Illas Árticas do Canadá

(Redirixido desde "Arquipélago ártico canadense")

As Illas Árticas do Canadá comprende a maior parte do territorio de Nunavut e parte do de Territorios do Noroeste. A Illa Ellesmere , a Illa Victoria e a Illa de Baffin son tres das maiores illas do mundo.

Mapa con proxección polar das Illas Árticas do norte do Canadá

As Illas Árticas canadenses forman gran parte do territorio do norte do Canadá a maior parte de Nunavut e parte dos Territorios do Noroeste. As illas forman a porción máis setentrional de Norteamérica.

Mapa de referencia das illas árticas canadenses.
Illas que non aparecen no mapa
Nome Localización* Área (km²) Área pos. Poboación

(2001)

Mundo Canadá
Illa de Baffin Nunavut NU 507.451 5 1 9.563
Illa Victoria Territorios do Noroeste NT, Nunavut NU 217.291 9 2 1.707
Illa Ellesmere Nunavut NU 196.236 10 3 168
Illa de Banks Territorios do Noroeste NT 70.028 24 5 114
Illa Devon NU NU 55.247 27 6 0
Axel Heiberg Nunavut NU 43.178 32 7 0
Illa Melville Northwest Territories NT, Nunavut NU 42.149 33 8 0
Illa Southampton Nunavut NU 41.214 34 9 721
Illa Prince of Wales Nunavut NU 33.339 40 10 0
Illa Somerset Nunavut NU 24.786 46 12 0
Bathurst Nunavut NU 16.042 54 13 0
Illa Prince Patrick Territorios do Noroeste NT 15.848 55 14 0
Illa King William Nunavut NU 13.111 61 15 960
Illa Ellef Ringnes Nunavut NU 11.295 69 16 0
Illa Bylot Nunavut NU 11.067 72 17 0

*NT = Territorios do Noroeste, NU = Nunavut

Tras Groenlandia, o arquipélago é a maior área de terra emerxida no ártico. O seu clima é ártico, e a súa vexetación consiste en tundra, excepto nas áreas montañosas. A maior parte das illas están deshabitadas, os asentamentos humanos son moi pequenos e están moi espallados, sendo basicamente asentamentos inuit, nas illas sureñas.