Marko Todorović

baloncestista montenegrino

Marko Todorović, nado o 19 de abril de 1992 en Podgorica, é un xogador profesional de baloncesto montenegrino que xoga para o Real Betis da Liga ACB. Cunha estatura de 2,10 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Marko Todorović
Marko Todorović (basketball) 19 BC Khimki EuroLeague 20180321 (3).jpg
Coosur Real Betis  – No. 18
Información persoal
Nacemento 19 de abril de 1992 (29 anos)
RFS Iugoslavia Podgorica, Iugoslavia
Nacionalidade Montenegro Montenegro
Altura 2,10 m (6 ft 10.75 in)
Peso oficial 112 kg (247 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Rolda: 2 / Elección: 45
Por Portland Trail Blazers
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
Joventut Badalona (2010–2012)
Prat Joventut (2010–2012)
FC Barcelona (2012–2015)
Bilbao Basket (2014–2015)
Khimki (2015–2018)
Bilbao Basket (2016)
Joventut Badalona (2018–2019)
Tianjin Gold Lions (2019–2021)
Real Betis (2021–presente)
Premios e galardóns
Campión ACB (2014)
Campión Copa do Rei (2013)

TraxectoriaEditar

Todorović xogou nas categorías inferiores do KK Joker montenegrino, e do Joventut Badalona español. De 2010 a 2012, xogou no segundo equipo do Joventut, o CB Prat. De 2011 a 2012 xogou tamén na Liga ACB co primeiro equipo. Antes do comezo da tempada 2012-13, uniuse ó FC Barcelona.[1] O 27 de xuño de 2013, Todorović foi elixido na 45ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Portland Trail Blazers. O 10 de xullo de 2013, os Trail Blazers traspasaron os seus dereitos ós Houston Rockets coma parte do traspaso por Thomas Robinson.[2]

Para a tempada 2014-15, Todorović foi cedido ó Bilbao Basket.[3] O 31 de marzo de 2015, foi elixido Xogador do Mes da Liga ACB do mes de marzo.[4] O 14 de xullo de 2015, asinou un contrato de tres anos co BC Khimki ruso.[5] O 28 de setembro de 2018, anunciouse o seu regreso ó Joventut Badalona tras asinar por unha tempada.[6]

NotasEditar

  1. Euroleague.net FC Barcelona Regal gets young prospect Todorovic.
  2. "TRAIL BLAZERS ACQUIRE THOMAS ROBINSON FROM HOUSTON". NBA.com. 10 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2013. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  3. "Marko Todorovic, cedido al Bilbao Basket". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014. 
  4. "Marko Todorovic, MVP del mes de marzo". acb.com. 31 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2015. 
  5. "Khimki inks center Todorovic". Euroleague.net. 14 de xullo de 2015. Consultado o 14 de xullo de 2015. 
  6. Marko Todorovic vuelve a la Penya: ficha hasta final de temporada

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar