Damien Inglis

baloncestista francés

Damien Roberto Inglis, nado o 20 de maio de 1995 en Cayenne, é un xogador de baloncesto francés que xoga no Valencia Basket da Liga ACB.

Damien Inglis
Valencia Basket
Información persoal
Nacemento 20 de maio de 1995 (28 anos)
Cayenne, Güiana Francesa
Nacionalidade Francia
Altura 2,06 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala-pivote / Ala
Información da carreira
Instituto East Side (Mississippi)
Universidade INSEP (París)
NBA Draft 2014 / Rolda: 2 / Elección: 31
Por Milwaukee Bucks
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
Centre Fédéral (2010–2013)
Chorale Roanne (2013–2014)
Milwaukee Bucks (2014–2016)
Canton Charge (2015)
Westchester Knicks (2016)
Westchester Knicks (2016–2017)
Orlandina Basket (2017)
SIG Strasbourg (2017–2018)
Limoges CSP (2018–2019)
SIG Strasbourg (2019–2020)
AS Monaco (2020–2021)
Bilbao Basket (2021–2022)
Gran Canaria (2022–2023)
Valencia Basket (2023–presente)

Traxectoria editar

O 4 de xuño de 2013, Inglis asinou un contrato de tres anos co Chorale Roanne Basket da LNB Pro A.[1]

O 26 de xuño de 2014, Inglis foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Milwaukee Bucks.[2] O 29 de xuño de 2016, Inglis foi cortado polos Bucks.[3]

O 29 de decembro de 2017, Inglis asinou unha tempada co SIG Strasbourg da LNB Pro A,[4] facendo 6.8 puntos e 3.1 rebotes por encontro. O 2 de outubro de 2018, Inglis asinou co CSP Limoges da LNB Pro A.[5] Tras unha tempada no Limoges, Inglis chegou de volta ó Strasbourg asinando un contrato por un ano.[6]

O 27 de xullo de 2020, asinou co AS Monaco Basket da LNB Pro A.[7]

O 16 de novembro de 2021, Inglis asinou ata final de tempada co Bilbao Basket da Liga ACB.[8]

O 23 de xullo de 2022, anunciouse a fichaxe de Inglis por unha tempada co CB Gran Canaria da Liga ACB.[9]

Notas editar

  1. "Chorale Roanne signs prospect Damien Inglis". Sportando.com. 4 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 9 de xullo de 2014. 
  2. Rothstein, Ethan (26 de xuño de 2013). "The Bucks select Damien Inglis With 31st pick in 2014 NBA Draft". SBNation.com. Consultado o 9 de xullo de 2014. 
  3. Gardner, Charles F. (29 de xuño de 2016). "Bucks waive Damien Inglis, Johnny O'Bryant". jsonline.com. Consultado o 2 de xullo de 2016. 
  4. "Damien Inglis signs with Strasbourg". Sportando.com. 29 de decembro de 2017. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. [Ligazón morta]
  5. "Limoges CSP signs Damien Inglis". Sportando. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2018. Consultado o 2 de outubro de 2018. 
  6. "Damien Inglis returns to SIG Strasbourg". Sportando. 5 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2020. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  7. "Damien Inglis officially joining Monaco". Sportando. 27 de xullo de 2020. Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  8. "Damien Inglis se convierte en Hombre de negro". ACB.com. 16 de novembro de 2021. Consultado o 16 de novembro de 2021. 
  9. "Damien Inglis, refuerzo interior para el Gran Canaria". ACB.com. 23 de xullo de 2022. Consultado o 23 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar