Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots


Esta é a páxina de conversa acerca das imaxes da semana.
Para propor novas imaxes da semana ou para votar as propostas actuais, utilice as ligazóns que hai á dereita.

Problema coa imaxe da semana na portada editar

A Imaxe da semana non se ve na portada xa que as imaxes estanse gardando en páxinas da forma "01 2009", "02 2009", etc. mentres que as variables empregadas para xerar a ligazón ( {{CURRENTWEEK}} {{CURRENTYEAR}} ) devolven "1 2009", "2 2009", etc., sin o cero diante da semana.

Vou mover as páxinas xa creadas para estas primeiras semanas e cambiar as ligazóns nesta páxina para que cando se creen as páxinas para vindeiras semanas non teñamos o mesmo problema.

Saúdos e feliz ano! ;) --Banjo tell me 12:30, 12 xaneiro 2009 (UTC)

  • Faigo unha e desfaigo outra... Agora as ligazóns están ben e na portada vese ben, pero a sección "Vindeiras imaxes..." ten os "0"... Ao longo da tarde miroo e arranxoo, prometido :) --Banjo tell me 12:41, 12 xaneiro 2009 (UTC)

Erro na imaxe da semana editar

Penso que hai un erro, "alfareiro" é unha palabra inexistente en galego, o termo correcto é "oleiro" (acabo de corroboralo en sendos dicionarios de Xerais e Ir Indo).Saúdos!--Paradanta 09:39, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Xa non o penso, estou seguro ( véxase diccionario RAG). Cómpre mudar "alfareiro" por "oleiro".--Paradanta 10:04, 21 de xuño de 2010 (UTC)

Sobre Santo André de Teixido, unha errata: Teixido é parroquia diferenciada da de Régoa. A ver se alguén a pode corrixir na portada. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:04, 23 de agosto de 2010 (UTC)

Estamos mudando o deseño da portada? editar

Sempre, ata a semana 34/2010 incluída, o pe de foto da imaxe da semana remataba con Vexa o artigo.... Ultimamente (35, 36 e 37) mudouse por Véxase o artigo..., engadindo "...se". Penso que cómpre volver a forma tradicional, queda mellor--. HombreDHojalata.conversa 14:06, 13 de setembro de 2010 (UTC)

Sería o costume de poñer o Véxase tamén. Volvín ao formato habitual. --Toliño Fala aquí comigo 14:14, 13 de setembro de 2010 (UTC)
Erro meu. Foi efectivamente polo costume do véxase tamén/ligazón externas. --Atobar (conversa comigo) 15:18, 13 de setembro de 2010 (UTC)

Imaxes editar

Administradores, faltan as imaxes das semanas 01, 02 e 03 deste ano. Gracias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:47, 3 de xaneiro de 2011 (UTC)

Lagomorfos editar

Non ten moito xeito ligar a imaxe cun artigo que aínda non existe, non queda ben. Independentemente de que se escriba a posteriori, penso que cómpre procurar ligar a imaxe da semana cun artigo que xa exista, e que teña ademais un mínimo de calidade. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 12:39, 31 de outubro de 2011 (UTC)

  Feito!. Xa fixen o artigo, pero penso que é algo que hai que ter en conta en vindeiras ocasións. --Paradanta (Cóntame) 13:14, 31 de outubro de 2011 (UTC)
Estou de acordo. Non podemos dicir "Vexa o artigo X" e que non exista ese artigo. --Toliño Fala aquí comigo 14:37, 31 de outubro de 2011 (UTC)
Comprendo perfectamente ese punto de vista, e maiormente o comparto, pero ... onte estiven dándolle voltas un bo tempo cando fixen o pé de foto, e pensando como o podía facer. Os elementos que tiña para xogar e construír dúas frases sen resultar repetitivo eran "coello" e "Illas Cíes". Penso que "Illas Cíes" xa é un tema moi tratado así que pensei en ir a por "coello". Estiven investigando, e resulta que un coello é ... un lagomorfo (antes diso a min mátasme é sigo dicindo que é un roedor), que resulta que ten artigo en máis de 50 wikipedias e na Galipedia non. Aí o tiven claro!, como caso excepcional, podía ser axeitado, incluso moi conveniente, meter unha ligazón vermella na portada da Wikipedia. Resultado... hoxe temos artigo (gracias Paradanta).
En todo caso sempre son de agradecer as propostas de pés alternativos. É algo que propuxen fai tempo e que durante unha temporada se fixo: Cando se propón unha imaxe incluír a proposta do pé, e no proceso da votación engadir propostas alternativas se a alguén se lle ocorre algunha mellor.
Por certo, anímovos a todos a participar máis nas seccións da portada. Hoxe é fin de mes e hoxe acadamos, polos pelos, os votos mínimos para sacar portada nova esta noite. E máis ou menos tódolos meses ocorre o mesmo. Pódese colaborar propoñendo, construíndo os resumos ou simplemente votando. Pódeo facer calquera usuario, non fai falla ser administrador para traballar en ningún dos procesos. Un artigo de calquera pódese facer antes ou despois pero as sección da portada hai que sacalas segundo marca o calendario, e as políticas piden, por exemplo, un número mínimo de votos.
Algún voluntario que nunca o fixera e que queira probar a facer a portada do mes que ven?
--. HombreDHojalata.conversa 19:23, 31 de outubro de 2011 (UTC)
Sen medo! que os demais lle imos axudar--. HombreDHojalata.conversa 19:24, 31 de outubro de 2011 (UTC)

As propostas que estean nun artigo editar

Non estou seguro de se é unha normativa, polo que lembro creo que non, pero propoño que tódalas imaxes que se postulen a imaxe da semana estean nalgún artigo. Isto non quere dicir que non poda haber ligazóns vermellas no texto para a portada, unha cousa non quita a outra. É que paréceme un desperdicio escoller boas imaxes e que sexa posible que esa imaxe non se este a usar. Xa que é unha imaxe escollida pola comunidade debería estar nalgún artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:16, 17 de xullo de 2012 (UTC)

Discordo, non teñen porqué. As imaxes poden facer referencia a un tema e a un artigo ou artigos, e eses artigo conter a súa vez outras imaxes, etc etc ou non. Iso se vai vendo sobre a marcha. Non sei porqué temos que buscar unha complicación máis impoñendo máis normas innecesarias, cando a propia sección sobrevive polos pelos. Participan poucos usuarios e sempre se saca adiante a última hora. --. HombreDHojalata.conversa 23:07, 17 de xullo de 2012 (UTC)

erro na imaxe desta semana editar

Boas, xa deixei un comentario no propio arquivo da imaxe pero engádoo aquí. Cando poñemos algo na portada penso que deberiamos poñer especial coidado en que non se nos escapen erros. Pois na imaxe da vía XIX de Antonino aparece un, pois aparece CALLAECI LUCENSIS, cando o correcto é CALLAECI LUCENSES. Conviría corrixir ese pequeno erro. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 14:17, 23 de xullo de 2012 (UTC)

Creo que xa o amañei, e fixen uns cambios para traducir un par de cidades ó galego, pero iso fíxeno noutra versión, a Vía XIX gl.svg. Se a vedes ben pode cambiarse pola da portada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:05, 23 de xullo de 2012 (UTC)
Cumpría poñer esta versión que corrixiu Elisardo na portada.--Servando2 (Dime) 08:30, 24 de xullo de 2012 (UTC)
Esta discusión dispersouse en sete páxinas.
Na versión "...gl" está o mapa corrido cara arriba. Cómpre non precipitarse. Repasalo e facer as correccións que sexa nun só ficheiro. Non ten sentido crear un novo.
Lamento os erros, máis, como xa se dixo, a imaxe está baseada nun panel que hai enfronte da igrexa de Rebordáns (Tui) e estivo exposta á comunidade máis dun mes en Wikipedia:Imaxe da semana/Votacións. Cando acabemos de corrixilo mesmo pódese enviar un correo-e á deputación, coa esperanza de que o amañen. --. HombreDHojalata.conversa 15:15, 24 de xullo de 2012 (UTC)
Xa está amañado o do desplazamento do mapa _gl, sinto as molestias. Fixen esa versión porque o orixinal, e o panel, tiñan algunhas cidades co nome incorrecto en galego, por exemplo, Porto, As Médulas e Ponte de Lima. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:51, 24 de xullo de 2012 (UTC)

AXUDA!! editar

Por favor, que alguén bote un ollo; está na portada como imaxe da semana a foto da semana 1/2012; debería ser 53/2012 ou 1/2013. --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de decembro de 2012 ás 16:09 (UTC)Responder

Pois está complicada a cousa porque o que ten a portada é este código: {{Wikipedia:Imaxe da semana/{{CURRENTWEEK}} {{CURRENTYEAR}}}}, está usando variables do sistema e se esas variables teñen mal os valores a única solución é por os valores directamente e esperar que se amañe nuns días. Habería que cambiar ese código por: {{Wikipedia:Imaxe da semana/53 2012}}. E aparecería isto:
 
Monte Faro visto desde o coto de San Cristovo (Novelúa).
Vexa o artigo Serra do Faro

Iso, si habería que facer a páxina da imaxe desta semana, pero eu agora non teño tempo :), a ver se outro pode Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de decembro de 2012 ás 19:36 (UTC)Responder

Pois eu non sei moi ben como facer: creei a páxina da imaxe da semana 53/2012 pero non aparece. Tamén puxen a mesma en imaxe da semana 1/2013 e tampouco aparece. Debe ser que as variables do sistema só admiten 52 semanas no ano... Eu non sei como amañalo. Que alguén que saiba lle bote un ollo! --Xas (conversa) 31 de decembro de 2012 ás 20:24 (UTC)Responder

Año editar

Na imaxe da semana dise "año de cabra montesa". Eu creo que año é a cría da ovella. Non sei se se pode usar para cabras tamén (segundo o DRAG non).--Miguelferig (conversa) 31 de marzo de 2014 ás 10:10 (UTC)Responder

Cambieino por cría, grazas ós dous polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de marzo de 2014 ás 11:20 (UTC)Responder

Terraza editar

Na imaxe da semana fálase de terrazas nun campo de arroz, cando en galego a palabra correcta coido que sería socalco, terraza ten outros significados.Nachonion (conversa) 21 de abril de 2014 ás 19:03 (UTC)Responder

Imaxe da semana próxima repetida e proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana editar

Boas, Banjo, acabo de decatarme que a foto da semana próxima xa apareceu na portada no 2012, pode verse en Wikipedia:Galería_de_Imaxes_da_Semana na semana 10. A estas alturas e dado que estamos moi xustos de fotos supoño que xa non pagará a pena cambiala por outra.

E ligando con isto, levo tempo pensando en como evitar este problema de escoller imaxes para a portada. Tendo en conta que xa case temos 15 anos de fotos escollidas e descritas, quen se vai lembrar das fotos que se puxeron no 2006? Entón o que se podería facer é, volver a poñer as imaxes que foron escollidas neses 15 anos e comezar a poñelas de novo de forma consecutiva. Habería que montar algún sistema para que isto funcionara de forma automática e que así fose unha tarefa menos a realizar, e a maiores, habería que cambiar as normas para votar a eliminación de imaxes, algunhas dos primeiros anos, que teñan menor calidade (que poderían substituírse por outras de Commons co mesmo tema para aproveitar o mesmo pé de imaxe), e un sistema de escolla de novas imaxes para ir "engordando" ese "banco" de imaxes da portada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de maio de 2019 ás 07:06 (UTC)Responder

@Elisardojm: Son dous ficheiros distintos, por iso non me decatei ó propoñela, pero sí, é a mesma imaxe (debería pedirse que borren unha delas en Commons por duplicada?). Gústame a idea de facer un pool de imaxes preseleccionadas para a portada, pero xa postos a propoñer algo así, tendo en conta o volume de imaxes que levamos, poderíamos tentar facelo para que haxa unha imaxe diaria en lugar de semanal. Poderíamos seleccionar 365(366?) imaxes das 668 que hai en Categoría:Imaxes da semana e ir colocándoas unha por día. O sistema podería ser o mesmo que hai agora pero en lugar de ir por semana iría mudando por día, pódese reaproveitar ata certo punto. Ou, case mellor, algo parecido o que propós: darlle unha revisada as máis vellas e de menor calidade, e deixar as 600+ que queden nunha "cola" para que vaian unha por día... As novas propostas poderían irse engadindo no lugar de turno dos seguintes días nesta cola, e sempre habería un buffer por se hai períodos de poucas propostas... aínda que isto requeriría un sistema distinto do de agora, probablemente módelo/módulo mediante... Se che mola esta idea tento sacar tempo para a semana para estudar como podemos implementala. O que si, unha vez definido o sistema habería que sometelo a votación formal. Banjo tell me 24 de maio de 2019 ás 17:38 (UTC)Responder
@Banjo:Si, son ficheiros diferentes pero a mesma imaxe, hai pequenas diferenzas pero o resultado é moi semellante. Quizais si debería poñerse a marca de mesma imaxe pero non o teño claro, é que as dúas teñen a marca de calidade, eu case digo que se amañen alí.
A min paréceme ben poñer unha foto distinta por día, hai fotos abondo para facelo e pouco a pouco iranse sumando máis, o que non pillo moi ben é como queres facer ti... Se temos +600 fotos para ir poñendo consecutivamente (que irán subindo coas novas propostas que se vaian aprobando), non entendo o do buffer, segundo a miña idea, cando se remate a lista, volvería poñerse a primeira foto, e así seguido... É dicir, se temos +600 fotos, comezarían a repetiranse ó pasar dous anos, pero cando teñamos 1800 fotos comezarían a repetiranse ó pasar tres anos, e así... Non estou seguro de que isto sexa o mesmo que dis ti...
Eu antes de romper a cabeza sobre como facelo, penso que sería mellor preguntar á comunidade que lle parecería a idea, non imos pasar un traballo para que despois non se poida aplicar, se a xente acepta facelo así, logo podemos buscar a forma de argallalo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de maio de 2019 ás 22:30 (UTC)Responder
@Elisardojm: Si, ven sendo como indicas. Poñendo como suposto que tivesemos 365*2=730 imaxes da semana seleccionadas. Arranxamos estas 730 nunha cola de imaxes e teríamos imaxe do día para dous anos. O primeiro día do terceiro ano, repetiríase a primeira imaxe desa cola. Para que pasasen a repetirse cada tres anos teríamos que chegar ás 1095 imaxes, cada catro 1460, etc... As imaxes novas que se vaian engadindo non se engadirían ó final da cola, senón por exemplo na posición do día en que se aproben +7 días, ou algo asi, para que non tarden un ano en aparecer na portada. Déixame un par de días para sacar tempo e argallar un guión formal de como creo que deberíamos poñer esto en práctica, cando o teña listo revisámolo aquí e logo facemos a proposta formal. Banjo tell me 25 de maio de 2019 ás 08:29 (UTC)Responder
@Banjo:Vale, por min perfecto, colle os días que precises que non hai présa :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de maio de 2019 ás 21:58 (UTC)Responder

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── @Elisardojm: O plantexamento que cavilei sería máis ou menos o seguinte:

A nivel técnico:

  1. Deseñamos un sistema que recolla as imaxes nun formato de lista, que vaia mudando a imaxe diariamente según o día do ano de forma correlativa segundo a posición de cada imaxe nesa lista. Tal e como o teño pensado, este formato permitiría "colocar" imaxes en días concretos, se así se quere (para datas sinaladas por exemplo), e requiriría un mantemento mínimo, como moito un cambio cada vez que se achegue ó final da lista (cada 1-2 anos), á marxe de ir engadindo/eliminando imaxes segundo se precise. Un modelo, un módulo e unha subpáxina para a lista sería suficiente. (Na miña cabeza téñoo repensado, na práctica igual me leva un pouco poñelo a funcionar :) )
  2. Unha vez posto a funcionar, realizamos unha limpeza nas imaxes da semana xa seleccionadas. Eliminamos duplicadas, as de baixa calidade, e as composicións que non se poidan adaptar ó novo formato. As duplicadas non deberían ter problema, as de baixa calidade habería que ver se é necesario facelo baixo algún tipo de consenso. En canto as composicións, a maioría seguramente sexan válidas, algunhas como unha que propuxen eu unha vez con catro retratos nun cadro igual son máis complicadas.
  3. En canto a lista estea definida, configuramos todo para unha data concreta, facemos o cambio e listo, a funcionar.

A nivel "burocrático":

  1. Habería que someter a proposta a votación, e se o consideras necesario a un consenso previo baixo proposta na taberna. Se non che amola déixoche esta parte a ti, se xorden dúbidas sobre a parte técnica do sistema proposto encárgome eu de respondelas sen problema.
  2. De aprobarse, manteríamos o sistema actual de novas propostas (mesmos votos e prazos). As imaxes seleccionadas, de non indicarse unha data concreta, engadiríanse na lista na posición da data de aprobación + 7 días por exemplo, para que non haxa que agardar ata a fin da lista para que aparezan en portada. Igual habería que definir un sistema de propostas por se se quixera modificar algunha posición ou eliminar algunha imaxe da lista nun futuro, trala limpeza inicial.
  3. Se se aproba póñome a traballar a partir dese momento, tentarei non tardar moito en completalo, e unha vez listo acordamos unha data para poñelo en funcionamento.

Se ves calquera cousa que queiras comentar ou que che pareza mellor facer doutra forma, dalle sen medo. Banjo tell me 29 de maio de 2019 ás 21:44 (UTC)Responder

@Banjo:Eu véxoo ben, penso que o mellor é comentalo primeiro na taberna para a xente comente o que lle parece, e logo se hai consenso podemos facer unha votación. Eu encárgome diso, poreino na taberna-imaxes.
Si teremos que definir un pequeno proceso para quitar imaxes da lista ou cambialas de posición como dis ti. O proceso de quitar imaxes da lista valería tamén para facer a limpeza das imaxes de menos calidade.
O que tamén haberá que facer será unhas probas, quizais poderían usarse as páxinas de probas da portada que hai por aí, podería probarse durante uns días para comprobar que rula ben. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de maio de 2019 ás 22:38 (UTC)Responder
@Banjo: Xa está proposto na taberna, bótalle un ollo e comenta ou cambia o que vexas, cando o teñas repasado avísame e mando unha mensaxe en masa de aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de maio de 2019 ás 14:36 (UTC)Responder
@Elisardojm: Ta perfeto, dalle! :) Banjo tell me 30 de maio de 2019 ás 15:05 (UTC)Responder
@Banjo:, supoño que xa o verías, na taberna hai consenso para levar adiante a proposta así que cando queiras podemos ir facendo algo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2019 ás 18:09 (UTC)Responder

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────@Elisardojm: vin si. Estiven fedellando onte e hoxe, téñoo semi-funcional xa feito en Wikipedia:Portada/probas, usando Modelo:Imaxe do día, Módulo:Imaxe do día e Módulo:Imaxe do día/lista1. O seguinte que teño que facer é unha lista temporal de ~200 ficheiros nesta última páxina para probar nos próximos días que vaia cambiando de forma correcta cada día de forma automática, e revisar un par de cuestións pendentes no formato do renderizado final. Despos diso tentarei mirar cómo adaptar as imaxes múltiples e outras cuestións, pero xa estaría prácticamente listo. O listado final de imaxes haberá que procuralo de forma máis consensuada, a falta deste listado final para esta finde calculo que xa quedará listo para funcionar. Banjo tell me 4 de xuño de 2019 ás 18:19 (UTC)Responder

@Banjo:Ah, non me decatara de que xa te puxeras co choio, xenial :). Teño que amañar unha lea que fixen cos modelos dos períodos xeolóxicos e logo miro isto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xuño de 2019 ás 18:24 (UTC)Responder
@Banjo:, boteille agora unha ollada a Modelo:Imaxe do día, e vexo que usa a función time para coller o día do ano, pero non estou seguro de se isto funcionará como queremos. Non o mirei a fondo, pero penso que tal e como está Módulo:Imaxe do día (cando se quite o comentario de n == dia, claro), o que se vai coller só son as 365 primeiras imaxes, porque ó comezar o ano a función time devolverá 1, e o resto de fotos da lista nunca sairán... Pero non estou seguro de que isto sexa así porque non controlo esta linguaxe e ó mellor só é a miña impresión, bótalle ti un ollo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de xuño de 2019 ás 23:11 (UTC)Responder
@Elisardojm: É o único sistema de "contador" factible que atopei. As alternativas serían ter un bot programado para editar unha páxina contador cada día ou engadir valores de datas nos listados, ámbalas dúas opcións probablemente demasiado traballosas. Usando este sistema o que hai que facer e dividir en listas, unha lista coas primeiras 365, outra coas seguintes, e só habería que mudar un nome de páxina no módulo cada 1 de xaneiro. Ademáis así hai flexibilidade á hora de posicionar as imaxes para que saian nunha data ou outra. O que máis traballo ha dar é facer a selección inicial, a partir de ahi ha quedar todo ben rodado. Cando o teña ben rematado deixo documentado como funcionar con este sistema. Banjo tell me 6 de xuño de 2019 ás 21:41 (UTC)Responder
@Banjo: Ah, vale, agora pillo como funciona. Tes razón, dese xeito é moi doado cambiar a foto que vai saír un día determinado. O que molaría sería ter un xeito de que cada 1 de xaneiro o ficheiro cambie automaticamente. Ás "malas" podería poñerse un switch polo ano, e para cada ano collerase o ficheiro asociado, así non habería que facer xa nada, polo menos mentres non houbera que engadir máis ficheiros ou comezar a repetir as fotos :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2019 ás 22:53 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Imaxe da semana".