Illa do Príncipe de Gales, Canadá

(Redirección desde «Illa Prince of Wales»)

A Illa do Príncipe de Gales[1] é unha illa Ártica en Nunavut, Canadá, entre a Illa Victoria e Illa Somerset e ó sur das Illas da Raíña Isabel. É unha das máis grandes das Illas Árticas do Canadá.

Illa do Príncipe de Gales
Localización da illa
Situación
País Canadá
ArquipélagoIllas Árticas do Canadá
MarOcéano Ártico
Coordenadas72°36′01″N 98°32′08″O / 72.60028, -98.53556
Xeografía
Superficie33.339 km²
Punto máis alto320 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

A efectos administrativos, divídese entre as rexións Qikiqtaaluk e Kitikmeot. Non hai establecementos habitados permanentes.

Xeografía editar

É unha illa baixa cuberta de tundra cunha irregular liña costeira. Os accidentes xeográficos principais son a baía Ommanney no oeste e a baía de Browne no leste. A baía de Ommanney noméase así polo Almirante Sir Erasmus Ommanney da mariña de guerra real que explorou a área como parte da procura para a expedición de Franklin. A súa superficie estimouse en 33.339 km². A illa do príncipe de Gales é a 40º na lista de illas máis grandes do mundo por superficie e a 10ª na lista de illas canadenses por superficie. O seu punto máis alto coñecido, se atopa a 424 metros de altura é un lugar sen nome en 73°48′26″N 97°50′14″O / 73.80722, -97.83722 (Unnamed peak (Prince of Wales Island))}} no extremo nordeste da illa,[2] con vistas á Canle Baring, que a separa da illa Russell (Nunavut).

Historia editar

Foi descuberta en 1851 por Francis Leopold McClintock durante a darradeira expedición de John Franklin. A illa foi nomeada así en honor o herdeiro da coroa británica, o futuro rei Eduardo VII.

 
Mapa da illa Príncipe de Gales, Canadá

Notas editar

  1. Por exemplo en "Putin aposta forte polo Ártico". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015. 
  2. Peakbagger

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar