Ústí nad Labem

cidade de Chequia

Ústí nad Labem é unha cidade do noroeste da República Checa, capital da rexión administrativa de Ústecký. Atópase a 30 quilómetros da fronteira alemá e a 88 de Praga. No ano 2019 tiña 92.952 habitantes, sendo a oitava cidade máis poboada do país.

Ústí nad Labem
Vista do centro da cidade.
Localización
PaísRepública Checa República Checa
Rexión Ústecký
Xeografía
Altitude218 msnm
Superficie93,95 km²
Demografía
Poboación92.952 hab.
Densidade990 hab./km²
Outros datos
Código postal400 01
Páxina web oficial

É un dos centros industriais máis importantes do país, ademais de ter un dos portos fluviais máis activos da rexión. É tamén un importante nodo ferroviario.

Etimoloxía Editar

O nome de Ústí nad Labem provén da lingua checa antiga, en concreto das palabras ustie (''desembocadura'') e Labe (río Elba). Literalmente significa ''Desembocadura sobre o río Elba'', en referencia á unión dos ríos Bílina e Elba.

O nome en checo foi latinizado coma Usk Super Albium e posteriormente xermanizado coma Aussig ou Außig. Logo da independencia de Checoslovaquia en 1918, a cidade era coñecida en inglés coma Aussig, aínda que tamén era común o nome de Aussyenad e Oustí Nad Labem.[1]

Os habitantes adoitan usar a forma curta Ústí para referirse á cidade.

Notas Editar

Ligazóns externas Editar