Conventus iuridicus

(Redirección desde «Conventus»)

O conventus iuridicus (convento xurídico) foi unha subdivisión administrativa romana, utilizada nas provincias de Asia, Dalmatia e Hispania,[1] cuxa creación atribúese á época de Augusto.[2] Unha fonte importante para a identificación dos conventus é a Historia Naturalis de Plinio.

Mapa dos conventi iuridici na Península Ibérica

Características

editar

O convento posuía un territorio limitado adscrito a unha capital, da que recibía o nome e onde se centralizaban as funcións administrativas propias, que, nun principio, parecen ser militares e, en pouco tempo, de administración de xustiza, mais aínda fiscais, financeiras, relixiosas e militares (aínda que as fiscais e militares néganse nos últimos tempos).

Cada convento depende en realidade da capital da provincia e do seu maxistrado dirixente, que acode periodicamente á capital conventual, aínda que, no caso concreto da Gallaecia, desde o século I d.C., hai un legado (legatus iuridici pro Asturica et Gallaecia), con residencia en Asturica ou en Legio, á parte doutros maxistrados menores en cada un dos conventos (tabularii, exactores etc).

Conventos en Hispania

editar

A Bética e Lusitania foron divididas en conventos xurídicos desde o inicio do Imperio, mais a Hispania Citerior, non o foi até Claudio, e con maior seguranza, desde os emperadores Flavios.

Estes conventos eran os seguintes:

 
Límites da Gallaecia trala división de Diocleciano no 298.

Na Tarraconense:

Se ben, estes catro primeiros acabarían por integrarse entre os séculos III e V, nunha provincia propia chamada Gallaecia.

Na Baetica:

Na Lusitania:

Conventos da Gallaecia

editar
 
División tradicional dos conventos xurídicos da Gallaecia tras a reorganización administrativa do emperador Diocleciano

Tradicionalmente cítanse para a antiga Gallaecia, tres conventos: o Conventus bracarensis, con capital en Bracara Augusta (a actual Braga), o lucensis con sede en Lucus Augusti (Lugo) e o Conventus asturicensis, cuxa capital era Asturica Augusta (Astorga). Porén a provincia da Gallaecia, comprenderá tamén o Conventus cluniensis, que tiña como capital Clunia, hoxe identificábel coa pequena localidade de Coruña del Conde, en Burgos.

Os límites precisos destes conventos non están suficientemente expresados na documentación antiga. De aí xorden certas contradicións entre os especialistas á hora de indicar a situación das lindes. Porén dun xeito aproximado coñécense:

Convento bracarense

editar

O conventus bracarensis tiña como linde segura cara ao sur o curso do río Douro, que marcaba a raia coa Lusitania. Os lindes setentrionais, son mal coñecidas, mais abranguía, desde logo, a parte meridional da actual provincia de Pontevedra, e case toda a provincia de Ourense. Nesta fronteira, a respecto do convento lucense, existe un certo consenso en marcalo, nunha parte, no río Sil. Cara a oriente, o río Navea, afluente do Sil, sería a divisoria a respecto do convento asturicense, quedando as actuais comarcas de Trives (esta non completamente), Viana e o Valdeorras dentro dos dominios conventuais de Astúrica, como aínda son na actualidade territorio da diocese episcopal de Astorga. Verosimilmente, a actual comarca de Quiroga, sería tamén asturicense (até 1955 tamén pertenceu ao bispado astorgano). Os Tras-os-Montes e parte da actual provincia de Zamora, formarían parte do convento bracaraugustano.

Convento lucense

editar

O Conventus lucensis abarcaba a provincia da Coruña por enteiro; o norte da actual provincia de Pontevedra, a maior parte da de Lugo (salvo a comarca de Quiroga, ao sueste) e incluía territorios occidentais da actual Asturias, até a desembocadura do río Navia, é dicir, até onde se marca hoxe a zona litoral asturiana de fala galega.

 
Gallaecia, onde podemos observar as catro capitais

Convento asturicense

editar

O Conventus asturicensis, tiña a respecto do lucense, os límites indicados arriba, de norte a sur, é dicir o río Navia, a comarca de Quiroga, o río Navea, e as comarcas galego-orientais da actual diocese de Astorga. A respecto do convento de Braga, a divisoria debía estar estabelecida pola serra da Culebra e os Tras-os-Montes (pero Castro Avelâes, sobre o río Sabor era asturicense, polo que este río debeu ser antigo linde). Cara ao Sur o río Douro indicaba o fito meridional, nun curto tramo, pois desde a confluencia co río Esla, este río, a contracorrente, e logo o río Cea, afluente á súa vez do último, sinalaba a fronteira co conventus cluniensis, até os Montes cántabros. O límite norte asturicense estaba sinalado polo mar Cantábrico, de xeito que, case toda Asturias, era asturaugustana.

Convento cluniense

editar

O Conventus cluniensis, o máis oriental da antiga provincia da Gallaecia, incluía polo Norte a actual Cantabria, indicando a antiga Amaia (hoxe Retortillo en Burgos) un dos confíns co convento cesaraugustano; polo leste, os contrafortes montañosos do sistema Ibérico, sinalarían outros. As montañas do Sistema Central marcaban o límite sur.

  1. Dopico (1986), p. 266
  2. Jacques (2010), pp. 174-175

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar