A illa Meighen é unha illa deshabitada do arquipélago das Illas da Raíña Isabel que forman parte das Illas Árticas do Canadá, na rexión de Qikiqtaaluk de Nunavut, Canadá.

Meighen
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
País Canadá
TerritorioNunavut
ArquipélagoIllas Sverdrup, Illas da Raíña Isabel, Illas Árticas do Canadá
MarOcéano Ártico
Coordenadas79°59′N 099°30′O / 79.983, -99.500Coordenadas: 79°59′N 099°30′O / 79.983, -99.500
Xeografía
Superficie955 km²
Longura máxima56 km.
Largura máxima30 km.
Punto máis alto268 m. Meighen Icecap
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Características e historia

editar

Situado nas coordenadas 79°55′N 99°30′O / 79.917, -99.500, ten unha superficie de 955 km² e remata nunha capa de xeo. A illa está continuamente cuberta de xeo, e a súa costa noroeste fai fronte ao océano Ártico aberto.

A diferenza de moitas illas do Ártico canadense, non se atoparon rastros dos pobos Inuit ou Thule, o que suxire que a illa nunca foi habitada, probablemente debido á súa extrema latitude norte.

A primeira observación coñecida da illa foi en 1916, durante a Expedición do Ártico Canadense por Vilhjalmur Stefansson ou quizais por Frederick Cook en 1909.

A illa foi bautizada máis tarde na honra de Arthur Meighen, primeiro ministro canadense 1920-21 e 1926.

Illas veciñas

editar

A illa Meighen ten poucas veciñas. A 40 km ao oeste da illa principal máis próxima, a Illa Axel Heiberg. A 4 km ao norte de Meighen, ao outro lado do Estreito de Hose, atópase a pequena illa Perley en forma de media lúa. As Illas Fay atópanse entre a Illa Meighen e a Illa Axel Heiberg dentro da canle Sverdrup.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar