Axel Heiberg
A illa Axel Heiberg sitúase nas Illas da Raíña Isabel, en Nunavut, Canadá. A parte máis alta da illa cóbrea un glaciar. Atópase entre as coordenadas 78º e 81º N e só a habita o persoal dunha pequena estación científica.
Axel Heiberg | |
---|---|
![]() | |
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincias e territorios do Canadá | Nunavut |
Arquipélago | Illas da Raíña Isabel |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 79°26′N 90°46′O / 79.433, -90.767 |
Xeografía | |
Superficie | 43.178 km² |
Longura máxima | 371 km. |
Largura máxima | 220 - 246 km. |
Punto máis alto | 2.211 m. Outlook Peak |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
É unha illa recortada por grandes fiordes, cunha área total de 43.178 km². O punto máis alto é Outlook Peak, cunha altura de 2.211 m. O xeo e os glaciares cobren 14.733 km² da área total.
A illa foi descuberta por Otto Sverdrup en 1900, poñéndolle o nome do cónsul noruegués Axel Heiberg, que foi quen financiou a expedición. A exploración científica da illa comezou na década dos 50 do século XX.
HistoriaEditar
Habitouse no pasado polo pobo inuit, pero estaba deshabitada no momento en que foi nomeada por Otto Sverdrup, que a explorou ao redor de 1900, poñéndolle o nome do cónsul noruegués Axel Heiberg, que foi quen financiou a expedición.
A exploración científica da illa comezou na década dos 50 do século XX. En 1959, científicos da McGill University exploraron o fiorde Expedition no centro da illa de Axel Heiberg. Isto deu lugar á creación da Estación de Investigación do Ártico McGill, construída a 8 km ao interior de fiorde Expedition en 1960.
Permanece deshabitada, salvo unha pequena estación científica. No entanto, aínda se conservan restos de poboados Inuit. Na illa descubriuse en 1985 un bosque petrificado do Eoceno, tres tocóns datados hai 40 millóns de anos, o que indica que esta parte norte do ártico era máis cálida e húmida que na actualidade.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Axel Heiberg |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Axel Heiberg Island in the Atlas of Canada - Toporama; Recursos naturais do Canadá
- Bosques do eoceno na illa de Axel Heiberg
- Desenterrando n bosque conxeladoArquivado 17 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Arctic Redwood Fossils Are Clues to Ancient Climates