Bilbao Basket
O Club Basket Bilbao Berri S.A.D., actualmente coñecido como Surne Bilbao Basket por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade de Bilbao, Biscaia. Foi fundado o 7 de marzo de 2000 co obxectivo de que a cidade volvese a contar cun equipo na elite após a desaparición do Caja Bilbao en 1994. O Bilbao Basket xoga actualmente na Liga ACB, competición da que foi subcampión na temporada 2010−11. O club xoga os seus partidos coma local no Bilbao Arena, recinto inaugurado en 2010 con capacidade para 10 014 espectadores.
Surne Bilbao Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Alcume | Homes de negro |
Fundación | 7 de marzo de 2000 |
Cores | Negro, prata |
Presidente | Isabel Iturbe |
Adestrador | Jaume Ponsarnau |
Localización | |
Cidade | Bilbao, España |
Pavillón | Bilbao Arena |
Capacidade | 10 014 |
Inauguración | 24 de setembro de 2010 |
Campionatos | |
Liga LEB | 1 (2004) |
bilbaobasket.biz |
Historia
editarComezos
editarO Basket Bilbao Berri foi fundado o 7 de marzo de 2000, sendo creado para substituír o vello equipo da cidade, o Caja Bilbao. Comezou a súa andaina na LEB 2, cun comezo regular xa que rematou loitando polos postos da parte baixa da liga, rematando finalmente décimo terceiros. A seguinte tempada, a súa segunda na categoría, creouse un proxecto máis ambicioso, coas vistas postas na ACB. Así, ese ano, o Bilbao Berri consegue disputar aos playoff de ascenso, acadando finalmente o ascenso á segunda máxima categoría do baloncesto estatal tras vencer ao Guadalajara e ao La Palma. Finalmente, na tempada 2003-04 o Bilbao Basket ascendeu á máxima categoría, a liga ACB.[1]
Na súa estrea na categoría de prata durante a temporada 2002−03, o Bilbao convertese no equipo revelación e consegue acabar loitando polo ascenso á ACB, aínda que finalmente foi derrotado nos playoffs de ascenso ás primeiras de cambio polo León. Ao ano seguinte os rexistros durante a tempada regular melloraron, terminando coma líder da clasificación, o que lles permitía acceder ás eliminatorias polos ascenso como favoritos. Na primeira rolda venceron, aínda que con dificultade ao Huelva, e nas semifinais vingáronse do León, vencendo por 3 a 0, o que lles supuxo o ascenso á máxima categoría.[1]
Ao chegar á Liga ACB, o Bilbao contou cun dos presupostos máis baixos da categoría durante os seus primeiros anos. Durante a temporada 2005−06, conseguiu derrotar por primeira vez ao seu máximo rival, o TAU Baskonia no Bizkaia Arena ante 12 500 espectadores. Así mesmo, derrotou no vello pavillón de "La Casilla" ao Winterthur F.C. Barcelona e ao Unicaja Málaga, campión da Liga Regular. Porén, foi no Bizkaia Arena onde o Bilbao Basket conseguiu o maior rexistro de asistencia a un partido da ACB naquela altura con 15 414 espectadores o 6 de xaneiro de 2007 ante o TAU Baskonia.[2] O pavillón no que xogaba o Iurbentia era o "Pabellón de Deportes Municipal de La Casilla" ou "La Casilla Udal Pabilioia", con capacidade para 5.200 espectadores.[3] Metro Bilbao, na súa Estación de Indautxu, e as estacións de tren de Autonomía (Renfe Cercanías) e Ametzola (Renfe Cercanías e Feve) daban servizo ao pavillón.
Subcampións da ACB
editarDurante o ano 2006 asinouse o acordo institucional para a construción dun novo pavillón en Miribilla para 10 014 espectadores, o cal foi inaugurado en setembro de 2010. Esa temporada 2010−11 comezou titubeante para o equipo, aínda que finalmente logra sen excesivos problemas o acceso á Copa do Rei, perdendo en cuartos de final contra o Baskonia nun axustado partido. Finalmente, lograría pechar a temporada regular na 6ª praza, repetindo a mellor clasificación da súa historia. Na primeira rolda dos play-off enfrontáronse ao Power Electronics Valencia, a priori un dos aspirantes ao título de liga.
En Valencia logran a súa primeira vitoria no play-off da súa historia, para pechar o seu pase a semifinais cun 2−0 en Bilbao. En semifinais, tamén co factor cancha en contra, vencerían ao Real Madrid 3−1, logrando disputar a Final da ACB. Finalmente caerían derrotados contra o Regal FC Barcelona por 3-0, supondo o primeiro subcampionato de liga do club. Este subcampionato permitiulles clasificarse para a seguinte edición da Euroliga. Na temporada 2011−12 da ACB o equipo mantivo un nivel discreto, perdéndose a Copa del Rei e caendo en cuartos de final. En Euroliga, o equipo consegue disputar tamén os cuartos de final, onde caen ante o CSKA Moscow.
Problemas económicos
editarA finais de 2013, Gorka Arrinda, conselleiro delegado do equipo, anuncia que se non conseguen 1,5 millóns de euros non poderán pagar a nómina dos seus xogadoresnin aos provedores. Arrinda afirma que están en "unha situación límite de tesouraría" e dáse un prazo de dous meses para tomar unha decisión sobre o futuro do equipo.[4] O 17 de xullo anúnciase que o equipo non competirá na próxima Liga ACB pola súa situación económica, feito que se confirmou un día despois.
O 8 de agosto de 2014 o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD), dependente do Consello Superior de Deportes (CSD), estimou o recurso interposto polo consello de administración do club e obrigou á ACB a readmitir ao conxunto vasco. Unha vez cumpridos os requisitos necesarios para a inscrición, como a reposición do Fondo Especial de Garantía e unha redución na débeda contraída con xogadores e técnicos por baixo do 15% foi readmitido na liga Endesa como membro de pleno dereito. O calendario, establecido antes da de reinscripción do club, estaba formado por 17 equipos nos que aquel que descansaba cada xornada será quen se enfronte ao Bilbao Basket sen alterar, deste xeito, a orde do calendario preestablecido. Nese momento, o equipo conta cun patrocinador principal, a empresa suíza WISeKey, que xunto a outros patrocinadores minoritarios e ao Consello de Administración do equipo, tratarían de reducir a débeda neta do club. Unha débeda, que tras quitas do 50% atopábase en 3,6 millóns de Euros.
Despois da difícil situación económica, despois de varios anos en ACB, o club descende para a temporada 2018−19 á Liga LEB. O descenso achega ao club o fondo de ascensos e descensos, o cal alivia economicamente ao club. Grazas a iso, o Bilbao pode contratar un elenco de xogadores competitivo con vistas ao regreso á liga ACB. O equipo renóvase ao completo, sendo Javi Salgado o único xogador que continúa do ano anterior e contratando a xogadores como Ben Lammers, Kevin Larsen, Leonardo Demétrio, Jaylon Brown ou Thomas Schreiner. Porén, o equipo non consegue o ascenso directo, tendo que disputar os play-offs por unha praza na máxima categoría. A eliminatroria de cuartos de final deparoulle unha contra Palencia que se decidiu en cinco partidos. Xa na Final Four, disputada en Bilbao a partido único, o equipo vence en semifinais ao Melilla e na final ao Palma, regresando así á Liga ACB.[5]
Patrocinios
editarPor motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Lagun Aro Bilbao Basket (2004–2007)
- Iurbentia Bilbao Basket (2007–2009)
- Bizkaia Bilbao Basket (2009–2011)
- Gescrap Bizkaia Bilbao Basket (2011–2012)
- Uxúe Bilbao Basket (2012–2013)
- Dominion Bilbao Basket (2015–2016)
- RETAbet Bilbao Basket (2016–2021)
- Surne Bilbao Basket (2021–presente)
Xogadores
editarCadro actual
editarSurne Bilbao Basket 2022−2023 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados
editarDorsais retirados polo Bilbao Basket | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | |
---|---|---|---|---|
14 | Javi Salgado | Base | 2001–2010, 2016–2019 |
Destacados
editar- Quino Colom
- Germán Gabriel
- Roger Grimau
- Eduardo Hernández-Sonseca
- Raül López
- Álex Mumbrú
- Javi Salgado
- Paco Vázquez
- Fran Vázquez
- Axel Hervelle
- Marcelinho Huertas
- Tiago Splitter
- Marko Banić
- Damir Markota
- Ondřej Balvín
- Jérôme Moïso
- Frédéric Weis
- D'or Fischer
- Lamont Hamilton
- Aaron Jackson
- John Jenkins
- Quincy Lewis
- Dairis Bertāns
- Jānis Blūms
- Antanas Kavaliauskas
- Renaldas Seibutis
- Predrag Savović
- Marko Todorović
- Kostas Vasileiadis
- Nikos Zisis
Galardóns individuais
editarPrimeiro quinteto da ACB
- Marcelinho Huertas – 2008
- Marko Todorović – 2015
- Álex Mumbrú – 2016
MVP da ULEB Eurocup
- Marko Banić – 2010
Primeiro quinteto da Eurocup
- Marko Banić – 2009, 2010
- Kostas Vasileiadis – 2009, 2013
Segundo quinteto da Eurocup
- Lamont Hamilton – 2013
Adestradores
editarA seguinte é unha lista dos adestradores do Bilbao Basket desde a súa fundación.
Palmarés
editar- Campións (1): 2004
Historial
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2000–01 | 3 | LEB 2 | 13º | 13–20 | ||||||
2001–02 | 3 | LEB 2 | 1º | 31–8 | Copa LEB 2 | 1º | ||||
2002–03 | 2 | LEB | 6º | 21–14 | Copa Príncipe | 2º | ||||
2003–04 | 2 | LEB | 1º | 29–14 | Copa Príncipe | SF | ||||
2004–05 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | ||||||
2005–06 | 1 | ACB | 15º | 13–21 | ||||||
2006–07 | 1 | ACB | 10º | 15–19 | ||||||
2007–08 | 1 | ACB | 7º | 21–15 | Semifinais | Supercopa | 2º | |||
2008–09 | 1 | ACB | 8º | 15–19 | 2 Eurocup | SF | 11–3 | |||
2009–10 | 1 | ACB | 9º | 16–18 | Cuartos de final | 2 Eurocup | 3º | 13–5 | ||
2010–11 | 1 | ACB | 2º | 26–17 | Cuartos de final | |||||
2011–12 | 1 | ACB | 6º | 19–17 | Supercopa | SF | 1 Euroliga | CF | 10–10 | |
2012–13 | 1 | ACB | 7º | 20–17 | Cuartos de final | 2 Eurocup | 2º | 13–4 | ||
2013–14 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | Supercopa | SF | 2 Eurocup | L32 | 8–8 | |
2014–15 | 1 | ACB | 5º | 21–18 | Cuartos de final | |||||
2015–16 | 1 | ACB | 10º | 16–18 | Semifinais | 2 Eurocup | L32 | 11–5 | ||
2016–17 | 1 | ACB | 10º | 14–18 | 2 EuroCup | FG | 3–5 | |||
2017–18 | 1 | ACB | 17º | 8–26 | 2 EuroCup | FG | 2–8 | |||
2018–19 | 2 | LEB Ouro | 2º | 29–12 | Copa Princesa | 2º | ||||
2019–20 | 1 | ACB | 8º | 15–13 | Cuartos de final | |||||
2020–21 | 1 | ACB | 17º | 10–26 | 3 Champions League | FG | 2–4 | |||
2021–22 | 1 | ACB | 9º | 16–18 |
Seareiros
editarO club conta na actualidade con sete agrupacións de seareiros. A pioneira foi Hirukoa, á que seguiron a "Peña Vidorreta" e a "Peña Javi Salgado". Despois chegarían a "Peña 2.18", adicada a Frédéric Weis, e a "Peña Marko Banić". Algo máis tarde se fundou a "Peña La Casa" e, finalmente, a "Peña Bilbao Basket de Erandio".
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Bizkaia Bilbao Basket. Historia". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 08 de febreiro de 2010.
- ↑ "15.414 espectadores". www.elcorreo.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2015. Consultado o 2019-12-18.
- ↑ "Web Oficial de Iurbentia Bilbao Basket". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2009. Consultado o 08 de febreiro de 2010.
- ↑ "El Bilbao Basket dice que no podrá pagar las nóminas de sus jugadores en enero". elcorreo.com. 30 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.
- ↑ "Resultados & Calendario. 2018/2019". leboro.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.