CB Gran Canaria

(Redirección desde «Auna Gran Canaria»)

O Club Baloncesto Gran Canaria - Claret, S.A.D., coñecido tamén coma Dreamland Gran Canaria por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Illas Canarias. Fundado en 1963 co nome de Colegio Claret, actualmente xoga na Liga ACB. Desde 2014, tras deixar o Centro Insular de Deportes, o equipo disputa os seus partidos como local no Gran Canaria Arena, recinto con capacidade para acoller 11 500 espectadores.[1]

Dreamland Gran Canaria
Información xeral
Liga ACB
Alcume Granca
Fundación 1963
Historia Colegio Claret (1963–1985)
Claret Gran Canaria (1985–1988)
Cores           Amarelo e azul
Presidente España Enrique Moreno
Adestrador Eslovenia Jaka Lakovič
Localización
Cidade España As Palmas, España
Pavillón Gran Canaria Arena
Capacidade 11 500
Inauguración 15 de marzo de 2014
Campionatos
Supercopa 1 (2016)
cbgrancanaria.net

Historia

editar

O actual CB Gran Canaria naceu no ano 1963 dentro do Colexio Claret, e durante moitos anos xogou co nome de dita entidade. Tralos bos resultados nas competicións escolares, decidiu federar ao equipo, que pasou a integrarse na Segunda División. Até o ano 1984, p seu primeiro equipo militaría nesa categoría, e é ese mesmo ano cando se decide a confeccionar uns estatutos propios para ter personalidade xurídica independente. Ditos estatutos son aprobados o 22 de maio de 1985 polo que o equipo pasa a denominarse Claret Club de Baloncesto.

Na temporada 1984−85 acada o ascenso á Liga ACB, baixo a denominación de Claret Bofill e xogando os seus partidos no Pavillón Municipal de Tamaraceite debuta na máxima categoría, que non pode conservar, baixando de novo á Primeira División B. Ascende de novo á Liga ACB na temporada 1987−88, pasando na temporada seguinte a denominarse C.B. Gran Canaria nun intento de reivindicar ao Club como expoñente de onde asenta á súa masa social. No seu regreso á ACB, estrea novo pavillón en setembro de 1988, o Centro Insular de Deportes. Tras dúas temporadas na ACB, descendeu novamente á Primeira División B para recuperar de novo a súa praza na máxima categoría na temporada 1991−92.

Por esixencias do Consello Superior de Deportes faise de obrigado cumprimento a transformación do club en Sociedade Anónima Deportiva, a cal se constitúe o 30 de xuño de 1992 logo dun apoio incondicional por parte das institucións locais (Cabido de Gran Canaria, Concello,...) e o accionariado privado. Logo de varias temporadas na categoría de prata do baloncesto español (Primeira División e Liga EBA), na temporada 1994-95, o actual Gran Canaria lograba o campionato da Liga EBA e o ascenso automático por cuarta vez á Liga ACB. Dende aquela militou na máxima categoría do baloncesto español de xeito ininterrompido.

A temporada 2006−07 supuxo a duodécima participación consecutiva na Liga ACB. Foi a temporada onde obtivo o maior número de vitorias (23) e na que se conseguiu permanecer imbatido en toda a segunda volta da fase regular da ACB, no Centro Insular de Deportes. O Gran Canaria participou por sexto ano nos play-off (quinto ano consecutivo), na fase final da Copa do Rei (quinta temporada e terceira consecutiva) e un ano máis (o terceiro) na competición europea, a Copa da ULEB. Na temporada 2007−08 non se conseguen os obxectivos iniciais, quedando fora da fase final da Copa do Rei e dos play-off finais, obtendo un noveno posto que permite ao club participar na Copa da ULEB, na súa actual denominación de Eurocup.

Na temporada 2008−09 o equipo logrou ser líder durante unha xornada logo de vencer ao Unicaja Málaga no Centro Insular de Deportes, finalizando unha grande primeira volta na que se conseguen 10 vitorias, o equipo clasifícase para disputar a Copa do Rei disputada no Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid, onde cae en cuartos de final ante o Unicaja Málaga. Durante a segunda volta lógranse outras 10 vitorias que clasifican ao equipo para os play-off polo título. O seu rival en cuartos de final foi o seu verdugo na Copa o Unicaja de Málaga. No primeiro partido en Málaga houbo vitoria 90-96, mais o Unicaja remontou gañando no CID e o terceiro e último partido en Málaga, o que supuxo a eliminación. Esta será lembrada pola consecución de 12 vitorias consecutivas como local, sendo o mellor rexistro do equipo na ACB, e igualando con 7 vitorias consecutivas a marca acadada na temporada 2005-06. O sexto posto final permítelle xogar unha vez máis en competición europea.

En [[[2014]] o equipo estrea un novo pavillón, o Gran Canaria Arena, o cal conta con capacidade para 11 500 espectadores. Entre o ano de inauguración do pavillón e 2018 o equipo consegue particpar de forma consecutiva en catro EuroCups, sendo finalista da edición de 2015, onde perderon na final por 66–91 e 83–64 ante o Khimki ruso. En 2018 o equipo chega as semifinais da ACB e consegue a súa participación na Euroliga 2018-19. Porén, o equipo acaba cun rexistro de 8−22, moi lonxe de clasficarse aos play-offs.

Patrocinios

editar

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia.

  • Canarias Telecom (1999–2002)
  • Auna Gran Canaria (2002–2004)
  • Gran Canaria Grupo Dunas (2006–2007)
  • Kalise Gran Canaria (2007–2009)
  • Gran Canaria 2014 (2009–2012)
  • Herbalife Gran Canaria (2012–2021)

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Gran Canaria 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
P 2   Balcerowski, Olek 2,16 m (7 ft 1 in) 123 kg (271 lb) Categorías inferiores (2017)
E 3   Kljajić, Jovan 1,95 m (6 ft 5 in) 85 kg (187 lb) Categorías inferiores (2019)
E 4    Slaughter, A. J. 1,91 m (6 ft 3 in) 80 kg (176 lb) Real Betis (2020)
B 5   Bassas, Ferrán 1,81 m (5 ft 11 in) 85 kg (187 lb) Joventut Badalona (2022)
B 6   Albicy, Andrew 1,78 m (5 ft 10 in) 77 kg (170 lb) Zenit San Petersburgo (2020)
E 8    Benite, Vítor 1,94 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Hereda San Pablo Burgos (2022)
A 9    Brussino, Nicolás 2,05 m (6 ft 9 in) 88 kg (194 lb) Casademont Zaragoza (2021)
A 10   Salvó, Miquel 2,05 m (6 ft 9 in) 90 kg (198 lb) Hereda San Pablo Burgos (2021)
P 14    Shurna, John 2,04 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb) MoraBanc Andorra (2021)
AP 16   López de la Torre, Rubén 2,01 m (6 ft 7 in) 94 kg (207 lb) Categorías inferiores (2020)
P 18   Diop, Khalifa 2,15 m (7 ft 1 in) 105 kg (231 lb) Categorías inferiores (2017)
E 23   Mutaf, David 1,94 m (6 ft 4 in) 85 kg (187 lb) Minnesota Golden Gophers (2021)
P 41   Stević, Oliver 2,04 m (6 ft 8 in) 105 kg (231 lb) Urbas Fuenlabrada (2020)
AP 00   Inglis, Damien 2,06 m (6 ft 9 in) 109 kg (240 lb) Surne Bilbao Basket (2022)
Adestrador
  Jaka Lakovič
Asistente(s)
  Víctor García
  Manuel Peña
  Asier Setién

Lenda
  • (C) Capitán
  •   Lesionado

Cadro
Actualizado: 03−102022

Dorsais retirados

editar
Dorsais retirados polo Gran Canaria
Xogador Posición Etapa
20 Jim Moran Ala 2001–2011

Destacados

editar

Adestradores

editar

A seguinte é unha lista dos adestradores do Gran Canaria desde 1985.

  •   Joaquín Costa (1985–1990)
  •   Manolo Hussein (1990–1992)
  •   Trifón Poch (1992–1994)
  •   Roberto Orellana (1994–1995)
  •   Manolo Hussein (1995–2002)
  •   Pedro Martínez (2002–2005)
  •   Salva Maldonado (2005–2009)
  •   Pedro Martínez (2009–2014)
  •   Aíto García Reneses (2014–2016)
  •   Luis Casimiro (2016–2018)
  •   Salva Maldonado (2018)
  •   Víctor García (2018−2019)
  •   Pedro Martínez (2019)
  •   Fotios Katsikaris (2019–2020)
  •   Porfirio Fisac (2020–2022)
  •   Jaka Lakovič (2020–2022)

Palmarés

editar

Supercopa

  • Campións (1): 2016
  • Subcampións (2): 2017

Historial

editar
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1962–63 3 2ª División
1963–64 3 2ª División
1964–65 3 2ª División
1965–66 3 2ª División
1966–67 3 2ª División 10º
1967–68 3 2ª División
1968–69 3 2ª División
1969–70 3 2ª División
1970–71 3 2ª División 10º
1971–72 3 2ª División
1972–73 3 2ª División
1973–74 3 2ª División
1974–75 3 2ª División
1975–76 3 2ª División
1976–77 3 2ª División
1977–78 3 2ª División
1978–79 3 2ª División
1979–80 3 2ª División
1980–81 3 2ª División 10º
1981–82 3 2ª División 10º
1982–83 3 2ª División
1983–84 3 2ª División
1984–85 2 1ª División B 19–7
1985–86 1 ACB 15º 8–23
1986–87 2 1ª División B 22–12
1987–88 2 1ª División B 31–16
1988–89 1 ACB 18º 20–19 Oitavos de final
1989–90 1 ACB 23º 15–29 Primeira rolda
1990–91 2 1ª División 31–11
1991–92 1 ACB 23º 14–30 Primeira rolda
1992–93 2 1ª División 20–18
1993–94 2 1ª División 21–14
1994–95 2 Liga EBA 29–10
1995–96 1 ACB 14º 16–22
1996–97 1 ACB 12º 17–17
1997–98 1 ACB 10º 15–19
1998–99 1 ACB 14º 13–21
1999–00 1 ACB 19–18 Cuartos de final
2000–01 1 ACB 13º 12–22 3 Copa Korać DF 1–1
2001–02 1 ACB 16º 10–24
2002–03 1 ACB 21–16 Cuartos de final
2003–04 1 ACB 18–20 2 ULEB Cup OF 8–4
2004–05 1 ACB 20–18 Cuartos de final 2 ULEB Cup FG 6–4
2005–06 1 ACB 20–17 Cuartos de final 3 FIBA Eurocup FG 3–3
2006–07 1 ACB 22–16 Cuartos de final 2 ULEB Cup OF 5–7
2007–08 1 ACB 16–18 2 ULEB Cup OF 10–4
2008–09 1 ACB 21–14 Cuartos de final 2 EuroCup FG 4–4
2009–10 1 ACB 17–19 Supercopa SF 2 EuroCup CF 9–5
2010–11 1 ACB 21–15 Cuartos de final 2 EuroCup OF 8–6
2011–12 1 ACB 14º 13–21 2 EuroCup FG 4–2
2012–13 1 ACB 21–19 Semifinais
2013–14 1 ACB 23–14 Cuartos de final
2014–15 1 ACB 18–18 Cuartos de final 2 Eurocup 21–3
2015–16 1 ACB 22–15 Subcampión Supercopa SF 2 Eurocup SF 16–6
2016–17 1 ACB 22–13 Cuartos de final Supercopa 2 EuroCup CF 11–5
2017–18 1 ACB 22–18 Semifinais Supercopa 2 EuroCup CF 9–9
2018–19 1 ACB 12º 14–20 1 Euroliga FR 8–22
2019–20 1 ACB 11º 13–14
2020–21 1 ACB 18–20 2 EuroCup SF 14–7
2021–22 1 ACB 17–19 2 EuroCup CF 13–7
  1. "Gran Canaria Arena". typsa.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar