Scalabis

cidade da Lusitania entre Olisipo e Emerita

Scalabis (tamén orixinalmente Scallabi Castrum, Præsidium Iulium ou Colonia Scallabis Iulia) foi o antigo nome romano para a cidade portuguesa de Santarém, situada na provincia romana da Lusitania, sita entre Olisipo (hoxe Lisboa) e Augusta Emerita (a actual Mérida). Plinio o Vello indica que era colonia romana ( Praesidium Julium Scalabium ) e sede dun convento xurídico. Tolomeo menciónaa, erradamente, como Σκαλαβίσκος , probabelmente por corrupción de Σκαλαβίς κολ (colonia).

Modelo:Xeografía políticaScalabis

Localización
Mapa
 39°14′06″N 8°40′34″O / 39.235105, -8.676233Coordenadas: 39°14′06″N 8°40′34″O / 39.235105, -8.676233
Rexión históricaHispania
Provincia romanaLusitania Editar o valor em Wikidata
Sucedido porSantarém Editar o valor em Wikidata

Historia

editar

A primeira ocupación humana documentada data do século VIII a. C.[1] Tamén hai evidencias de comercio cos fenicios, favorecido pola súa localización como un posto comercial no río Texo.

Os romanos chegaron a esta rexión no ano 138 a. C. e instaláronse na cidade, co nome de Scallabis, e limitándose á zona fortificada actualmente coñecida como Alcáçova de Santarém.

Unha última designación foi " Scallabis Praesidium Iulium ", dada por Xulio César no 61 a. C.,[2] coa instalación dun campamento militar xunto ás fortificacións anteriores.[3][4] A maioría dos cidadáns estaban entón inscritos na gens romana Sergia.

A cidade converteuse nun dos centros administrativos máis importantes da provincia de Lusitania no século I d. C., como cabeza dun conventus iuridicus, o Conventus Scallabitanus que incluía cidades como Olisipo , Seilium e Conímbriga.[2] Estaba unida por importantes estradas a Olisipo, Bracara Augusta.

En 460 Escalabe foi conquistada por Sunirico (xunto con Nepociano e Teodorico II ) como parte dunha campaña contra os suevos. O dominio romano rematou, coa cidade pasando a formar parte do Reino Visigodo.[5]

Coas invasións alanas e vándalas, a cidade pasou a ser coñecida como " Sancta Irene ", a raíz do nome actual " Santarém ".

  1. "O Jardim da Porta do Sol" (PDF). museu-santarem.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2012. Consultado o 2002. 
  2. 2,0 2,1 "Enquadramento historico-arqueológico da Alcáçova de Santarém" (PDF). patrimoniocultural.gov.pt. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2022. Consultado o 2022. 
  3. "Câmara Municipal de Santarém - História e Geografia". ribatejo.com. Arquivado dende o orixinal o 2022. Consultado o 2007. 
  4. "Santarem (Portugal) - Britannica Online Encyclopedia". britannica.com. Consultado o 2011. 
  5. "História - Município de Santarém". cm-santarem.pt.