Sitapha Savané

baloncestista senegalés

Sitapha Alfred Savané Sagna, nado en Dakar o 20 de agosto de 1978, é un ex xogador de baloncesto senegalés e español.[1] Foi membro da selección de baloncesto do Senegal. A súa carreira profesional desenvolveuse en España, a maioría dela na Liga ACB.[2]

Sitapha Savané
Información persoal
Nacemento 20 de outubro de 1978 (45 anos)
Senegal Dakar, Senegal
Nacionalidade Senegal Senegal
España España
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 103 kg (227 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto UN International School
Universidade Navy (1997–2000)
NBA Draft 2000 / Rolda: Non drafteado
Carreira 2000−2018
Historial de equipos
Menorca Bàsquet (2000−2001)
Tenerife CB (2001−2004)
CB Gran Canaria (2004−2012)
Joventut Badalona (2012−2015)
CB Gran Canaria (2015−2016)
CB Estudiantes (2016−2081)

Traxectoria editar

Savané formouse na Academia Naval da NCAA norteamericana, onde permaneceu tres tempadas. Ó rematar a súa etapa universitaria deu o salto ó baloncesto español, fichando polo Menorca Bàsquet na liga LEB, dende onde pasou ó Tenerife durante tres tempadas, as dúas primeiras na liga LEB e a última en ACB co Unelco Tenerife.[3]

Na tempada 2004-05 ficha polo CB Gran Canaria, club no que fica oito anos seguidos, alcanzando a capitanía do club e varios récords do equipo.[4] Na tempada 2011-12 deslígase do CB Gran Canaria.[5] Unhas semanas máis tarde incorpórase ó Club Joventut de Badalona, tamén na Liga ACB.[6] Pasa tres tempadas no Joventut de Badalona, salientando a campaña 2014-15, onde finalizou en segundo lugar na clasificación de máximo taponador (1,58), ademais ter unha media de nove puntos e tres rebotes por encontro.[7] Ó rematar devandita tempada, non renova o seu contrato e volve ó CB Gran Canaria para a tempada 2015-16.[8] Logo dun ano en Gran Canaria ficha polo Movistar Estudiantes.[9]

Ao remate da tempada 2017-18 anunciou a súa retirada, sendo nese intre o xogador non nado en España que máis partidos xogou na liga ACB.[10] No momento da súa retirada capturou 2015 rebotes na ACB, cun termo medio de 4,13 rexeitamentos por partido, encontrándose entre os 50 xogadores máis reboteadores da Liga.[11] Con 499 tapóns, converteuse no quinto taponador histórico da Liga.[12][13]

Notas editar

  1. Duque, Nacho (14 de maio de 2017). "Liga Endesa: Sitapha Savane, uno de los nuestros". Marca.com. Consultado o 13 de novembro de 2020. 
  2. "Sitapha Savané se retira como jugador tras quince temporadas en la ACB". www.efe.com (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  3. "ACB.COM - Taph, un diplomático en la ACB". www.acb.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 11 de xuño de 2018. 
  4. "Savané se convierte en el máximo anotador histórico del CB Gran Canaria". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 09 de febreiro de 2021. 
  5. "Me voy pero sigo jugando al basket porque no he perdido la ilusión"
  6. "Sitapha Savané: El carisma se viste de verdinegro". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2019. Consultado o 09 de febreiro de 2021. 
  7. "Savané regresa al Herbalife". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2021. 
  8. "Sitapha Savané regresa". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2016. Consultado o 09 de febreiro de 2021. 
  9. "ACB.COM - Sitapha Savané, experiencia para la pintura de Movistar Estudiantes". www.acb.com. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2016. 
  10. Duque, Nacho (16 de maio de 2018). "Sitapha Savané pone punto y final a su carrera en las canchas a los 39 años". Marca. 
  11. "Históricos: reboteadores en LACB". ACB. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  12. "Históricos: tapones en LACB". ACB. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  13. "Historial estadístico - Savané, Sitapha". ACB. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 2 de setembro de 2018.