Illa de Amund Ringnes
Amund Ringnes é unha das illas das Sverdrup na rexión de Qikiqtaaluk, en Nunavut, Canadá. Atópase no Océano Ártico, entre os 78 e 79 graos de latitude, situada entre a illa Ellef Ringnes ao leste e a illa de Axel Heiberg ao oeste. Ten unha extensión de 5.255 km², sen poboación permanente. Descuberta polo noruegués Gunerius Isachsen e reclamada por Noruega entre 1902 e 1930.
Illa de Amund Ringnes | |
---|---|
![]() localización da illa | |
![]() Illa de Amund Ringnes desde o espazo | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincias e territorios do Canadá | Nunavut |
Arquipélago | Illas Sverdrup |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 77°53′N 95°30′O / 77.883, -95.500 |
Xeografía | |
Superficie | 5.255 km² |
Longura máxima | 118´5 km. |
Largura máxima | 76´7 km. |
Punto máis alto | 265 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa foi bautizada por Otto Sverdrup na honra do fabricante de cervexa de Oslo Amund Ringnes (dono de cervexeira, 1840), un dos patrocinadores da súa expedición. Avistouna en 1900.
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Amund Ringnes |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Amund Ringnes Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada
- The Ringnes Islands Arquivado 05 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine. University of Guelph