perfecto o modelo, salvo polo de "influenciado por" e despois "influenciado" a secas. Saudos--Carronada 17:16, 27 febreiro 2010 (UTC)

Pontesiño editar

Grazas pola axuda. É o que ten ser novato, que pensas que é todo chan e podes facer calquera cousa, pero parece que non é así. Grazas de novo.

artigos de lugares editar

boa tarde, Alfonso; Unha cousa: cando crees artigos de lugares, lembrar pór o marcador de {Outroshomónimos} cando exista páxina de homónimos para o nome do lugar; Por exemplo, engadín {Outroshomónimos|A Igrexa} ao artigo A Igrexa, Xaviña, Coristanco.

un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:03, 6 marzo 2010 (UTC)

Ola, Alfonso; Para crear o artigo Institucións españolas do Antigo Réxime usaches un tradutor automático? Porque están traducidos mesmo as referencias, e hai algunhas cousas que deben quedar no orixinal, como artigos de prensa, ou nomes de publicacións. Sei que é un artigo moi longo, pero podes botarlle un ollo? Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:02, 22 marzo 2010 (UTC)

Isabel vs. Sabela editar

Ola. Revertín a túa edición no artigo Historia de Galicia. Segundo a nosa Lista de nomes en galego existen as dúas formas, entendo que debe prevalecer a que escollera o primeiro editor. Abur. --Xoacas(góstache o pemento?) 09:58, 30 marzo 2010 (UTC)

Daquela refago o desfeito. Saúdos. --Xoacas(góstache o pemento?) 12:21, 30 marzo 2010 (UTC)

Discusión editar

Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:34, 30 marzo 2010 (UTC)

Ponteceso editar

Ola Alfonso! Coido que xa deixei ben o texto das festas de Ponteceso, incorporei a introdución que se eliminara e tamén está enteira a túa achega. Se hai algo que engadir ou algo mal, avísamo por favor. Vexo que recén cumpriches 3 anos na Galipedia... parabéns!!! Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 14:44, 24 de abril de 2010 (UTC)

Foise co vento editar

Ola, Alfonso. Vin as túas edicións en Foise co vento e recuperei algunhas das contraccións que mudaches (refírome a ó por ao). Sendo as dúas correctas, adoitamos respectar a escollida polo primeiro editor. Sei que o comprenderás. Un saúdo e bo traballo. Xoacas(de laranxa) 19:13, 1 de maio de 2010 (UTC)

Tes razón, reverto a miña edición. Un saúdo. Xoacas(de laranxa) 20:06, 1 de maio de 2010 (UTC)

Sobre lugares editar

Ola Alfonso, non é que estea a quitar en todos os artigos que fas as referencias relacionadas con Galicia, senón que aproveito se fago algunha outra modificación para facelo. E efectivamente non hai ningunha norma ou política na Galipedia que o diga. As razóns de facelo son por coherencia co resto dos artigos sobre lugares que hai na Galipedia, e porque parece un pouco esaxerado nun artigo sobre un lugar poñer todas as referencias relacionadas con Galicia. Referencias que tampouco van nos artigos sobre parroquias, polo tanto parece lóxico non poñelas nos de lugares...

De todos xeitos eu guíome para facelo por unhas indicacións de Prevert que figuran aquí.

Iso é todo. Pero se ti consideras que son útiles e deben figurar, pois nada, deixo de facelo... Un saúdo.Xas (conversa) 11:35, 2 de maio de 2010 (UTC)

  • Grazas por avisar, xa está solucionado. ─ GallaecioE logo? 15:52, 9 de maio de 2010 (UTC)
  • No nomenclátor da Xunta trae V: Valón. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 11:42, 13 de xuño de 2010 (UTC)

erro a corrixir editar

Bos días, Alfonso. Acabo de ver que hai un erro no texto que escribes para os artigos dos distintos lugares. No texto di que tal lugar tiña tantos habitantes... "dos cales erán 12 homes e 7 mulleres". A maiores de sacarlle ese til a erán, creo que a redacción melloraría se pos algo así como "dos cales 12 eran homes e 7 mulleres". Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:38, 25 de xullo de 2010 (UTC)

Parabéns editar

Alfonso, xa hai un tempo que che quería dar os parabéns pola abrumadora creación de artigos que estás a facer[2]. Levas, xa o saberás, 1723 no escaso último ano (antes, en máis de dous anos e pico 'soamente' fixeras 293). É unha cifra fabulosa. Penso que plusmarqueira nesta Galipedia, con tanto artigo único nun único ano. Máis nada. Que non pare a festa creadora. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:44, 2 de setembro de 2010 (UTC)

Vexo que tás cambiando INE (España) por INE, e creo que nos era mellor facer un redirección, non?--213.60.41.113 01:23, 11 de setembro de 2010 (UTC)

Ligazóns interlingüísticas, tamén nas categorías editar

Ola Alfonso.

Cando fagas unha categoría nova, non esquezas poñerlle as ligazóns interlingüísticas.

Olla: [3].

Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 09:40, 19 de setembro de 2010 (UTC)

Permíteme insistir [4]--. HombreDHojalata.conversa 14:11, 23 de abril de 2011 (UTC)

Concellos editar

Ola, Alfonso. Mira, aí atrás decidiuse que se ía modificar o sistema de categorización de parroquias e lugares. Xa os estamos mudando nós, pero se puideses xa crear os novos artigos co novo sistema, mellor, :) O que se fai agora é clasificar pos lugares en Categoría:Lugares de Arteixo e Categoría:Parroquias de Arteixo, por exemplo (mira como quedou). Xa de paso, bótalle un ollo ao wikiproxecto Concellos 2011: a túa axuda sería aprezadísima e boísima (ou viceversa) :). --Xabier Cid Talk, please 23:47, 29 de outubro de 2010 (UTC)--Xabier Cid Talk, please 23:47, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Elis/Élide editar

Creo que hai un erro en Pirrón de Élide, podías dar a túa opinión en Conversa:Pirrón de Élide?--Cheluco 20:45, 20 de decembro de 2010 (UTC)
Non entendín a túa explicación, Elis era unha pole, unha cidade estado, Élide é grego moderno e non apareceu ata moitos séculos despois. Podes explicar polo miúdo o teu razoamento, non o entendín, a verdade.--Cheluco 21:02, 20 de decembro de 2010 (UTC)
Podes ver en inglés por exemplo está obra onde o asentamento e a rexión reciben o nome de Elis indistintamente, [5], nos libros de especialistas en calquera lingua creo que a inmensa maioría utilizan Elis para falar desa rexión do mundo antigo que non se corresponde exactamente coa Élide, que é unha rexión actual grega. Algo así como a Gallaecia e a Galicia, relacionadas pero que non é o mesmo.--Cheluco 21:15, 20 de decembro de 2010 (UTC)

Servizo editar

Erro meu, Alfonso. Foi o outro día, que coa turbina de edicións non reparei en que era un texto en castelán cando modifiquei os *servicio>servizo. Edición revertida. Estás a todo, meu. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:19, 17 de xaneiro de 2011 (UTC)

Mover de páxina editar

Ola, por favor pode mover a páxina Charlotte's Web (1973) para Charlotte's Web (filme de 1973)? Gracias. 99.56.72.50 00:55, 23 de xaneiro de 2011 (UTC)

Saluti dall'Italia editar

Ciao Alfonso. Ci puoi aiutare a tradurre e pubblicare su gl.wikipedia questa pagina ? [6]. Se preferisci è pubblicata anche in spagnolo. Per noi è molto importante. Grazie del tuo aiuto! --Aeron10 14:52, 28 de xaneiro de 2011

Grazie Alfonso, sei stato gentilissimo ! Se hai bisogno, ricambio il favore e puoi scrivimi sul mio account italiano. Saluti da Torino :)--Aeron10 20:42, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Categoría:Matemáticos editar

Ola Alfonso, creaches a Categoría:Matemáticos, pero xa existe a Categoría:Personalidades das matemáticas. Se pensas que debería cambiar de nome, podes propoñelo na páxina de conversa. Saúdos. --Xas (conversa) 17:12, 31 de xaneiro de 2011 (UTC)

Jorge Mira editar

Non, Alfonso. Nin moito menos é iso. O que pasa é que unha categoría está dentro da outra. Se aparece como físicos galegos, xa está dentro dos españois. A cousa está en aquelar a categoría máis directa e de aí vai subcategorizado dentro doutras máis grandes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:37, 5 de febreiro de 2011 (UTC)

Ciao Alfonso,vorrei scrivere qualcosa sulla mafia siciliana,potrei avere il tuo aiuto nella correzione,non scrivo ancora molto bene la vostra lingua.Grazie--Cesar 15:09, 6 de febreiro de 2011 (UTC)

Máis de 3000 artigos creados editar

Moitos, moitos parabéns, Alfonso.[7]. Vaia evolución a túa. A este ritmo, poste de primeiro creador en medio ano.[8] Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 16:02, 28 de febreiro de 2011 (UTC)

Categorías editar

Olla, Alfonso.

Temos dúas categorías para o mesmo, Categoría:Guerras Napoleónicas e Categoría:Guerras napoleónicas. Cal é a que debe quedar? Responde, por favor, na páxina de conversa das categorías.

Apertas--. HombreDHojalata.conversa 20:45, 5 de marzo de 2011 (UTC)

vandalismos ... ou non editar

Boas tardes, Alfonso. A redirección desde xouba e parrocha cara vulva pode reverterse como vandalismo, ou non. É certo que parrocha é un dos mil sinónimos de vulva, aínda que o de xouba nunca o escoitei nin lin nunca (con ese significado, claro). Déixao estar revertido, pero é que non sei se o sabías. Pedro --Lameiro (conversa) 17:54, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Meténdome onde non me chaman: xa hai un precedente, pois cona redirixe a vulva. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:07, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Non me queda claro se estás de acordo coas miñas edicións ou non. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:35, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Ligazóns externas fora do corpo do artigo editar

Ola Alfonso, parabéns polo enorme traballo que estás a facer.

Unha suxestión. Que che parece deixar as ligazóns externas fora do corpo do artigo? cara o final da páxina, por exemplo deste xeito: [9]

Desta maneira o INE pode quedar coma ligazón interna cara o artigo de seu da Galipedia--. HombreDHojalata.conversa 20:24, 24 de abril de 2011 (UTC)

Alfonso sabes dalgunha páxina de axuda de código de cores? --Vivaelcelta 17:58, 15 de maio de 2011 (UTC)

Curiosidade editar

Alfonso, teño unha pregunta de pura curiosidade: ti es fan de Saber y Ganar. Dígocho porque eu si o son, e moito, e xa non é a primeira vez que che vexo facer artigos pouco despois de que falen sobre determinadas temas culturais nas preguntas do programa. Desta vez pasou con Macchu Pichu e mais coa pedriña esta que que vale de calendario estacional e seica chamaban Porta do Sol os incas. Ben, pois xa me contarás. Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 23:01, 23 de xullo de 2011 (UTC)

Ok. Pois mira ti que estaba eu convencido de que si o seguías decote, porque como che digo xa non é a primeira vez que vexo que melloras ou creas un artigo o día despois xusto de o teren como tema do día en Saber y Ganar. Se tal é porque eu si son de crear artigos en base ao dito alí; pero nada: pura coincidencia. --Atobar (conversa comigo) 23:27, 23 de xullo de 2011 (UTC)

Galencontro editar

Ola!. Propuxen un galencontro na taberna, si che apetece podes comentar algo alí e si coincidimos podo darche a túa camiseta do reto da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:39, 28 de xullo de 2011 (UTC)

Por favor, o antes posible confirma, ou non, na taberna que poderías ir ó Galencontro o 17 de setembro. Estamos tentando organizar unha boa pero para iso necesitamos quórum!. :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:32, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Categorías novas editar

Ola Alfonso.

Cando fagas unha categoría nova non esquezas chantarlle algunhas ligazóns interlingüísticas para que os bots traballen a partires de aí.

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 18:24, 9 de agosto de 2011 (UTC)

páxinas de homónimos editar

Ola: estiven vendo que nas páxinas de homónimos que creaches sobre topónimos vés cometendo un erro, sen dúbida porque traballas cun modelo. Pos sistematicamente Co topónimo XXX podemonos referir a... co cal aparece sempre o erro *podemonos no canto de podémonos. Algún xa o corrixín eu, revisa os que fixeches e, sobre todo, revisa o modelo para non seguir co erro. Así e todo dicir que o teu traballo me parece magnífico ao ires enchendo esa manchea de topónimos que aínda quedan sen entrar na Galipedia. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 10:38, 19 de agosto de 2011 (UTC)

Escudos dos concellos editar

Ola Alfonso: Moitas grazas pola información, levo pouco tempo nisto e toda axuda é boa. Xa vin que levas máis de 3000 entradas en catro anos, es unha máquina! Tamén lin que unha das túas especialidades son os concellos de Galicia, co cal aproveito para comentarche unha cousa acerca das galerías de escudos. Penso que sería conveniente unificar criterios en todas as galerías. Por exemplo, na galeria da provincia de A Coruña os concellos que levan artigo como A Capela, A Laracha aparecen ordeados pola letra do nome, cousa que me parece correcta mais penso que quedaría mellor o artigo ao final: Capela, A; Laracha, A.
Por outra banda, na galería de escudos de Galicia, ditos concellos aparecen na letra A. Creo que deberían estar como na provincia da Coruña coa salvedade que che dixen. Ti que opinas? --Xosé Antonio 10:57, 20 de agosto de 2011 (UTC) Fálame sempre

Lugares editar

Ola Alfonso.

Mudei co BotDHojalata tódolos "==Lugares e Parroquias==" por "==Lugares e parroquias"== ("p" minúscula).

Aproveito para comentarte un tema que cavilo dende fai tempo. A tódolos artigos novos de lugares méteslle o {Lugares de Galicia en progreso}. Pensas que é necesario? Eu teño visto varias enciclopedias, en papel, DVD... e mesmo as galegas EGU e GEG non lle adican, na maioría dos casos, ás parroquias máis ca unha liña ou duas, canto máis ós lugares. Imos ser nós máis papistas que o papa? Os artigos de lugares que fas novos non teñen porqué considerarse incompletos nin teñen porque chegar a ser artigos extensísimos. Penso eu que están moi ben, que non habería porqué metelos na Categoría:Lugares de Galicia en progreso > Categoría:Galicia en progreso > Categoría:Wikipedia:En progreso > Categoría:Wikipedia:Artigos con problemas que está alcanzando un contido desorbitado e inmanexable, so a primeira delas contén, de momento, preto de 3000 artigos

Como dato anecdótico comentar que nalgunha wiki xa descartaron o uso dese tipo de carteis. Se un artigo é curto xa o vé todo o mundo a simple vista, non fai falla meterlle un cartelón dicindo que o artigo é curto.

Ti que opinas? eu sería partidario de retirar o Modelo:Lugares de Galicia en progreso de todos eles.

Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 12:22, 28 de agosto de 2011 (UTC)

Moi de acordo coa exposición de HombreDHojalata. Íacho dicir eu hai tempo, fóime o santo a ceo e ao final nunca cho dixen, Alfonso. En fin, que tamén eu vexo innecesario o marcador para este tipo de artigos en concreto. Moitos sáudos. --Atobar (conversa comigo) 14:20, 28 de agosto de 2011 (UTC)
Graciñas, alédome de que concordemos--. HombreDHojalata.conversa 16:57, 28 de agosto de 2011 (UTC)

IGE Nomenclátor editar

Esta é a ligazón: Nomenclátor IGE. Saúdos. --Xas (conversa) 17:34, 17 de setembro de 2011 (UTC)

Arquivar conversa editar

Para arquivar a túa páxina de conversa, móvea cara a Conversa usuario:Alfonso Márquez/Arquivo 1.

Logo, o principio da páxina Conversa usuario:Alfonso Márquez muda a redirección polo modelo {{arquivos}}.

Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 20:13, 17 de setembro de 2011 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Alfonso Márquez/Arquivo 1".