Illas Sverdrup
As illas Sverdrup son un arquipélago do grupo das illas da Raíña Isabel, que á súa vez forman parte do arquipélago ártico canadense, localizado ao norte das illas da Raíña Isabel, que pertence integramente ao territorio de Nunavut, Canadá.
Tipo | grupo de illas ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Otto Sverdrup ![]() | |||
Parte de | Illas Árticas do Canadá Illas da Raíña Isabel ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Nunavut, Canadá ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Ártico ![]() | |||
Composto por | ||||
Características | ||||
Altitude | 2.211 m ![]() | |||
Punto máis alto | Pico Outlook (pt) ![]() ![]() ![]() | |||
Superficie | 66.000 km² ![]() | |||
Historia
editarEste grupo de illas recibe o seu nome en honra ao explorador noruegués Otto Sverdrup, que explorou e cartografiou as illas entre 1898 e 1902, co barco Fram, aínda que algunhas foran previamente habitadas polos inuit.
Sverdrup reclamou as illas para Noruega, pero o goberno noruegués non mostrou interese en proseguir coa súa demanda ata 1928. Nese momento, o goberno noruegués expuxo a demanda, principalmente para utilizar as illas como moeda de cambio nas negociacións co Reino Unido sobre o estatuto doutras illas árticas, Jan Mayen e illa Bouvet. O 11 de novembro de 1930 Noruega recoñeceu a soberanía canadense sobre as illas Sverdrup.
Xeografía
editarO grupo de illas atópanse ao oeste da grande illa Ellesmere, a uns 82°N e 95°O. As principais illas do grupo son a illa Axel Heiberg, illa de Amund Ringnes, e a illa Ellef Ringnes, e o arquipélago tamén inclúe un número indeterminado de pequenas illas nas augas que o rodean.
Os únicos asentamentos nas illas son Isachsen (unha antiga estación de persoal, ocupada entre 1948 e 1978) na illa de Ellef Ringnes e Mc Gill Arctic Research Station, na illa de Axel Heiberg, unha estación estival de investigación.
Principais illas
editarIlla | Pico | Altitude m. | Área km² | Lugar Canadá | Lugar Mundo |
---|---|---|---|---|---|
Axel Heiberg | Pico Outlook | 2211 | 43178 | 7 | 32 |
Illa Ellef Ringnes | ... | 260 | 11295 | 16 | 69 |
Illa de Amund Ringnes | ... | 265 | 5255 | 25 | 111 |
Illa Meighen | ... | 300 | 955 | 50 | 337 |
Illa King Christian | King Christian Mountain | 165 | 645 | 60 | 420 |
Illa Stor | ... | 500 | 313 | 87 | ... |
Sverdrup | Pico Outlook | 2211 | 66000 | - | - |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- (en inglés) University of Guelph Ringnes Islands Arquivado 05 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
- (en inglés) Nunatsiaq News - Canada secures High Arctic sovereignty
- (en inglés) The Fram Museum (Frammuseet)