Ondřej Balvín
Ondřej Balvín, nado o 20 de setembro de 1992 en Ústí nad Labem, é un xogador profesional de baloncesto checo que xoga para o Gunma Crane Thunders da B.League. Cunha estatura de 2,17 metros xoga na posición de pivote.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de setembro de 1992 (32 anos) Ústí nad Labem, República Checa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 217 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 108 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | República Checa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Masculino (pt) (9º) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
2019 | Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
2013 | Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarBalvín comezou a súa etapa profesional no USK Praha, onde xogou de 2009 a 2010. En 2010 asinou co CB Sevilla da Liga ACB, onde xogou durante seis tempadas. En 2014, presentouse ó Draft da NBA, pero non foi seleccionado.
En xullo de 2016, Balvín uniuse ós Denver Nuggets para a Liga de Verán da NBA de 2016.[1] O 25 de xullo de 2016, asinou un contrato de dous anos co Bayern München da Basketball Bundesliga.[2] O 31 de xaneiro de 2017, foi cedido ata o final de tempada 2016-17 ó CB Estudiantes da Liga ACB.[3]
O 1 de xullo de 2017, Balvín asinou un contrato por unha tempada co CB Gran Canaria da Liga ACB.[4] O 23 de xullo de 2019, Balvín asinou un contrato dun ano co Bilbao Basket.[5] O 3 de xuño de 2020, anunciouse a renovación do contrato de Balvín co Bilbao Basket unha tempada máis.[6]
Notas
editar- ↑ "Nuggets Announce 2016 NBA Summer League Roster and Mini-Camp Schedule". NBA.com. 1 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ "Ondrej Balvin signs with Bayern Munich". sportando.com. 25 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 25 de xullo de 2016.
- ↑ "Ondrej Balvin, centímetros para Movistar Estudiantes". acb.com. 31 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2017. Consultado o 1 de febreiro de 2017.
- ↑ "Ondrej Balvin será una de las torres del Herbalife Gran Canaria". CB Gran Canaria. 1 de xullo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 1 de xullo de 2017.
- ↑ "ACB.COM - Ondrej Balvin, centímetros para la pintura del RETAbet Bilbao Basket". www.acb.com. 23 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2019.
- ↑ "Ondrej Balvin renueva con RETAbet Bilbao Basket". www.acb.com. 3 de xuño de 2020. Consultado o 3 de xuño de 2020.