James Augustine

baloncestista estadounidense

James Augustine, nado o 27 de febreiro de 1984 en Midlothian, Illinois, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Mide 2.08 metros e xogaba na posición de ala-pivote.

James Augustine
Información persoal
Nacemento 27 de febreiro de 1984 (40 anos)
Illionois Midlothian, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 108 kg (238 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Lincoln-Way Central
(New Lenox, Illinois)
Universidade Illinois (2002–2006)
NBA Draft 2006 / Rolda: 2 / Elección: 41
Por Orlando Magic
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Orlando Magic (2006–2008) NBA
CB Gran Canaria (2008–2010)
Power Electronics Valencia (2010–2011)
UCAM Murcia (2011–2012)
BC Khimki (2012–2016)
CSKA Moscova (2016–2017)
Unicaja Málaga (2017–2018)

Traxectoria profesional editar

Augustine foi seleccionado na 41ª posición do Draft da NBA de 2006 polos Orlando Magic. En agosto de 2008, tras xogar dúas tempadas na NBA en Orlando e no seu afiliado na NBA Development League, Augustine fichou polo CB Gran Canaria da Liga ACB.[1] O 30 de xullo de 2010, asinou un contrato dun ano co Power Electronics Valencia.[2] En agosto de 2011, fichou polo UCAM Murcia.[3]

En maio de 2012, deixou a ACB e fichou polo BC Khimki ruso.[4]

Notas editar

  1. Augustine, Fisher finalize Gran Canaria roster
  2. Power Electronics Valencia signs James Augustine to a one-year contract
  3. "UCAM Murcia lands James Augustine". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2012. 
  4. "BC KHIMKI adds rebounder Augustine". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2012. Consultado o 28 de decembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar