Illa Ellef Ringnes
A Illa Ellef Ringnes é unha das Illas Sverdrup en Nunavut, Canadá. Atópase ao leste da Illa Borden e ao oeste da Illa de Amund Ringnes, e posúe unha área de 11.295 km², o que a converte na 69 illa máis grande do mundo e a 16 do Canadá. A estación meteorolóxica de Isachen atópase na costa occidental da illa. As coordenadas nas que se atopa son 78°36?46"N, 101°56?13"W. A súa altura máxima é 260 m.
Ellef Ringnes | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincias e territorios do Canadá | Nunavut |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 78°36′46″N 101°56′13″O / 78.61278, -101.93694 |
Xeografía | |
Superficie | 11.295 km² |
Punto máis alto | 260 m [[Isachsen Dome[]] |
Demografía | |
Capital | Isachsen (pob. 0) |
A illa recibe o seu nome en honor a Ellef Ringnes, un dos financiadores da expedición de Otto Sverdrup. A illa foi reclamada por Noruega desde 1902 ata 1930 onde se desistiu en favor do Canadá.
A illa Ellef Ringnes foi a última masa de terra na que estivo situado o Polo Norte Magnético. En abril e maio de 1994, Larry Newitt, do Servizo Xeolóxico do Canadá e Charles Barton, da Organización Xeolóxica Australiana, levaron a cabo un estudo para determinar a posición do Polo Norte Magnético naquela época. Estableceron un observatorio magnético provisional na Illa Lougheed, preto do lugar onde se había predecido que se atopaba o polo. Estes científicos determinaron a posición do polo. Estableceron que en 1994 en Polo Norte atopábase na Península Ónice, ao suroeste da Illa Ellef Ringnes, nas coordenadas 78.3° N, 104.0° W. O polo pasou pola illa aquel mesmo ano e actualmente atópase a uns 400 km cara ao noroeste.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Ellef Ringnes |
BibliografíaEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Ellef Ringnes Island in the Atlas of Canada – Toporama; Natural Resources Canada