CB Bahía San Agustín

Club de Baloncesto

O Club Baloncesto Bahía San Agustín, coñecido por motivos de patrocinio como B the travel brand Mallorca-Palma, é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Palma, Illas Baleares.

B the travel brand Mallorca-Palma
Información xeral
Liga LEB Ouro
Fundación 2007
Cores                Negro, vermello, verde
Presidente España Guillermo Boscana
Adestrador España Félix Alonso
Patrocinador B the Travel Brand
Vestimenta Pentex
Localización
Cidade España Palma, España
Pavillón Polideportivo Son Moix
Capacidade 5.076
bthetravelbrandmallorca.com

HistoriaEditar

O club foi creado en 2007 tras a fusión de dous equipos da illa, o CB San Agustín e o CB Imprenta Bahía. Tras o seu ascenso á LEB Prata en 2011, rexeitou xogar na categoría por dificultades económicas.[1] A tempada seguinte conseguiu de novo o ascenso por vía deportiva, e desta vez aceptou xogar na terceira categoría do baloncesto español.[2]

Na tempada 2012-13, o equipo conseguiu o ascenso á LEB Ouro, pero decidiu continuar unha tempada máis en LEB Prata. O ano seguinte, perdeu a final dos playoffs de ascenso contra o CB Prat, pero ascendeu igualmente á LEB Ouro tras quedar un posto vacante.

En 2019, o equipo chegou á final da Final Four polo ascenso á Liga ACB, disputada en Bilbao, pero foi derrotado polo Bilbao Basket.[3]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar